"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • GALICIA

    Pintor. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da técnica e da cor. Cultivou os modos realistas e románticos, e nos seus bodegóns destaca a calidade matérica dos obxectos. Fundou en 1968 o grupo O Grilón, co que expuxo en diversas ocasións, como na Feria de Mostras do Noroeste e en Viveiro. Entre outras exposicións colectivas destacan a I Exposición de Artistas Ferroláns (A Coruña, 1960) e a III Bienal Nacional de Arte en Pontevedra (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e sociólogo. Profesor, conferenciante e colaborador de prensa, é autor de numerosas publicacións científicas e políticas, e director de investigacións sociolóxicas. Foi coautor, xunto con Margarita Ayestarán, de Galleguidad y conflito lingüístico gallego (Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974) e La comarca de la Ría de Arosa. Sus familias en 1974 (Avance de los resultados de una investigación sociológica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Valido de Enrique IV de Castela. Obtivo os títulos de conde de Ledesma (1462), mestre de Santiago (1464) e duque de Alburquerque (1464). Os rumores atribuíronlle unha relación coa Raíña Xoana de Portugal e a paternidade da infanta Xoana a Beltranexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edicións do Cumio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante que vén definida pola fórmula C=µ0Nm2/3k, na que µ0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire dominicano. Formouse no convento de San Domingos de Ribadavia, onde ensinou teoloxía antes de ser nomeado prior do convento de San Pedro Mártir de Toledo. Foi un dos máis destacados benfeitores do convento de Ribadavia, do que foi prior ata o 1412, ano no que foi nomeado provincial da súa orde en España. Ocupou a mitra de Salamanca (1413-1420) e logo a de Ourense (1420-1424), cidade na que nunca residiu e que sería gobernada polo seu provisor, frei Lope de Galdo. En 1424 promovérono a bispo de León e levou a cabo un importante labor de goberno ao promulgar as Constitucións Sindicais (1426) nas que se castigaban os abusos de cabaleiros e sacerdotes sobre as vilas dependentes do bispado. En 1434 foi promovido ao bispado de Osma, pero rexeitou o posto e continuou na sé leonesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de ensino medio de lingua e literatura galega, colaborou con artigos de carácter científico e divulgativo en revistas como A peneira, Cadernos da lingua ou Natureza galega. Entre outras obras, publicou Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín (1994), Crear o mar en Compostela (Premio de Poesía O Grelo 1993), Pel de ameixa (1996, Premio de Poesía Miguel González Garcés 1995), Setembro (1998, VII Premio Martín Codax de Poesía) e En atalaia aberta (2000). Ademais, participou no volume colectivo 8 e medio (1993) e nas antoloxías Para saír do século (1997) e Defecto 2000 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1988. Foi dirixida por Stephen Frears e interpretada por Glen Close, John Malkovich, Michelle Pfeiffer, Keanu Reeves e Uma Thurman. Este filme é unha das distintas adaptacións cinematográficas que se fixeron da obra de Pierre Choderlos de Laclos. Destaca, entre as outras, pola reconstrución ambiental e o traballo actoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Debido á ruína económica da súa familia abandonou os seus estudios e traballou como pasante; posteriormente, trasladouse a París, onde exerceu como xornalista e secretario do duque de Morny. Clasificado como realista a causa da súa temática rexionalista provenzal, foi un impresionista que presentou a realidade cunha gran sensibilidade e que creou personaxes inmortais. Da súa produción destacan, entre outras obras, La dernière idole (O derradeiro ídolo, 1862), Le petit chose (A cousiña, 1868), Lettres de mon moulin (Cartas dende o meu muíño, 1869), Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (As prodixiosas aventuras de Tartarin de Tarascon, 1872), L’arlésienne (A arlesiana, 1872), Les contes du lundi (Contos do luns, 1873), Jack (1876), Numa Roumestan (1881), L’évangéliste (O evanxelista, 1883), Sapho (1884), La petite paroisse (A pequena parroquia, 1895), Trente ans...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xeorxia (1089-1125), fillo de Xurxo II. Aproveitou a primeira cruzada e a decadencia turca para reconstruír cidades e repoboar extensas comarcas. Foi o primeiro dos soberanos de Xeorxia que tivo exército permanente. Conquistou Tbilisi (1121) e o seu reino estendíase dende o Mar Negro ata o Caspio e dende o Cáucaso ata Armenia, logo de ocupar a súa capital, Ani, en 1123. Fixo importantes reformas na xustiza, na Igrexa e no exército, e foi un gran protector das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Iniciou a súa formación no eido da ourivería no obradoiro de Anxo Mareque, a través de quen coñeceu a Mario Granell, quen o introduciu no ambiente artístico vigués. En 1946 ingresou na Escola de Artes e Oficios, onde estudiou ouriveiría con Mareque e debuxo con Maximiliano Vidales Espinosa. Trasladouse a Santander cunha bolsa de estudios para ampliar a súa formación escultórica con Andrés Novo Cuadrillero (1948-1950). Instalouse en Madrid e participou na IX Exposición Nacional de Arte de Educación y Descanso celebrada en 1951 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, na que obtivo o segundo Premio Nacional de Escultura e a primeira Medalla de Bronce. Regresou a Vigo en 1952 e comezou a traballar como técnico modelista en cerámica en Manuel Álvarez e Hijos, S A. Dende 1955 dedicouse de xeito máis intensivo á escultura e realizou a súa primeira mostra na sala Foto Club con 25 pezas en granito. En 1958 trasladouse a México onde se interesou polas culturas precolombinas, especialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría filosófica postulada a finais dos anos sesenta polo filósofo francés Jacques Derrida e adiantada nalgúns dos seus aspectos polo teórico da literatura Roland Barthes. Tivo unha gran repercusión nos EE UU, en especial nos representantes do chamado Grupo de Yale (Paul de Man, J. Hillis Miller, Harold Bloom, Barbara Johnson e Geoffrey Hartman, entre outros). Pretende cuestionar conceptos básicos da filosofía occidental desde Platón, como a oposición entre o sensible e o intelixible, entre significante e significado, a existencia dun centro ou orixe do ser, a noción de logos, etc. Así mesmo, revisou outras nocións fundamentais da teoría literaria como os conceptos de mímese, verdade e fición, o sentido literal e metafórico da linguaxe poética, as relacións entre fala e escritura ou entre lectura e significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Pintou, entre outras obras, o retablo colateral de Santa María a Nai na igrexa de Santiago de Allariz (1633).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e tradutor ruso. Especialista na literatura española, especialmente do Século de Ouro, dedicouse tamén á literatura francesa do s XVIII e a outras literaturas eslavas. Publicou, entre outras obras, Servantes i Don Kikhot (Cervantes e Don Quixote, 1934), Servantes, žizn’i tvorčestro (Cervantes, vida e obra, 1946), Volter (Voltaire, 1946) e Bol’garskij teatr (Teatro búlgaro, 1950). Así mesmo, traduciu La vida del Lazarillo de Tormes e diversas obras de Quevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é aconsellable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicar ou dicir que non é conveniente certa cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de consideración.

    2. Acción que é desconsiderada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desconsiderar.

    2. Que ou quen actúa sen respecto ou consideración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratar a alguén sen respecto ou con desconsideración.

    2. Non ter en conta algo.

    VER O DETALLE DO TERMO