"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Xogador de golf. Foi campión de España en oito ocasións, gañou a copa do mundo por equipos en 1976 e 1982 formando parella con S. Ballesteros e J. Mª Cañizares, respectivamente; o campionato do mundo individual en 1982, o Open Británico (1977), o Open de Suíza (1981), o Open de Italia (1985), e a Ryder Cup (1985) como membro do equipo europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Xoán Manuel Pintos Villar. Deixou dous poemas de carácter costumista na Coleución de poesías gallegas dalgúns autores, de Farruco Portela Pérez, “O gato e a criada. Fábula”, en que se conta un episodio familiar con finalidade irónica; e “Un drama da aldea. (Dedicado aos habitantes da luna)”, en que se narra a relación dunha moza e un sacerdote.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e poeta. Pertencente ao grupo dos Precursores e incluído na primeira xeración provincialista, foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega na súa época. Na Coruña iniciou os estudos de humanidades no convento dos Dominicanos e, posteriormente, aprendeu filosofía, solfexo e violín en Santiago de Compostela (1825). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1829-1835), impartiu clases de institucións canónicas durante un ano. A partir de 1837 exerceu como avogado na Coruña, ata que en 1840 pasou a ocupar o posto de xuíz de primeira instancia en Cambados. Despois de cesar no posto (1844), foi avogado e fiscal en Pontevedra, ata que en 1862 ocupou a praza de rexistrador da propiedade en Vigo. Durante todos estes anos, sobre todo durante a súa estadía en Pontevedra, colaborou en diversos medios de comunicación, como os xornais El País e La Perseverancia, e no suplemento Álbum de El Miño, ademais de incluír algunhas poesías...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Catedrático de historia da arte en diversas universidades, foi director do Museo Nacional del Prado (1978-1981) e conservador xefe do Museo Thyssen-Bornemisza (1987-1990). Os seus estudos centráronse na arquitectura e escultura galegas da Idade Media, así como na arte moderna española. Escribiu La Construción de la Catedral de Orense (1954), El Románico y su pervivencia en Galicia (1961) e en colaboración, La Escultura y la arquitectura españolas del siglo XVII (1982) e Corpus velazqueño (2000). Membro numerario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia de la Historia e correspondente das academias de bellas artes de Granada, Sevilla, València e da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, da que foi nomeado académico de honra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Anarquista. Foi un dos fundadores do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño (1933), integrado na CNT. Foi detido polos sucesos de outubro de 1934 e pasou algún tempo recluído no castelo de San Filipe (Ferrol). Nos primeiros días do golpe militar de 1936, embarcou coa totalidade dos directivos do sindicato cara ao porto francés de Saint-Nazaire. Trasladouse a Almería, e integrouse na Agrupación de Gallegos Libertarios, colaborou co voceiro confederal Galicia Libre, exilándose en Orán, onde foi confinado nun campo de concentración. Puido entrar en Francia e embarcou xunto cos seus irmáns Xosé e Vicente rumbo a Chile, onde se estableceu en Valparaíso. Continuou a súa vinculación coa Delegación del Movimiento Libertario en Chile.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, duque de Richelieu. Despois da derrota de Napoleón I Bonaparte, sucedeu a Charles Maurice de Talleyrand-Périgord como primeiro ministro (1815). Dimitiu pola oposición do conde de Artois, o futuro Carlos X de Francia (1818). En 1820 volveu ao cargo, que abandonou un ano despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e humorista. Coñecido como Caran d’Ache, colaborou en diversas revistas de humor e introduciu as historietas sen palabras, cun forte espírito antimilitarista, anticlerical e antisemita. Da súa produción destaca Les lundis de Caran d’Ache.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e músico. Como membro do Teatro Artello participou nos espectáculos Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo, e A cantante calva (1981), de E. Ionesco; mentres que co Centro Dramático Galego participou en Woyzeck (1984), de G. Büchner, e Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Profesor na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en pediatría e endocrinoloxía e investigou sobre o tratamento dos atrasos no crecemento. Publicou, entre outros, Endocrinología pediátrica (1990), Manual de pediatría práctica (1992). É académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor mexicano. Formado no Conservatorio de Berlín e discípulo de P. Dukas (1925-1933) na École Normale de Marique, traballou a composición con Marco E. Bossi. Director da Orquesta Sinfónica Nacional de México, co tempo abandonou o seu estilo suave para acoller unha linguaxe impresionista con técnicas contrapuntísticas. Autor da célebre canción Estrellita (1914), e estudoso do folclore musical mexicano, escribiu máis de 50 cancións populares, un concerto para piano e orquestra (1912), Ferial (1940), para orquestra; e Concierto del sur (1941), para guitarra e orquestra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Pintor, Xastre ou Negro, formou parte dos milicianos que intentaron conter a sublevación militar que iniciou a Guerra Civil. Detivérono ao finalizar o conflito e permaneceu encarcerado ata 1943. En 1945 incorporouse á guerrilla e foi elixido xefe militar da IV Agrupación Guerrilleira de Galicia e iniciou unha forte actividade propagandística e de combate. Morreu nun tiroteo coa Garda Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Perito mercantil e político. Membro do PSOE, foi concelleiro (1932) e secretario municipal na Pobra do Caramiñal, onde tamén dirixiu o xornal La lucha. Exiliouse despois da Guerra Civil Española. Presidiu o Padroado da Cultura Galega de México e colaborou na publicación Saudade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xornalista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1889) e instalouse en Pontevedra, onde foi redactor do Diario de Pontevedra, xuíz municipal e decano do Colexio de Avogados (1898). En 1899 ingresou no corpo de rexistradores da propiedade e instalouse en Madrid. Entrou na política da man de Montero Ríos e foi deputado polo Partido Liberal polo distrito da Fonsagrada (1905-1923). Afastouse do seu protector e relacionouse con Basilio Álvarez, entre outros, ata chegar a ser un dos cofundadores da Liga Agrario-Redencionista (1910), que presidiu. Xosé Canalejas Méndez nomeouno gobernador civil de Barcelona (1910-1911), onde reprimiu con dureza as axitacións obreiras, e fiscal do Tribunal Supremo (1912). En 1923 foi ministro de Fomento. Participou na fundación en Vigo do xornal El Pueblo Gallego (1924), no que colaboraban republicanos e nacionalistas. En 1930 foi un dos promotores do Pacto de Barrantes. Coa chegada da Segunda República Española...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Estudou no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1862. En 1867 instalouse en Cuba, onde foi capelán do Hospital Real de San Juan de Dios. Ao longo da súa estancia en América rexeitou diversos curatos e foi tenente-vigairo da cidade de Veracruz (México), derradeiro cargo que ocupou. En 1883 regresou a Salcidos. No seu testamento, despois de facer diferentes legados, destinou parte dos seus bens á fundación en Salcidos dun hospital e asilo de pobres, convertido actualmente en Escola Taller. Publicou Sermón panegírico del glorioso patriarca San José, predicado en Santa Teresa de la Habana el último día de la novena (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Estudou na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desde 1984 formou equipo con Salvador Fraga Rivas e F. Javier García-Quijada, e participou no proxecto Abrir Vigo ao Mar. Entre os seus proxectos destaca a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque Municipal Quiñones de León de Vigo (1997), a Xerencia de Urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do MARCO (1998-2002). Recibiu, xunto cos seus socios, o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903-1904) e presidente do Partido Liberal vigués. Fundou o xornal Heraldo de Vigo (1912-1914) e foi deputado polo distrito de Muros (1916-1919) e pola provincia de Toledo (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Rematou a súa formación no Seminario compostelán en 1916 e, despois de exercer en varias parroquias, a partir de 1940 estivo ligado á de Santa María do Sar, en Santiago de Compostela. Escribiu Paisaxes (1925), cunha temática e un estilo propios do costumismo e intimismo do s XIX. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do PP e alcalde do concello de Beariz desde 1983, foi membro da Deputación de Ourense (1987-1991 e 1999), delegado provincial da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia (1994-1995), deputado por Ourense na IV lexislatura (1990-1993) e senador electo por Ourense durante a VI e VII lexislaturas (1996-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 22.9.1772 - 19.1.1822) Escultor, irmán de Melchor de Prado Mariño. Formouse na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e co seu irmán, que lle encargou a realización das imaxes da Dolorosa e das Ánimas para San Mamede de Carnota. Influído por Xosé Ferreiro, na súa obra está presente o historicismo e o eclecticismo que aínda mira ao barroco. Buscou a individualización dos personaxes e a representación das paixóns da alma a través dos rostros, que nas representacións femininas están idealizados. Entre as súas obras destacan varias imaxes e retablos para as igrexas de San Miguel e Santa María do Camiño, varias imaxes para a igrexa de San Bieito do Campo e os retablos da igrexa das Ánimas e a Inmaculada Concepción para a capela maior da catedral compostelá. Fóra de Santiago de Compostela realizou a Virxe das Dores para a igrexa do convento San Domingos da Coruña, o retablo...
-
GALICIA
Arquitecto, fillo de Melchor de Prado Mariño. Iniciouse co seu pai e obtivo en 1839 o título de arquitecto pola Academia de Bellas Artes de San Fernando. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela desde 1840 e como tal encargouse de diversos trazados urbanísticos e construtivos como os proxectos para o Teatro Principal (1841) e para o mercado de abastos (1850), a construción do primeiro cemiterio xeral da cidade, inaugurado en 1847, as escalinatas da universidade (1844) ou o peche do pazo arcebispal na Acibechería (1854). O seu academicismo caracterizouse pola ausencia da monumentalidade e polas composicións sobrias e austeras. Cara a finais da década de 1850 a súa produción volveuse máis ecléctica, sen abandonar as pautas clasicistas. Os seus edificios de vivendas caracterizáronse pola claridade das liñas e das súas obras destacan Santiago de Padrón (1859) e a capela de Santa Minia de Brión (1857), San Pedro de Ribeira (1858) e San Miguel de Arca (1862), o antigo Café Suízo (1858)...
VER O DETALLE DO TERMO