"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

      1. Relativo ou pertencente á estrutura.

      2. Que afecta á estrutura.

    1. Relativo ou pertencente ao estruturalismo.

    2. Método de análise formalista propio do estruturalismo. Oposto ao empirismo, busca a lóxica interna de cada estrutura, e estudia o sistema de relación dos distintos elementos que a compoñen e as leis que a regulan, na procura sempre dunha explicación, non en función de elementos externos senón no interior da mesma estrutura estudiada. Tamén estudia a relación entre distintos conxuntos de sistemas.

    3. estruturalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola lingüística do s XX, que se caracteriza por concibir as linguas como estruturas ou sistemas, isto é, conxuntos organizados de elementos que se definen pola súa relación cos demais elementos formais, polo tanto, non materiais. O que importa non é o fenómeno en si, considerado illadamente, senón o seu valor, manifestado a través da súa situación no interior da estrutura. O estruturalismo xorde como reacción ao atomismo e positivismo propios da lingüística histórico-comparativa do s XIX. Sinálase ao profesor suízo Ferdinand de Saussure como o iniciador do estruturalismo, a raíz da publicación póstuma en 1916 dunha recompilación das súas principais teorías, baixo o título Cours de Linguistique Générale. F. de Saussure pon a base de conceptos como signo lingüístico e distincións fundamentais como materia/ obxecto, lingua/fala ou significante/significado. A consolidación do estruturalismo vén da man do Círculo Lingüístico de Praga (1926), constituído, entre outros, polos lingüistas Nikolaj...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estruturalismo.

    2. Que ou quen é seguidor do estruturalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar a algunha cousa unha estrutura determinada, distribuíndo ou ordenando as partes que a compoñen de acordo cuns criterios determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1739-1763). Monxe agostiño, fundou a congregación da Buena Muerte na igrexa de Santa María Madre de Ourense. Durante o seu bispado restaurouse o altar maior da catedral auriense. Fixo un libro contra a obra de J. de Barbeyrac Moral dos padres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos continentes de Europa e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Eurasia.

    2. Aplícase ao ma-crophylum que comprende a maior parte das familias lingüísticas de Europa e Asia (indoeuropeo, urálico, altaico, paleosiberiano) e ata a familia esquimó-aleutiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 7 de xaneiro de 1893 en Pontevedra subtitulada “Semanario dosimétrico Ylustrado. Escrito por varios gallegos de buen humor”. Cesou o 7 de outubro dese mesmo ano. Fundouna Enrique Labarta Pose e estaba dirixida por Torcuato Ulloa e polo propio fundador. Na súa redacción participou Xerardo Álvarez Limeses. Incluíu, ademais de crónicas e variedades, artigos literarios en castelán e poesías e coplas en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma de España, no SO da Península Ibérica (41.602 km2; 1.069.420 h [2001]). Situada entre o Sistema Central ao N e Sierra Morena ao S, limita ao O con Portugal, ao N con Castela e León, ao L con Castela-A Mancha e ao S con Andalucía. Integrada polas provincias de Cáceres e Badajoz, a súa capital é Mérida.
    Xeografía física

    Relevo, climatoloxía e hidrografía
    As principais unidades do relevo son o Sistema Central ao N, a prolongación dos montes de Toledo no centro, Sierra Morena ao S e unha ampla chaira que ocupa toda a zona central da comunidade, e onde se desenvolve un hábitat peculiar, a devesa. Serra de Gata e o sector occidental de serra de Gredos son as unidades do Sistema Central que están na parte máis setentrional de Extremadura, con altitudes superiores aos 2.000 m e formadas sobre todo por rochas cristalinas paleozoicas. Ao L da extensa chaira levántase o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorios de fronteira conquistados aos árabes durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de estar feita unha cousa.

    2. Execución da parte material dunha obra de arte. Pode identificar a autoría dun artista, grupo ou escola e define as características estilísticas da mesma.

    3. Documento que acompaña o libramento de mercadorías ou a prestación de servicios onde se describen as características e se fai constar o prezo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de facturar.

    2. Cantidade total facturada nun período determinado ou exercicio económico, unha vez deducidos os impostos sobre vendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer constar nunha factura.

    2. Rexistrar mercadorías ou equipaxes nun centro de expedición para que cheguen ao seu destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emprego ou título de familiar do Tribunal da Inquisición.

    2. Emprego de familiar ou fámulo nun colexio.

    3. Irmandade que algunhas persoas tiñan coas ordes relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran abundancia de algo, ás veces excesiva. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fartura sete faltas disimula. Coa fartura calquera pobre atura. Non peca de gula o que nunca tivo fartura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.809 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, fundamentalmente os cultivos de regadío. Do seu patrimonio cultural destaca o palacio dos condes de Faura (ss XV-XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo con chave que se fixa nas portas, ventás ou tapas e que serve para fechalas.

    VER O DETALLE DO TERMO