"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Médica e política. Entre 1965 e 1969 ocupou diversos cargos no ministerio de Sanidade e, entre 1974 e 1979, foi ministra de Medio Ambiente. De 1981 a 1992 asumiu a dirección do grupo parlamentario do Partido Laborista Noruegués. Dende 1981 ata 1996, cando dimitiu do seu cargo, foi primeira ministra en catro ocasións. En 1994 recibiu o Premio Carlomagno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico occitano. Dirixiu e animou a Revue des Deux Mondes (1893). Combateu a arte pola arte, o naturalismo, o subxectivismo e a ciencia, que pretendía substituír a fe. Publicou, entre outras obras, Études critiques sur la littérature française (Estudios críticos sobre a literatura francesa, 1880-1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo francés. Profesor de xeografía física en Suíza (1869-1912). A súa obra componse principalmente de traballos sobre xeografía humana: La géographie humaine (Xeografía humana, 1910), Géographie de la France (Xeografía de Francia, 1920-26) e Géographie de l’histoire (Xeografía da historia, 1921). Tamén publicou L’irrigation dans la Péninsule Ibérique et dans l’Afrique du Nord (A rega na Península Ibérica e no norte de África, 1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das glándulas situadas no duodeno e dispostas en dúas capas separadas polas musculares mucosae que interveñen na formación do zume intestinal. Son propias dos mamíferos e foron descritas por J. K. Brunner.
-
PERSOEIRO
Médico suízo. Foi profesor de anatomía en Heidelberg, é autor de importantes traballos sobre as estruturas dixestivas. Describiu as glándulas da mucosa do duodeno, que levan o seu nome (glándulas de Brunner), e do páncreas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor. Dominicano e doutor en Teoloxía, abandonou a súa orde no ano 1576 e viaxou por case toda Europa, en conflito constante cos calvinistas e cos católicos. Acusado de herexía, foi apresado pola Inquisición en Venecia en 1593 e, tras un longo proceso, morreu na fogueira. Influído polo neoplatonismo, o sensualismo, o panteísmo, certas prácticas máxicas e, sobre todo, pola filosofía de Nicolao de Cusa e a nova astronomía de Nicolao Copérnico, desenvolveu unha nova concepción do mundo que rebatía as teorías que o interpretaban como unha totalidade ordenada xerarquicamente, xirando ao redor dun centro fixo. Postulaba que o sistema solar formaba parte doutro máis amplo, este, á súa vez, doutro, e así ata o infinito. Este mundo infinito, no que todos os puntos son centro, non se identificaba simplemente cunha manifestación divina, como defendía Nicolao de Cusa, senón co propio Deus. Ao mesmo tempo, insistiu nunha nova concepción do home pola que, trascendéndose a si mesmo, expandíndose...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Santo fundador da orde dos cartuxos. Foi cóengo na catedral de Colonia e profesor na de Reims. Retirouse despois con outros seis compañeiros aos Alpes do Delfinado, fundando en Grenoble o mosteiro da Grand Chartreuse, casa matriz da súa orde. Fundou tamén a Cartuxa de Roma e da Calabria, onde rexeitou o arcebispado de Reggio Calabria. Na iconografía represéntase imberbe e coa cabeza rapada, vestido co hábito branco dos cartuxos, levando como atributos persoais, ás veces, unha estrela no peito (lembranza da visión estelar de santo Hugo, bispo de Grenoble, avisado por sete estrelas da chegada dos sete primeiros cartuxos), outras coa mitra aos seus pés (por rexeitar un bispado), unha caveira sobre a que medita, un crucifixo arborescente, unha ponla de oliveira, etc. Ás veces aparece tamén cun dedo nos beizos recomendando o silencio imposto pola regra. A súa festa celébrase o 6 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Profesor na Sorbonne e estudoso da evolución do francés, publicou, entre outras obras, Histoire de la langue française des origines à 1900 (Historia da lingua francesa dende as súas orixes ata o 1900) e La pensée et la langue (O pensamento e a lingua, 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama asinada en Coblenza o 25 de xullo de 1792 polo duque Carlos Guillerme Fernando de Brunswick, comandante do exército austro-prusiano, en nome das potencias coligadas. Este manifesto, que ameazaba coa destrución total de París se a familia real francesa padecía a mínima aldraxe, provocou o efecto contrario: o derrocamento da monarquía o 10 de agosto.
-
PERSOEIRO
Impresor e libreiro. Establecido en Barcelona, durante a invasión napoleónica editou a Gaceta Militar y Política del Principado de Cataluña. En 1814 concedéuselle a edición do Diario de Barcelona. En Palma de Mallorca publicou o Diario Mercantil de Palma. Introduciu industrialmente a litografía no estado español (1820).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador francés. Foi profesor de paleografía e arqueoloxía na Université de Bordeos. Publicou diversos traballos, entre os que salientan L’archéologie du Moyen Âge et ses méthodes (A arqueoloxía da Idade Media e os seus métodos, 1900) e Précis d’archéologie du Moyen Âge (Elementos de arqueoloxía medieval, 1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non ten educación ou cultura tanto nos seus ditos como nos seus feitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neurose caracterizada pola tendencia a facer rinchar os dentes.
-
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Foi editor do Evening Post, xornal de ideoloxía liberal, que dirixiu durante máis de cincuenta anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés. Pasou por unha etapa neoclásica, pero impregnada de elementos populares do seu país, que foi seguida doutra racionalista. Acabou cun estilo derivado do período anterior, romántico e naturalista. Colaborou con Alvar Aalto, especialmente nos pavillóns da exposición do sétimo centenario da cidade de Turku. Nesta cidade construíu a capela da Resurrección no cemiterio novo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Segunda Guerra Mundial na que se enfrontaron alemáns e soviéticos entre o 1 e o 20 de outubro de 1941. As forzas alemanas fixeron prisioneiros a máis de 200.000 soldados soviéticos.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ de Br’ansk, Rusia, á beira do río Desna (458.447 h [1995]). É un núcleo agrícola e industrial, encrucillada de estradas e ferrocarril. Fundada en 1146, foi principado independente durante o s XIII e a primeira metade do s XIV. Foi posesión do Gran Ducado de Lituania entre 1356 e 1503, data na que foi anexionada a Rusia. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos alemáns (1941-1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (34.900 km2; 1.451.100 h [estim 1999]). A capital é Br’ansk.
-
PERSOEIRO
Cantante, músico e letrista. Coñecido como Chico Buarque. Despois de residir en São Paulo trasladouse a Italia en 1954, onde comezou a compoñer as súas primeiras cancións. De volta ao Brasil, na década dos sesenta principiaron as súas actuacións e as colaboracións con expoñentes do tropicalismo como Caetano Veloso ou Gilberto Gil. En 1969 exiliouse a Italia para volver ao seu país un ano máis tarde. Da súa discografía destacan os títulos: Chico Buarque de Holanda (1966), Meus caros amigos (1976), Gota d’água (1977), Show 1º de Maio (1980), Almanaque (1981), Paratodos (1993) e Chico ao vivo (1999), entre outros. Na súa faceta literaria publicou as novelas Fazenda modelo (1973), Estorvo (1991), e o libro infantil Chapeuzinho amarelo (1979). Como actor participou nos filmes Garota de Ipanema (1967), Quando o carnaval chegar (1972) e O mandarim (1995).
VER O DETALLE DO TERMO