"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

    1. Acción e efecto de mellorar.

    2. Diminución ou alivio da intensidade dunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea que se caracteriza por unha hiperostose e que ocupa toda a lonxitude dun membro, en forma de goteo ou de gotas de cera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Seguiu as premisas da arte borgoñoa, cun estilo que desenvolveu en Sevilla entre 1454 e 1467. A súa obra é de transición ao Renacemento. Realizou a estatua xacente do cardeal Juan de Cervantes, na capela de San Hermenegildo da catedral de Sevilla, e a maior parte da decoración das portas da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Voivoda de Valaquia (1593-1601), de Transilvania (1599-1601) e de Moldavia (1600). Reuniu, coa posesión de Transilvania e de Moldavia, toda Romanía. Morreu pola traizón do xeneral imperial Basta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia de Plauto que narra os amores aventurados entre o militar fanfurriñeiro Pirgopolinices e a rameira Filocomasia. Pertence ao xénero das palliata e pénsase que é unha das obras máis antigas do autor (205?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é superior con respecto a outro.

    2. Que ou quen é o máis bo de todos.

    3. Que é preferible.

    4. De maneira máis boa ou superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Administrativa e escritora. Foi profesora de Seguridade Social na Escola Universitaria de Graduados Sociais de Ferrol. Ocupou numerosos cargos, como o de presidenta da Asociación de Graduados Sociales de Ferrol. Das súas obras destacan Los riesgos profesionales en las faenas de pesca e Riesgos profesionales a bordo de los buques de pesca: sus consecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de respecto que se dá a un lord ou nobre inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado na serra de Guadarrama, preto do encoro de El Vellón (3.929 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rábade. Trátase dun edificio de planta rectangular, cun só corpo e dúas plantas. Os muros son de cachotaría enfuscados e enlucidos cos marcos dos ocos de cantaría. Na parte posterior ten un patio amurallado cos alpendres, ademais dunha galería que forma un lateral, baixo a que existe unha pedra de armas. Ten un escudo na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Pando Fernández de Pineda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oleiros. Realizado en cachotaría con ocos en cantaría recebados, ten planta en escuadro e, debido á pendente do terreo, é de planta baixa nun lado. O acceso presenta dous corpos diferenciados e está orientado cara ao L. Nos alzados S e O ten unha galería e un patín. Conserva unha antiga torre, que fai esquina, con tres plantas e ocos con arcos de medio punto. O conxunto está situado no interior dun parque, constituído por varios xardíns de deseño francés e un xardín botánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Datada no s XVII, trátase dunha vivenda de carácter señorial cuxa orixe se vinculou a Gonzalo Méndez de Soutomaior. Sufriu un incendio en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Construíuse no s XVII, anexado a unha torre da mesma época. Presenta unha planta en forma de L con dous corpos diferenciados, de distinta altura; o máis alto ten remate con ameas e leva na fronte un escudo de armas, así como diversos elementos decorativos como gárgolas ou pináculos. O conxunto complétase cun patio, ao que se accede a través dun portalón con ameas, un hórreo de nove pés e un pombal. Foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escala de proporcións arquitectónicas calculada por Le Corbusier e os seus colaboradores cara a 1940. Tomou como base dúas series atopadas por medio das seccións áureas e as proporcións humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura. Catedrático de Lingua e Literatura catalanas na Universitat Autònoma de Barcelona   (1971-1982), e desde 1982 na Universitat de Barcelona, seguiu unha metodoloxía de tipo marxista nos seus traballos, tal e como se reflicte en Poesia catalá del segle XX (1963), en colaboración con Josep M. Castellet. Escribiu tamén Literatura catalá d avantguarda, 1916-1983 (1983) e Obra crítica I (1995, Premi Lletra d Or). Recibiu o Premi d Honor de les Lletres Catalanes (1998) polo seu labor como crítico da literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político flamengo, barón de Montigny. Foi enviado por Margarida de Parma, gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), preto de Filipe II (1566), para negociar unha solución ao problema flamengo. A crise de Flandres agravouse e foi feito prisioneiro e executado secretamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Auditor da Armada. Escribiu La jurisdición de la Marina (1896), unha compilación de leis desta rama pola que lle outorgaron a cruz de terceira clase do Mérito Naval. Foi elixido deputado por Ferrol, aínda que non chegou a tomar posesión (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO