Burriana
Burriana
Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, situado na comarca de La Plana Baixa, no treito do litoral mediterráneo que recibe a denominación turística de Costa del Azahar (26.211 h [1996]). A estrutura económica do municipio está polarizada polas actividades agrícolas, por unha banda, e as hostaleiras, pola outra. Entre as primeiras destaca o cultivo dos cítricos, que pola súa tradición deu motivo para a creación na vila do Museu de la Taronja. Os servicios céntranse no aproveitamento turístico dos recursos naturais, especialmente a praia de El Arenal. Na súa orixe era unha vila musulmana, documentada xa no s IX, e foi conquistada no 1233 polo Rei Xaime I.