"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Xénero de cans fósiles, da familia dos cánidos, que presentaban dentes cónicos e robustos. Eran escavadores e alimentábanse de prea. Viviron durante o Mioceno tardío e extinguíronse durante o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Con doce anos incorpórase á canteira do Real Club Celta de Vigo co que na temporada de 1996/97 asina un contrato na categoría de cadete. Despois de catro temporadas co Real Club Celta B nas divisións de Terceira e Segunda B, ascende ao primeiro equipo, debutando na Primeira contra o Valencia. En marzo de 2006 debuta na Liga de Campións ante o Arsenal inglés e coa selección española durante a fase de clasificación para a Eurocopa de 2008. Na temporada 2007/08 xogou cedido no Birmingham City, na Premier League pero o contrato foi rescindido e volveu ao Celta antes de finalizar a temporada onde segue xogando e exercendo as labores de capitán. No ano 2006 finalizou a carreira de Empresariais na Universidade de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (137.647 h [2000]). Posúe industrias químicas, metalúrxicas, de plásticos, téxtiles e electrónicas. Do seu patrimonio destaca a catedral, con cripta románica dos ss XI-XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización obreira, desenvolvida a partir de 1944, de carácter reformista e nacionalista. Tiña o obxectivo de atraer membros da CNT e lexitimar os novos sindicatos verticais. Naceu coa promesa de poder actuar cunha relativa independencia da Central Nacional Sindicalista (CNS). A detención de 60 militantes en Catalunya, València, Madrid e Galicia precedeu á súa disolución en 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Doutorouse en Filosofía e Filoloxía pola Universidade de Moscova. Influído por R. M. Rilke, os seus primeiros poemas teñen un marcado carácter simbolista, como os publicados en Bliznec v tucakh (Un xemelgo nas nubes, 1914), Poverkh bar’erov (Máis alá das barreiras, 1917) e Sestra moja zizn (Miña irmá, a vida, 1922). As obras posteriores caracterízanse pola visión individual da realidade, a complexidade das imaxes e o refinamento da linguaxe, como Lejtenant Schmidt (O tenente Schmidt, 1926), Dev’at’sot p’atyj god (O ano 1905, 1927) e Vtoroje rozdenije (O segundo nacemento, 1932). En 1956 publicou Doktor Zhivago, retrato dos anos da guerra e da revolución. Como tradutor, realizou versións dalgunhas traxedias de Shakespeare, do Faust: Eine Tragödie de Goethe e de obras de poetas xeorxianos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 17’ de latitude N e 8° 31’ 40” de lonxitude O. Limita ao N con Fornelos de Montes e Soutomaior (ambos os dous da comarca de Vigo), ao L con Fornelos de Montes e Mondariz (comarca do Condado), ao S con Ponteareas (comarca do Condado) e Mos (comarca de Vigo) e ao O con Redondela (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 50 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.145 h (2007), distribuída nas parroquias de Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras. A súa capital está no lugar de Pazos, na parroquia do mesmo nome, a 89 km de Santiago de Compostela e a 28 km de Pontevedra. Está adscrito, á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Redondela.
    Xeografía física
    O concello localízase no bloque litoral, entre a Dorsal Occidental Galega e a Depresión Meridiana. Está situado nun contexto litolóxico dominado polas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ataque súbito da aviación e da frota xaponesa o 7 de decembro de 1941 sobre a base naval estadounidense homónima, situada na illa de Oahu (Hawaii). Pretendía destruír as forzas navais estadounidense no Océano Pacífico, pero só se conseguiron algunhas perdas graves, pero non decisivas. Este ataque provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarandós (Abegondo). Ten planta en U, con muros de cantaría e cachotaría, e dúas alturas, aínda que nun lateral sobresae unha máis, coma se fose unha torre. Destaca o escudo de armas (s XVI), que a relaciona cos Figueroa e cos Reimóndez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia da Allonca (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 767 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe o anión [B 2 (O 2 ) 2 (OH) 4 ] 2- , que se obtén por tratamento de boratos con peróxidos de hidróxeno.

    2. Sólido moderadamente soluble en auga que se descompón liberando peróxido de hidróxeno e que se obtén por reacción do ácido bórico con peróxido sódico. Emprégase como axente branqueante, como xermicida, como desodorizante e en odontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi discípulo de Joaquim Sorolla e cultivou o retrato, a paisaxe urbana e mariñeira e a composición figurativa. A sobriedade das súas escenas contrasta co seu folclorismo. Utilizou o trazo amplo, con pinceladas directas e enérxicas e con grande interese pola luz e a cor. Recibiu a mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1904, 1906 e 1908. Da súa produción destaca Las dos hermanas (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado 120 km ao N de Londres (344 km2; 156.061 h [2001]). O río Nen comunícao co mar mediante embarcacións de pouco calado. A súa economía baséase nas industrias siderúrxicas, de maquinaria, de conservas e de ladrillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Mordaunt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarandós (Abegondo). Construíuse con muros de cantaría e ten planta en forma U, formada por dúas torres unidas a un corpo central. Presenta varias alturas e destaca o escudo da fachada principal. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boris Andréievich Vogau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presentador. Licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, abandonou o seu labor como pedagogo para presentar o programa Supermartes, que converteu nun clásico da Televisión de Galicia con máis de 12 anos de emisión. Ao longo deste período tamén presentou diversos programas na Radio Galega, como “En directo Superpiñeiro” e “Cita con Superpiñeiro”, e gravou algúns discos. Recibiu o Premio Galego do Ano (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de novelas de exaltación patriótica, a súa obra principal Povest o nastojaščem čeloveke (Novela dun home auténtico, 1946) recibiu o Premio Stalin 1947, galardón que volveu gañar en 1949 con My sovetskije l’udi (Nós, os soviéticos, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos falcónidos, ao que pertence o caracará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político, conde de Toreno, fillo de José María Queipo de Llano y Ruiz de Saraiva. Fundou o diario antirrepublicano El Tiempo e, coa Restauración, foi alcalde de Madrid (1874). Foi ministro de Fomento (1875-1879), de Estado (1879-1880), presidente do Congreso de los Diputados (1880 e 1884) e gobernador civil de Madrid (1884). Presidiu a Sociedad Geográfica e foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Polonia, situada a ambas beiras do Oder, preto da fronteira coa República Checa (62.800 h [1989]). Centro da dinastía dos Piast no s XII, tivo duques propios entre 1281 e 1532, e despois pertenceu sucesivamente a Austria e Prusia.

    VER O DETALLE DO TERMO