Extracto de Literatura
Extracto de Literatura
Publicación aparecida o 7 de xaneiro de 1893 en Pontevedra subtitulada “Semanario dosimétrico Ylustrado. Escrito por varios gallegos de buen humor”. Cesou o 7 de outubro dese mesmo ano. Fundouna Enrique Labarta Pose e estaba dirixida por Torcuato Ulloa e polo propio fundador. Na súa redacción participou Xerardo Álvarez Limeses. Incluíu, ademais de crónicas e variedades, artigos literarios en castelán e poesías e coplas en galego.