"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

    1. Canle de madeira pola que sae a auga dunha fonte.

    2. Canle de madeira que serve para traspasar a auga dende o rego ao campo que se ha de regar.

    3. Canle que se coloca na beira dos tellados para recoller a auga da chuvia que cae das tellas.

    4. Peza do muíño por onde baixa o millo dende a moega ata a moa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucos que fai o arado na terra.

    2. Cereais como a avea, o centeo, o trigo ou outros, que se sementan nas canles dos sucos para segar de verde e que sirvan de alimento forraxeiro para o gando.

    3. Cano de madeira por onde sae a auga da fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carreiro estreito entre montañas ou elevacións do terreo.

    2. Camiño moi estreito entre valos ou casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Herba ou arbusto do xénero Galium, da familia das rubiáceas, de ata 180 cm de lonxitude, de talo circular ou cuadrangular, as máis delas rubideiras ou rastreiras, con flores de corola tubular de catro lóbulos dispostas en panículas ou capítulos, e froito con dous mericarpos. En Galicia son comúns as especies: G. aparine, anual, de follas de ata 5 cm de lonxitude, dispostas en verticilos de ata 9 e con pequenas espiñas na marxe, flores brancas, froitos de ata 5 mm inzados de ganchiños, propia de bosques, matogueiras e camiños; G. broterianum, perenne, de follas de ata 3 cm de lonxitude dispostas en verticilos de catro, flores brancas e froitos glabros de ata 1,5 mm, propia de ambientes sombrizos que constitúe un endemismo ibérico occidental; G. mollugo, perenne, de follas de ata 25 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 8, flores brancas e froitos sen pelos de ata 2 mm, propia das beiras dos bosques e prados; G. palustre, perenne, de follas...

      2. carrapizo.

    1. Recipiente de barro no que se prepara a callada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil dos xéneros Chamaeleo e Brookesia, da familia dos camaleónidos, de corpo comprimido lateralmente e a cabeza, tetragonal, adornada cunha serie de cristas, pregaduras ou cornos. Os globos oculares, con capacidade para moverse de xeito independente, sobresaen aos lados da cabeza e poden proporcionar visión binocular. Aínda que o tamaño medio dos camaleóns oscila entre 15 e 30 cm, algunhas especies de Madagascar acadan os 80 cm. A pel é granulada, a cola prénsil, con capacidade para soportar o peso do corpo, e as extremidades son longas e finas, cos dedos dispostos a xeito de tenaces para aferrar as pólas. Capturan o alimento coa punta adhesiva da lingua, que poden proxectar a unha distancia superior á do corpo do animal. O tamaño da presa varía segundo o camaleón, e así as especies de menor porte aliméntanse fundamentalmente de insectos mentres que as maiores poden capturar réptiles, aves e mamíferos pequenos. Son ovíparos e depositan, normalmente, ata 30 ovos ocultos...

    2. Persoa que cambia de opinión ou actitude para adoptar, segundo as ocasións, a máis vantaxosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada ao S de Carena e ao O da Ave do Paraíso. Foi introducida na Uranometria de J. Bayer en 1603.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao camaleón.

    2. Referido ao que muda de opinión ou de actitude para adoptar, segundo as ocasións, aquela máis vantaxosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camaleónidos.

    2. Réptil da familia dos camaleónidos.

    3. Familia de réptiles á que pertencen os camaleóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moverse alguén ou algo dun lado a outro coma se fose caer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cambalear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación teatral ambulante, característica dos Séculos de Ouro casteláns, formada por cinco homes e unha muller, que representaba un repertorio limitado, composto por comedias, autos e entremeses, segundo recolle Agustín de Rojas na súa obra Viaje entretenido (1603).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e presentadora. Diplomada en maxisterio, formou parte do grupo de teatro Migallas, co que representou obras como O cantante e as mulleres de Carlos Yus (1992). Participou na montaxe de A lagarada do Centro Dramático Galego (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na rexión da Tracia (1.585 km2; 60.300 h [1990]). A capital é Çanakkale (53.900 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón que se caracteriza, como todos os caniculados, por un punto característico e moi marcado, que se obtén mediante diferencias de grosor entre os fíos de urdime e de trama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político liberal. Doutor en Dereito e Filosofía e Letras, dende moi novo dedicouse ao xornalismo político: fundou El Demócrata e dirixiu El Heraldo de Madrid. Vinculado ao partido republicano, pasou máis tarde ao partido liberal. Deputado desde 1881, ocupou a subsecretaría da presidencia do goberno de Posada Herrera (1883) e foi ministro con Sagasta, etapa na que se encargou das carteiras de Fomento, Gracia e Xustiza, Facenda e Agricultura. En 1903 apoiou a Uxío Montero Ríos na loita entre faccións que se abriu no partido para suceder a Sagasta. Foi presidente do Congreso de los Diputados (1905-1906) e presidente do Consello de Ministros (1910-1912). Recoñeceu a necesidade de negociar cos representantes do movemento obreiro e elaborou diversas leis de protección social sobre xornadas máximas de traballo, sobre o emprego das mulleres, os contratos de aprendizaxe, etc. Intentou reducir o papel político do exército. Trala súa morte, víctima dun atentado perpetrado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Carlos II o 12 de outubro de 1675 a Gabriel Menéndez de Avilés y Porres, adiantado de Florida, cabaleiro e comendador da orde de Alcántara, do Consello e Cámara do Rei e do Consello Real de Indias, e posuidor do morgado da casa de Avilés. A décima condesa de Canalejas casou en 1816 con Juan Antonio de Armada e Ibáñez de Mondragón, sexto marqués de Santa Cruz de Ribadulla, pasando así o título a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título concedido por Real Decreto o 23 de novembro de 1913 a María Purificación Fernández Cadenas, nada en Valladolid e viúva de Xosé Canalejas. O título foi herdado polos seus fillos María Asunción e José, morto en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Retirouse da carreira militar co grao de tenente de intendencia en 1929. Fundou en 1933 a Falange Española da Coruña. En abril de 1936 fuxiu da cidade herculina e trasladouse a Madrid onde participou na reunión de mandos rexionais da Falange. Foi detido polas autoridades republicanas, xulgado e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO