"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Redondela. Construída no s XV, foi transformada ao longo do tempo.Ten unha soa nave, dividida en cinco tramos separados por arcos perpiaños apuntados, ábsida poligonal cuberta cunha bóveda de nervios e capelas laterais abovedadas. A portada principal é abucinada e sobre ela sitúase un rosetón circular. O conxunto remata nun frontispicio coroado cunha escultura de Santiago Matamouros. En 1712 engadíuselle a torre campanario de planta cadrada e formada por tres corpos decrecentes en altura separados por balaústres: o inferior liso, o intermedio cadrado con ventás e o superior octogonal rematado nunha pequena cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Redondela ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Redondela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Xes da Peroxa (A Peroxa). Edificado entre os ss XVIII e XIX, sufriu posteriores modificacións. Presenta planta cadrada, cunha capela na parte posterior, varias solainas de pedra e unha galería.
-
-
Calidade de redondo.
-
Superficie dun corpo redondo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrofa de catro versos de arte menor, xeralmente octosílabos, que riman en consoante o primeiro co cuarto e o segundo co terceiro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Montouto (Abadín). O seu cumio acada os 916 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Augasantas (Cotobade). O seu cumio acada os 548 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santo André (As Nogais). O seu cumio acada os 903 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre os concellos da Pastoriza, Meira e Pol. O seu cumio acada os 596 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Toiriz (Vila de Cruces). O seu cumio acada os 519 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que ten unha figura circular.
-
Que ten forma de esfera.
-
Que ten sección transversal circular.
-
-
Que está completo e non presenta defectos.
-
Aplícase ao número expresado aproximadamente en unidades dunha orde dada sen ter en conta as unidades de orde inferior ou superior.
-
Barra metálica de ferro ou aceiro de sección circular ou aproximadamente circular, que se emprega para armar formigón.
-
Tipo de letra de forma circular e dereita, empregada xeralmente na composición do texto de libros, diarios e revistas.
-
-
músculo redondo maior
Músculo que produce a extensión do úmero e o rota cara a dentro.
-
...
-
músculo redondo maior
-
-
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas, foi vicedecano da facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e director xeral do Instituto Galego de Vivienda e Solo. Escribiu Aplicación del análisis espectral al estudo del comportamiento bursátil (1981) e Introdución a las finanzas de la empresa (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Fundou as Juntas Castellanas de Actuación Hispánica (1931), que se uniu a La Conquista del Estado, para formar as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) en 1931. Participou na súa unificación con Falange Española (1934). Foi elixido deputado en 1934.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director. Fundador da agrupación teatral Tespis, dirixiu O casamento á forza (1970), de Molière; Conto dos cinco camiñantes (1979, premiada no I Certame de Teatro de Lugo); Pinocho (1983), de C. Collodi; e Verbas de si para si (1983), en que recolle diversos textos de Álvaro Cunqueiro. Ademais, dirixiu os grupos de teatro independente Breogánia, Nova Vida, Os Gaiteiriños, Abrente e Brétema, cos que estreou diversas obras teatrais de R. Carballo Calero, E. Blanco-Amor, L. Olmo, R. Cabanillas ou Castelao. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro (1966) e co Premio da Crítica ao mellor actor (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e político. Obreiro metalúrxico de profesión, durante o Franquismo foi detido pola súa afiliación á UGT e desterrado a Las Hurdes. Foi secretario xeral da UGT (1976-1994) e en 1974 rexeitou o cargo de secretario xeral do PSOE, aínda que foi membro da súa comisión executiva (1970-1977) e deputado por Bizkaia no Congreso (1977-1987). Dimitiu como deputado e rompeu as relacións UGT-PSOE por desavinzas coa política económica e laboral do goberno socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Barítono. Debutou no Teatro Real (1919) con La Traviata de G. Verdi e, posteriormente, viaxou a Italia, onde interpretou La Forza del Destino (1920). Establecido en Barcelona, deixou a ópera para dedicarse por completo á zarzuela. Foi galardoado coa Gran Cruz de Isabel a Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 760 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Debutou coa compañía de Adrià Gual no Teatro Romea. En Madrid interpretou obras dos irmáns Álvarez Quintero e Jacinto Benavente, e interveu en televisión e en cine, en filmes como Cañas y barro (1954), Las bicicletas son para el verano (1984) e Dos hombres y una mujer (1994). Recibiu o Premio Nacional de Teatro (1961), a medalla de ouro ao Mérito Artístico (1986) e a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Sisto (Dozón). O seu cumio acada os 622 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Viveiró (Muras). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO