Redondela, Santiago de
Redondela, Santiago de
Igrexa parroquial situada en Redondela. Construída no s XV, foi transformada ao longo do tempo.Ten unha soa nave, dividida en cinco tramos separados por arcos perpiaños apuntados, ábsida poligonal cuberta cunha bóveda de nervios e capelas laterais abovedadas. A portada principal é abucinada e sobre ela sitúase un rosetón circular. O conxunto remata nun frontispicio coroado cunha escultura de Santiago Matamouros. En 1712 engadíuselle a torre campanario de planta cadrada e formada por tres corpos decrecentes en altura separados por balaústres: o inferior liso, o intermedio cadrado con ventás e o superior octogonal rematado nunha pequena cúpula.