"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • butiraldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica a repartir bombonas de butano polas vivendas.

    2. Barco especialmente acondicionado para transportar butano e outros gases licuados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcano presente no gas natural e no petróleo. Obtido como subproduto da refinación de petróleo ou da manufactura de bencinas naturais, está constituído polos seus dous isómeros n-butano CH3-CH2-CH2-CH3 e isobutano (CH3)2CHCH3 e é incoloro, moi inflamable, de olor feble e dun poder calorífico de 29.300 kcal/m3 a 15,5 °C. Expéndese, mesturado con propano, en bombonas como combustible de usos domésticos e industriais. Tamén se emprega en motores de explosión, por mor do seu elevado índice de octano. A súa presión de vapor é suficientemente baixa para poder ser transportado en estado líquido en envases metálicos. Engádeselle un produto que lle dá un cheiro que permite detectar posibles fugas. Utilízase tamén como materia prima na industria do caucho sintético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en 1957 para envasar e comercializar gas butano e propano. Estaba controlada polo Instituto Nacional de Hidrocarburos e a Corporación Española de Hidrocarburos ata 1987, data na que ambas as sociedades se fusionaron para crear Repsol Butano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o ácido n-butírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Foi profesor nas universidades de Göttingen, Danzig, Tübingen e Múnic. En 1936 foi nomeado director do Instituto Max Planck de bioquímica. Investigou as feromonas das bolboretas e conseguiu illar e identificar diversas hormonas sexuais humanas (foliculina, androsterona e proxesterona), investigando ademais as súas posibles propiedades carcinóxenas. En 1939 recibiu, xunto con Leopold Ružička, o Premio Nobel de Química, pero o goberno nazi prohibiulle aceptalo. En 1963 foi investido doutor honoris causa pola Universidad Complutense de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico ruso. Foi discípulo de Charles Wurtz, profesor de química orgánica en Kazan’. Definiu o concepto da estrutura química, o que permitiu chegar ao concepto de isomería. A aplicación destes principios levouno a descubrir os alcois terciarios. Traballou tamén sobre a determinación de pesos atómicos e complexos inorgánicos. Publicou a Introdution à l’étude complète de la chimie organique (Introdución ao estudo completo da química orgánica, 1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafa irlandesa, nacionalizada norteamericana. Foi profesora nas universidades de Louvain, Seattle, Glasgow, Clark e Lund. Formada nun momento de renovación, decantouse cara a un enfoque social e humanístico da xeografía. A súa obra máis coñecida é Society and milieu in the french Geographic Tradition (Sociedade e medio na tradición xeográfica francesa, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Agusan do Norte, na illa de Mindanao, Filipinas, situada na rexión de Mindanao Setentrional, ao O de Borneo (247.000 h [1995]). As exportacións de ábaca, copra e a explotación de minas de ouro son os seus principais recursos económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Val do Dubra baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do concello do Val do Dubra, que ostentou dende a súa constitución en 1836 ata 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo procedente do xenitivo do nome persoal Busianus, que xa funcionaba como cognome na época latina. Documéntase no s XIII: “Pelagius Didaci de Bugiam” (doc ano 1220 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 533).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten nada dentro.

    2. Termo das xerga dos telleiros e dos albaneis que corresponde á voz ‘auga’.

    3. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘augardente’.

    4. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘auga de colonia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. É profesor de escultura na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra sobre o tema do home erótico levouno a realizar diversas instalacións entre as que destacan: No silencio dos seus corazóns, composta de fotografía, luces e obxectos, en Getxoarte 90; Retablo, instalación con televisores vellos, formando o retablo dunha igrexa con fotografías e graffiti de simboloxía relixiosa; Cuartos escuros, intento de amosar os mundos privados a partir de trece caixas de madeira cunha mira pola que se observan imaxes pornográficas do mundo gay e lésbico. A súa traxectoria profesional combina a creación plástica co ensaio e a crítica artística sobre o fenómeno homosexual na arte contemporánea, feito que o levou a participar en congresos e a organizar na Universidade de Vigo o primeiro curso de estudios gays e lésbicos que deu lugar á publicación do libro (Con) Ciencia de un singular deseo (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘regueiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘mentireiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dumbría baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO