Buarque de Hollanda, Francisco
Cantante, músico e letrista. Coñecido como Chico Buarque. Despois de residir en São Paulo trasladouse a Italia en 1954, onde comezou a compoñer as súas primeiras cancións. De volta ao Brasil, na década dos sesenta principiaron as súas actuacións e as colaboracións con expoñentes do tropicalismo como Caetano Veloso ou Gilberto Gil. En 1969 exiliouse a Italia para volver ao seu país un ano máis tarde. Da súa discografía destacan os títulos: Chico Buarque de Holanda (1966), Meus caros amigos (1976), Gota d’água (1977), Show 1º de Maio (1980), Almanaque (1981), Paratodos (1993) e Chico ao vivo (1999), entre outros. Na súa faceta literaria publicou as novelas Fazenda modelo (1973), Estorvo (1991), e o libro infantil Chapeuzinho amarelo (1979). Como actor participou nos filmes Garota de Ipanema (1967), Quando o carnaval chegar (1972) e O mandarim (1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rio de Janeiro