Buxán Bran, Xosé M.
Artista plástico. É profesor de escultura na facultade de Belas Artes de Pontevedra. A súa obra sobre o tema do home erótico levouno a realizar diversas instalacións entre as que destacan: No silencio dos seus corazóns, composta de fotografía, luces e obxectos, en Getxoarte 90; Retablo, instalación con televisores vellos, formando o retablo dunha igrexa con fotografías e graffiti de simboloxía relixiosa; Cuartos escuros, intento de amosar os mundos privados a partir de trece caixas de madeira cunha mira pola que se observan imaxes pornográficas do mundo gay e lésbico. A súa traxectoria profesional combina a creación plástica co ensaio e a crítica artística sobre o fenómeno homosexual na arte contemporánea, feito que o levou a participar en congresos e a organizar na Universidade de Vigo o primeiro curso de estudios gays e lésbicos que deu lugar á publicación do libro (Con) Ciencia de un singular deseo (1997).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Eibar