"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Mariscal francés. Xeneral desde 1939, dirixiu unha división en Montpellier cando os alemáns ocuparon a zona en novembro de 1942. En agosto de 1944 participou no desembarco aliado en Provenza á fronte do Primeiro Exército Francés e expulsou aos nazis de Toulon, Marsella, Lyon e Dijon. En 1945 asinou o armisticio en Berlín. Despois da guerra foi alto comisario e comandante en xefe de Indochina (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor islandés. Escribiu as novelas Vefarinn mikli frá Kasmír (O gran tecedor de Kashmir, 1927) e Salka Valka (1934), e o ensaio autobiográfico Os anais de Brekkukot (1957). Premio Nobel de Literatura en 1955, a partir de 1960 dedicouse sobre todo ao teatro, aínda que seguiu publicando novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lección que non concorda cunha pasaxe paralela cando dúas ou máis pasaxes tratan o mesmo suceso, dada a tendencia dos copistas a harmonizar máis da conta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Limassol.
-
PERSOEIRO
Economista ruso. Nacionalizado estadounidense, formulou, a partir da análise do input-output, un modelo estático de explicación da estrutura económica utilizado como base de futuras previsións ou planificacións. Da súa produción destacan The Struture of American Economy (1941). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e administrador. Cónsul no Cairo en 1833, ocupouse da educación de Sa’īd, fillo de Mu Palatino; ḥ ammad ‘Alī e interesouse polo proxecto de apertura dun canal entre o Mediterráneo e o Mar Vermello. Cónsul en Barcelona (1842-1848), foi ministro plenipotenciario en Madrid (1848-1849). En 1854 obtivo de Sa’īd a concesión da compañía internacional que abriría e explotaría o canal de Suez. En 1876 fundou unha compañía para abrir o canal de Panamá e iniciou os traballos, pero a empresa crebou en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Filla dun oficial británico, instalouse en Londres en 1949. Comprometeuse coa denuncia do colonialismo europeo en África e publicou 20 novelas, 11 volumes de relatos, varios ensaios, obras de teatro, poemas e algunha autobiografía. Da súa produción destacan Canta a herba (1951), Contos africanos (1951), O caderno dourado (1962, Premio Médici de Francia), A boa terrorista (1985), Historias de Londres (1992) e O soño máis doce (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2001) e o Premio de Literatura David Cohen (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito, escritor e dramaturgo alemán. Máximo representante da ilustración, exerceu unha influencia decisiva na literatura alemá (Herder e Goethe, sobre todo) da que foi un dos mellores estilistas. Bibliotecario en Wolfenbüttel desde 1770, iniciou un período de loita espiritual, que superou en Nathan der Weise (Nathan o sabio, 1779) e Die Erziehung des Menschengeschlechts (A educación do xénero humano, 1780). Da súa produción destacan os seis volumes de Schrifte (Escritos, 1753-1755), Fabeln (Fábulas, 1759), Laokoon (Laocoonte, 1776) e pezas teatrais como Sara Sampson (1755), Minna von Barnhelm (1767), Emilia Galotti (1772).
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMIOS
Cumio do macizo do Montcorbisón (2.173 m), situado dentro do termo de Viella (Val de Arán).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Traballou coas comunidades indíxenas do Mato Grosso e a Amazônia (1934-1939). Desde 1941 foi subdirector do Musée de l’Homme en París, director de estudios na École Pratique des Hautes Études da Sorbonne (1950-1974) e catedrático de Antropoloxía Social no Collège de France desde 1959. O seu método, que se desenvolveu en Anthropologie struturale I (1958) e en Le Totémisme aujourd’hui (1962), consiste nun tratamento dos fenómenos humanos que recorre, sobre todo, ao modelo fenomenolóxico. A súa obra capital, Les Mythologiques (1964-1971), representou unha destrución da historia e unha busca do tempo perdido. En La pensée sauvage (1962) e Anthropologie struturale II (1973) intentou fundamentar a súa epistemoloxía. Tamén publicou Paroles données (1984) e Regarder, écouter, lire (1993). Foi membro da Académie Française desde 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca fundada en 1800 en Washington coa finalidade de ser a biblioteca lexislativa do Congreso e a biblioteca nacional de EE UU. O seu fondo documental é un dos máis importantes do mundo, ao conter máis de 74 millóns de entradas principais nos seus ficheiros e materiais en 470 linguas. Ocupa tres edificios: o que ocupou orixinalmente a Library of Congress, onde están as oficinas e as salas de lectura, que desde 1980 foi coñecido co nome de Jefferson Building; o John Adam Building, inaugurado en 1939, que conta con doce pisos de depósitos de libros; e o Masidon Building, inaugurado en 1981, destinado ás oficinas do copyright, ao servizo de busca e préstamo e aos servicios centrais. Participa no desenvolvemento do MARC e é responsable da publicación do National Union Catalog (NUC).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro publicado por primeira vez en agosto de 1955 en que se inclúen as mellores marcas de cada especialidade. A idea partiu do director-xerente da empresa cervexeira Guinness, quen a confiou a Norris e Ross McWhirter, creadores dunha axencia onde se rexistraban estas marcas. Cunhas vendas que superan os 94 millóns de exemplares, difúndese en máis de 100 países e está traducido a 37 idiomas.
-
CAPITAIS
Capital do distrito de Limassol, Chipre (132.100 h [1990]). Está situada na costa S da illa e é un importante porto.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Chipre (1.391 km2; 166.900 h [1990]). A capital é ES-TRAD;mso-fareast-language: Limassol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curvas que aparecen na composición de dous movementos vibratorios harmónicos perpendiculares entre eles. Obtéñense curvas moi diversas, en xeral abertas, pero se a relación entre os períodos dos dous movementos é racional, a curva obtida é pechada e o movemento resultante é periódico.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Estudiou os movementos vibratorios e introduciu as coñecidas curvas de Lissajous. Débeselle un dispositivo óptico que foi adaptado posteriormente por Helmholtz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jelijezer Marcovich Lisickij.
-
PERSOEIRO
Demógrafo italiano. Dedicouse ao estudo da demografía histórica. Entre 1973-1981 foi secretario xeral da International Union of the Scientific Study of Population (IUSSP). Das súas obras destacan History of Italian Fertility During the Last Two Centuries (1977) e Storia minima della popolazione del mondo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. Na súa obra reflíctese a súa preocupación polo proletariado e as comunidades marxinadas. Da súa produción destacan Godnatt jord (Boa noite, terra, 1933), Statarna (Os traballadores, 1936-1937) e Bara en mor (Só unha nai, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago do N de Escocia, situado na rexión das Highlands. De orixe glacial, ten unha lonxitude de 32 km e unha media de ancho de 2 km. Desemboca, por medio dun río emisario, na baía de Moray Firth. Especulouse sobre a existencia no lago dun ou de diversos animais monstruosos de época prehistórica.
VER O DETALLE DO TERMO