"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico francés. De orientación occamista, está considerado como un dos representantes principais da Escola de París e un precursor da nova ciencia da natureza. Na cuestión do movemento dos corpos defendeu a doutrina do ímpeto. En moral foi un dos primeiros defensores do determinismo psicolóxico. Escribiu unhas Summulae logicae e unha serie de comentarios ou quaestiones a algúns libros de Aristóteles, especialmente á Metafísica. Pero coñéceselle sobre todo pola fábula filosófica do asno de Buridan, que se lle atribuíu falsamente; esta obra pretende ilustrar o paradoxo no que desemboca o problema do libre albedrío cando se reduce a unha liberdade de indiferencias e mostrar, por redución ao absurdo, a existencia da liberdade do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico inmunólogo australiano. En 1937 identificou o axente causante da febre de Queensland, a rickettsia Coxiella burneti. Desenvolveu a técnica para cultivar virus en embrións de polo e outra que permite identificar bacterias en función dos virus que as parasitan. Compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía do ano 1960 con P. B. Medawar polas súas contribucións ao estudo da tolerancia inmunolóxica, que permitiron realizar con éxito enxertos de pel, e tamén transplantes de órganos. É autor de numerosas obras de carácter médico, entre as que cómpre destacar Viruses and Man (Os virus e o home, 1953), Principles of Animal Virology (Principios de viroloxía animal, 1955), The Clonal Selection Theory of Acquired Immunity (A teoría da selección clonal de inmunidade adquirida, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Publicou, anonimamente, a novela de técnica epistolar Evelina (1778), e Cecilia (1782).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten pouca intelixencia e actúa sen malicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, situado na comarca de La Plana Baixa, no treito do litoral mediterráneo que recibe a denominación turística de Costa del Azahar (26.211 h [1996]). A estrutura económica do municipio está polarizada polas actividades agrícolas, por unha banda, e as hostaleiras, pola outra. Entre as primeiras destaca o cultivo dos cítricos, que pola súa tradición deu motivo para a creación na vila do Museu de la Taronja. Os servicios céntranse no aproveitamento turístico dos recursos naturais, especialmente a praia de El Arenal. Na súa orixe era unha vila musulmana, documentada xa no s IX, e foi conquistada no 1233 polo Rei Xaime I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e erudito. Investigou en diversos arquivos peninsulares, preferentemente no da catedral de Toledo. Escribiu Noticia da California y de su conquista temporal y espiritual (1758) e Tratado sobre la igualdad de pesos y medidas (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e orientalista inglés. Residiu na India entre 1842 e 1847. Fixo unha peregrinación á Meca en 1853 sobre a que escribiu Pilgrimage to Al-Medina and Meccah (Peregrinación á Medina e á Meca). Explorou a Costa de Ouro, Dahomey e Benin. Foi cónsul en Santos, Brasil (1865), Damasco (1869) e Trieste (1871). Tivo unha gran difusión a súa notable tradución de As mil e unha noites (1885-1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo e pertencente a Burundi ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Burundi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘buscar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Ordes, construída a finais do s XII e de estilo románico, aínda que o interior foi moi modificado. A ábsida é de planta rectangular e o arco triunfal é de medio punto. No exterior do testeiro hai unha fiestra, con dúas columnas de capiteis vexetais aínda que nun deles se representa unha cara humana, que remata nun festón de sete arquiños de ferradura dispostos arredor dun bocel. No oco da xanela consérvase unha curiosa imaxe pétrea de San Paio, dos primeiros anos do s XVIII, vestido ao xeito da época, coa palma do martirio e co coitelo co que foi degolado. Na fachada principal ábrese unha porta con estilizadas columnas e arquivolta lixeiramente apuntada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electrotécnico norteamericano. Durante a Primeira Guerra Mundial especializouse na detección de submarinos e, durante a Segunda Guerra Mundial, foi presidente da United State Office of Scientific Research and Development. Colaborou na elaboración da bomba atómica e construíu a primeira calculadora analóxica completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e compositor neerlandés. Foi músico da corte dos duques de Borgoña. Compuxo gran número de motetes e chansons, xénero no que sobresaíu, e foi un mestre no rondeau e na bergerette.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiero italiano coñecido co pseudónimo de Il Carmagnola. Comezou a súa carreira servindo ás ordes do rexente de Milán, Facino Cane, e pasou despois ás ordes do duque de Milán, Filipe Maria Visconti, de 1416 a 1423. Contribuíu a asegurar o seu dominio sobre o Milanesado e conquistou as cidades de Bérgamo, Brescia, Piacenza, Novara, Alexandría, Parma e Xénova. Recibiu de Filipe o condado de Castelnuovo. Logo dunha intriga cortesá, abandonou a corte de Milán e púxose ao servizo de Venecia en 1425. Acusado de traizón á República veneciana en favor de Milán, foi condenado a morte e decapitado. É o heroe dunha traxedia de Alessandro Manzoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Formada no conservatorio do Liceu de Barcelona, actuou no Gran Teatre del Liceu cun gran número de óperas e en concertos no Palau de la Música Catalana, así como noutras cidades europeas e asiáticas. Gañadora do Orphée d’Or pola súa actividade discográfica, dedicouse tamén ao ensino do canto. Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecario. Foi director da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e profesor de diplomática e paleografía na universidade compostelá. Realizou o Catálogo de la Biblioteca América de la Universidad de Santiago (1927-1929) e o Catálogo general alfabético de autores de la biblioteca del Doctor Lago (1929). Así mesmo, a partir de 1944, publicou os Catálogos de la Biblioteca Universitaria, que recollían toda a obra impresa na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela dende o s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo de emigrantes santanderinos, chegou a Vigo en 1921 pensionado polo goberno cubano. En 1922 realizou a súa primeira exposición en Vigo, posteriormente expuxo en España e Cuba. Foi fundamentalmente un paisaxista, nas súas obras empregou unha técnica tendente ao impresionismo. Retirouse da pintura en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Benedictino. Foi abade dos mosteiros de San Salvador de Lérez e San Martiño Pinario, e catedrático de Prima na Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu: Oracion funebre en las honras que a la Magestad Catholica de Don Philipe Quarto (1666) e Oracion panegyrica y evangelica a la Inmaculada Concepcion de María Santissima Señora Nuestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xamaicano. En 1938 fundou o Sindicato Industrial Bustamante e, en 1943, o conservador Partido Laborista de Xamaica. Foi ministro de Comunicacións de 1943 a 1953 e, durante o goberno autónomo, primeiro ministro entre 1953 e 1955; en 1962, trala independencia da illa, volveu ser primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Construída a finais do s XIII, conserva do primitivo templo románico o arco triunfal de medio punto, dobrado e lixeiramente apuntado, que descansa sobre dúas columnas que presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas e que rematan en bólas e en pequenas volutas. No exterior, no cumio do tellado, consérvase unha cruz de entrelazos xeométricos.

    VER O DETALLE DO TERMO