Redondo Santos, Xosé

Redondo Santos, Xosé

Actor e director. Fundador da agrupación teatral Tespis, dirixiu O casamento á forza (1970), de Molière; Conto dos cinco camiñantes (1979, premiada no I Certame de Teatro de Lugo); Pinocho (1983), de C. Collodi; e Verbas de si para si (1983), en que recolle diversos textos de Álvaro Cunqueiro. Ademais, dirixiu os grupos de teatro independente Breogánia, Nova Vida, Os Gaiteiriños, Abrente e Brétema, cos que estreou diversas obras teatrais de R. Carballo Calero, E. Blanco-Amor, L. Olmo, R. Cabanillas ou Castelao. Foi galardoado co Premio Nacional de Teatro (1966) e co Premio da Crítica ao mellor actor (1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña