"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Redución extrema das dimensións e do peso dos dispositivos e os compoñentes electrónicos, co fin de facilitar o uso en lugares onde se dispón de pouco espazo (satélites artificiais, foguetes ou proxectís autopropulsados). Esta técnica deu lugar á microelectrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor eléctrico de pequenas dimensións. Xeralmente son motores asíncronos que se alimentan con corrente alterna monofásica. Algúns modelos son de velocidade regulable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1927-1930 e 1940-1947) e príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen, fillo de Carlos II e de Helena de Grecia. Sucedeu a seu avó Fernando I, que desherdou o seu pai. Pero, en 1930, o seu pai derrocouno e proclamouse rei (Carlos II). Converteuse en príncipe herdeiro ata que foi proclamado rei en 1940 e tivo que aceptar a imposición dun goberno pro-nazi. Ocupado o país polos rusos, estes impuxéronlle un goberno comunista e tivo que abdicar en 1947 e exiliarse. Reside en Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á auga mineral que, pola súa composición, ten propiedades terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • vila romana de Vilamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que permite obter unha radiación monocromática. Xeralmente son láminas cristalinas planas ou curvas, ou ben prismas, que se empregan en espectroscopia para seleccionar radiacións monocromáticas de lonxitude de onda coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha soa cor.

    2. Aplícase á radiación ou ao feixe de radiacións formado por lonxitudes de onda que están nun intervalo máis estreito do que se pode distinguir e que, polo tanto, dan lugar a raias espectrais dunha soa cor.

    3. Aplícase ao ollo que está afectado de monocromatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade ocular que consiste na incapacidade de distinguir as cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha soa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • romaría de San Cosme da Montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. É secretario de Administración Local nos concellos de Mazaricos, Santiago de Compostela e Muros. Foi presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística desde a súa fundación en 1984. Publicou “A oficialidade da lingua galega: o marco legal” en Grial (1990) e os libros Formularios de organización e funcionamento das entidades locais (1996) e Regulamentos municipais (1998). Ademais, foi coordinador dos libros Contos da Xustiza (2002) -onde participou co relato “Unha cousa non ten que ver ca outra”- e Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Tamén colaborou na elaboración dos guións da serie de televisión Mareas Vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Foi o co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG. Publicou traballos sobre literatura galega medieval, historia externa, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas. Foi coautor de Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1985) e Gramática galega (1986), editor de Estudios de sociolingüística galega (1995) e autor de Historia Social da Lingua Galega (1999). É investigador do Instituto da Lingua Galega, coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega (CCG), director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística e secretario do CCG desde 2000. Recibiu o Premio da Crítica Galicia de investigación (1987), o 1º Premio de Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalá da Universidad Nacional de Educación a Distancia (1998) e o Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e xornalista. Emigrou a Guatemala en 1906, e alí compaxinou o traballo farmacéutico cun importante labor na prensa escrita. Publicou dous estudos, denominados La traída de aguas (1915) e Patulul es sano (1924) e, xa de volta en Galicia, o libro Labor hispano-americana (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega (15.104 km2; 243.900 h [2001]). A súa capital é Molde (23.773 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Pertenceu a un antigo priorado do mosteiro de Samos ata 1835, e correspondeuse quizais co de San Xiao de Moreda, documentado xa no s X. De estilo románico, o templo data do s XII e ten unha soa nave e ábsida rectangular. Destaca o arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucopolisacaridose tipo IV que foi descrita polo médico Luis Morquio (1867-1935). OBS: Tamén se denomina osteocondrodistrofia deformante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Vladimir, Rusia, situada á beira do río Oka (126.000 h [1997]). Coñecida xa desde o s IX, conta cunha industria considerable de locomotoras diésel, frigoríficos, aparellos de radio e tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Roma. Ocupa unha boa parte da antiga cartuxa de Santa Maria degli Angeli, construída sobre restos das grandes termas de Diocleciano (298-306), e recolle unha das mellores coleccións do mundo de mosaico, pintura mural e, sobre todo, de escultura antiga. Destacan os restos dunha das ábsidas do caldarium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal inaugurado en 1986, situado en Mérida nun edificio anexo ao teatro e ao anfiteatro romanos. Os seus fondos están formados por vestixios romanos que proveñen do xacemento arqueolóxico de Emerita Augusta e constribúen á divulgación do importante significado que a romanización tivo para a cultura e a arte de España. Nas dependencias da igrexa de Santa Clara atópase o Museo de Arte Visigoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal que creou en Madrid Benigno de la Vega-Inclán Flaquer, inaugurado en 1924. En 1931 foi incorporado ao Estado e desde 1968 foi integrado no Patronato Nacional de Museos. A súa colección abarca desde artes decorativas e mobiliario, ata pintura romántica, dos ss XVIII-XIX. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO