Busto, San Pedro de

Busto, San Pedro de

Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Construída a finais do s XIII, conserva do primitivo templo románico o arco triunfal de medio punto, dobrado e lixeiramente apuntado, que descansa sobre dúas columnas que presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas e que rematan en bólas e en pequenas volutas. No exterior, no cumio do tellado, consérvase unha cruz de entrelazos xeométricos.