"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Relativo ou pertencente a Carballo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baile típico da comarca coruñesa da Barcala.

    2. Muiñeira que se baila en roda propia da comarca do Carballiño en Ourense.

    3. Insecto da familia dos mántidos, tamén coñecido como barbantesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Alfoz baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo homónimo é un abundancial formado sobre carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XIII: “Johannes Johanni de Carvalido” (doc ano 1234 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 538).

    2. Liñaxe natural do lugar homónimo pertencente ao concello de Alfoz. Asentou casas nos arredores de Santiago de Compostela e no lugar leonés de Cacabelos. Espalláronse por Castela, Andalucía e unha rama pasou mesmo a Portugal. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople. Algúns traen, en campo de ouro, dúas bandas de goles. Algúns representan un brazo armado de prata cun ramallete de flores. Outros ostentan, en campo de ouro, unha árbore de sinople, arrincada, e un brazo armado de goles, cunha espada na man, saíndo da capa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. De formación autodidacta, dedicouse dende os anos oitenta a diversos campos artísticos, á música e ao teatro. As súas últimas obras relacionan a música e o teatro con aspectos construtivos: Seica 187 “Deli consa en casa allea” (1999). Realizou exposicións individuais e participou tamén en mostras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Carballiño ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Carballiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do centro de Galicia, ao L da Dorsal Meridiana, que comprende gran parte da conca do río Avia. Limita ao N coas comarcas do Deza (concellos de Dozón, Lalín e Rodeiro) e Tabeirós-Terra de Montes (concello de Forcarei), ao O coa de Pontevedra (concello da Lama), ao S coa do Ribeiro (concellos de Avión, Cenlle e Leiro) e ao L coas de Ourense (Amoeiro, Coles, Ourense e Vilamarín) e Chantada (concello de Carballedo). Abrangue unha superficie de 552,36 km2nos que acolle unha poboación de 30.566 h (1998), distribuídos entre os concellos de Beariz (1.671 h; 55,97 km2), Boborás (3.560 h; 87,82 km2), O Carballiño (12.170 h; 54,38 km2), O Irixo (2.259 h; 121,05 km2), Maside (3.364 h; 40,04 km2), Piñor (1.641 h; 52,69 km2), Punxín (985 h; 17,08 km2), San Amaro (1.603 h; 28,95 km2) e San Cristovo de Cea (3.313 h; 94,38 km2). O principal núcleo de poboación da comarca é a súa cabeceira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia e capital municipal do concello do Carballiño baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello cabeceira da comarca homónima, situado na provincia de Ourense no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Piñor, ao O cos do Irixo e Boborás (todos eles do Carballiño), ao S cos de Leiro (comarca do Ribeiro) e San Amaro e ao L cos de Maside e San Cristovo de Cea (todos eles do Carballiño). Abrangue unha superficie de 54,4 km 2 cunha poboación de 13.838 h (2007) distribuídos entre parroquias de Arcos, Banga, O Barón, Cabanelas, O Carballiño, Lobás, Longoseiros, Madarnás, Mesego, Mudelos, Partovia, A Piteira, Ponte Veiga, Sagra, Señorín e Seoane de Arcos. A capital municipal é a vila do Carballiño, situada a 42° 30’ de latitude N e 8° 20’ de lonxitude O, 94 km ao SL de Santiago de Compostela e 28 km ao NO de Ourense, á beira da estrada nacional N-541. Cabeceira do partido xudicial, está adscrito á diócese de Ourense (arciprestado de Carballiño-Orcellón)
    Xeografía física
    O concello do Carballiño localízase nunha área...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carballo novo que aínda non está plenamente desenvolvido.

    2. Lugar onde abundan carballos novos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Árbores ou arbustos pertencentes ás especies caducifolias e as marcescentes do xénero Quercus da familia das fagáceas. Son plantas mesófilas que poden medrar en climas máis fríos e húmidos ca as especies perennifolias do mesmo xénero, como a sobreira, a aciñeira e o caxigo. Son árbores ou arbustos monoicos, de ramificación simpódica e con follas lobuladas. A polinización é anemófila e as flores son pequenas e sinxelas: as masculinas, dispostas en amentos pendurantes, cun periantio composto por 6 lóbulos e ata 12 estames; e as femininas, dispostas en grupos de ata tres flores, cun invólucro escamoso que dará lugar á cúpula da landra. Os carballos poden chegar a ser moi lonxevos; constátanse exemplares de máis de 1.200 anos de idade e non son raros os casos de hibridación entre distintas especies de carballo. Dende hai 6.000 anos, coincidindo co final do período frío posglacial, conforman a vexetación potencial da maior parte de Galicia. A aparición da agricultura en Galicia hai...

      2. carballo albar [cast: roble albar; ingl: durmast oak]

        [Quercu

      3. carballo americano [cast: roble americano; ingl: northern red oak]

        [Quercu

      4. carballo anano [port: carcalhiça; cast: quejigueta]

        [Quercu

      5. carballo andaluz

        [Quercu

      6. carballo australiano [cast: roble de Australia]

        [Gre

      7. carballo cerquiño/carballo negro [port: carvalho negral; cast: roble melojo; ingl: pyrenean oak]

        [Quercu

      8. carballo común [port: carvalho comum; cast: roble común; ingl: english oak]

        [Quercu

      9. carballo pubescente

        [Quercu

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Tamuxe Derradeiro afluente do río Miño pola dereita. Nace na serra da Groba, na parroquia de Loureza, concello de Oia. O seu curso adopta unha dirección N-S coa que penetra no concello do Rosal e drena as parroquias do Rosal e Tabagón, e nesa última desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que é a capital do concello de Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da parroquia de Galegos, no concello de Láncara que, durante o s XX, alternou a súa denominación entre estas dúas formas e mesmo chegou a integralas nunha soa (Santa Mariña de Carballo ou Galegos), aínda que sempre se mantivo baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Samos baixo a advocación de san Xil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de san Tomé, onde se atopa a capital municipal, a vila de Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO