"Rab" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 681.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Central sindical española constituída en Barcelona en 1888, por iniciativa do Centre Obrer de Mataró. Formada inicialmente por 29 sociedades e uns 3.300 afiliados, foi un sindicato de clase, democrático, moderado, disciplinado, de ideoloxía socialista e influído polo Partido Socialista Obrero Español. Utilizou, en xeral, a táctica das folgas pacíficas e ben organizadas para conseguir melloras nas condicións do proletariado. En 1899 o consello estatal trasladouse a Madrid, onde Paulo Iglesias ocupou a presidencia e Antonio García Quejido a secretaría xeral. Inicialmente organizouse en federacións de oficios, pero desde 1925 adoptou o sistema de federacións de industria. Constituída principalmente por obreiros industriais, na década de 1910 aumentou a súa influencia no proletariado mineiro, onde destacaron os seus dirixentes Manuel Llaneza e Ramón González Peña, e a partir de 1920 iniciou a súa penetración nos medios campesiños de Andalucía. Coa escisión comunista do PSOE (1921), consolidouse...
-
PERSOEIRO
Debuxante. Coñecido como Daniel Vierge, foi discípulo de Madrazo e Haes en Madrid, e protexido de Charles Yriarte en París (1869). Traballou no xornal Le Monde Ilustré (1870-1872) e en 1871 foi o cronista gráfico da revolta da Comuna de París. Realizou debuxos para libros de Victor Hugo, os irmáns Goncourt ou José María de Heredia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e pintor. Coñecido como Luís Trabazo, ata 1936 exerceu como avogado, profesión que abandonou tras a Guerra Civil para dedicarse a pintar e a escribir. Redactor xefe da revista Misión, colaborou en diversas publicacións como Índice, Pueblo, Informaciones e La Región. Instalado en Ourense (1968), foi director do Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo. Publicou Violencia o razón (1969), Faílde (1972), Colmeiro (1974), o poemario Canción sobre el abismo (1975) e Piedra, barro, bronce (1978). Pintou paisaxes de cromatismo sobrio cun estilo postimpresionista e publicou monografías de arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
venerable.
-
-
Que é digno de respecto, especialmente pola súa idade ou antigüidade.
-
Título de grao do presidente dunha loxa francmasónica.
-
-
Que ou quen posúe o título de honor dado a ordes relixiosas, a lugares sagrados ou, eventualmente, aos xerarcas eclesiásticos.
-
Que ou quen posúe o título outorgado aos servos ou servas de Deus que constitúe o primeiro grao no proceso de canonización, anterior ao de beato e ao de santo, despois de que o papa proclamase a heroicidade das súas virtudes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleósido purínico con acción antivírica que se emprega no tratamento da encefalite por herpes simple.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en El Campo de Antequera e regado polo río Guadalhorce (4.841 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
vituperable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que merece ser vituperado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vulnerable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de vulnerable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser ferido, danado ou atacado con facilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘camisa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘caldo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas que corresponde á voz ‘camiseta’.
-
FILOSOFOS
Filósofo e médico xudeu. Coñecido como León Hebreo, escribiu un tratado sobre o amor, os Dialoghi d’ amore (1535), que constitúen a máxima influencia do platonismo no Renacemento cristián.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Danza de orixe incerta, lenta, de forma binaria e compás de 3/4 ou de 3/2, que se converteu en parte esencial da suite instrumental barroca.
-
Música desa danza.
-
-
Ruído de berros ou voces altas.
-
-
-
cecear.
-
tatexar.
-
-
-
Que ou quen pronuncia o s como z. SIN: zarapelo.
-
Que ou quen tatexa. SIN: zarapelo, zarapeto.
-
-
PERSOEIRO
Emir (1902-1917), Sultán (1917-1927) e rei (1927-1932) de Najd, Rei de Al- Ḥ ijāz (1927-1932) e de Arabia Saudí (1932-1953), da dinastía wahhabita. Membro dunha familia rexente exiliada, sucedeu ao seu pai no 1902. No 1932 cambiou o nome do reino polo de Arabia Saudí. As explotacións petrolíferas (dende o 1938) consolidaron o seu poder persoal. Durante a Segunda Guerra Mundial permaneceu neutral.
VER O DETALLE DO TERMO