"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
-
de marcar.
-
Que se percibe de maneira clara.
-
Aplícase a unha unidade lingüística que presenta unha particularidade que se opón ás outras unidades da mesma natureza dentro dunha mesma lingua. OBS: Oponse ao que se considera neutro ou non marcado.
-
-
-
Que ou quen serve para marcar.
-
Taboleiro en que se marcan os tantos dun equipo ou xogador nunha competición.
-
Xogador que se encarga de marcar o adversario.
-
Xene ou sección de ADN, de localización física coñecida sobre un cromosoma, a herdanza do que pode ser seguida, o que fai que se empregue para a identificación de segmentos cromosómicos. Os marcadores xenéticos contribúen á identificación e localización dos xenes responsables de determinadas enfermidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Secuencia de eventos tal que, a probabilidade do resultado dun evento depende só do resultado do evento anterior.
-
-
Forma de organización social que dá a máxima importancia política e xurídica á muller. A existencia do matriarcado estivo sostida polos teóricos do evolucionismo do s XIX, que presupoñían que nas sociedades en que os lazos xenealóxicos seguían a liñaxe materna (matrilineal), e a autoridade, o dereito e a riqueza estaban nas mans das mulleres. Segundo esta teoría, no matriarcado os homes estaban sometidos ás mulleres, quen polo descubrimento dos medios para obter os produtos vexetais da terra debían conseguir unha posición de privilexio sobre estes.
-
Preponderancia feminina nunha organización social e familiar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que se dá co mazuco.
-
-
DUCADOS
Título señorial concedido en Castela (1479) a Luis de la Cerda y de la Vega (morto en 1501), V conde de Medinaceli, primeiro conde do Puerto de Santa María e señor de Cogolludo, que serviu os Reis Católicos nas guerras de Portugal e Granada. O IX duque, Luis Francisco de la Cerda y de Aragón-Folc de Cardona-Córdoba , duque de Cardona e de Soborg, foi vicerrei de Nápoles (1695-1702) e primeiro ministro de Filipe V. Ao morrer sen fillos, todos os seus títulos e posesións pasaron aos Fernández de Córdoba, duques de Feria. En 1520 foi anexada ao ducado a grandeza de España. O condado de Medinaceli concedérase en 1368 a Bernardo de Bearn (morto cara a 1381), fillo do conde Gastón III de Foix. O seu neto, e terceiro conde, Luis de la Cerda y de Mendoza (morto en 1447), foi avó do primeiro duque de Medinaceli. Desde 1956 a XVIII duquesa de Medinaceli é Victoria Eugenia Fernández de Córdoba y Fernández de...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da illa de Menorca, Illes Balears, situado no sector central da illa (2.572 h [1996]). Son moi importantes os rabaños de gando bovino. A industria é derivada das actividades primarias, e destacan as alimentarias e de reparación de material agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Seguiu as premisas da arte borgoñoa, cun estilo que desenvolveu en Sevilla entre 1454 e 1467. A súa obra é de transición ao Renacemento. Realizou a estatua xacente do cardeal Juan de Cervantes, na capela de San Hermenegildo da catedral de Sevilla, e a maior parte da decoración das portas da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Zingarelli, foi director do Conservatorio de Nápoles (1840-1870) e unha figura de transición entre Rossini e Verdi. Compuxo música sacra, fantasías para orquestra e óperas, das que destacan Elisa e Claudio (1821), I Normanni a Parigi (1832), Leonora (1844) e Virginia (1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Espía, fillo de Caridad de Río Hernández. Foi axente do Narodnij Komissariat Vnutrennikh Del (NKVD), baixo o nome de Jacques Mornard, e conseguiu gañar a confianza de Lev Trockij, a quen asasinou en México o 20 de agosto de 1940. Foi xulgado e condenado a 20 anos de reclusión. Ao liberalo en 1960, residiu en URSS e posteriormente en Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caridad del Río Hernández.
-
PERSOEIRO
Actriz. Interpretou sempre papeis cheos de humanidade e sensibilidade. Desde 1939 fixou a súa residencia en Italia, casou con Vittorio de Sica e participou en diversos filmes dirixidos por el, como Un garibaldino al convento (1942). Da súa filmografía destacan Il re si diverte (1941), Il cavaliere misterioso (1948), Giovannino (1976) e Il conte Max (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Reunión de mercadores nun lugar público co propósito de efectuar o intercambio comercial. Desde os tempos máis antigos, a progresiva división social do traballo deu lugar á celebración de reunións de mercadores cunha certa periodicidade, normalmente semanal, co fin de ofrecer os seus produtos. Desde o Imperio Romano, o desenvolvemento dos mercados obrigou á intervención do estado ou doutros organismos públicos para evitar así os abusos nos pesos e medidas empregadas. Coa decadencia do Imperio Romano e o proceso de feudalización que experimentou Europa Occidental desde as invasións ata o s XI, os trocos experimentaron un retroceso, aínda que a escala local non desapareceron nunca. Este foi o fenómeno que se deu nos reinos cristiáns da Península Ibérica onde, desde os ss IX e X, se desenvolveron mercados locais que se expandiron a partir dos ss XI e XII grazas ao avance da colonización interior e ao contacto co mundo musulmán, onde os intercambios mercantís eran moi frecuentes e regulares....
-
-
Lugar público onde se fan as transaccións comerciais. Anteriormente ao s XIX, servía de mercado a vía pública e normalmente centrábase nunha praza grande. As necesidades da nova cidade industrial levaron, a mediados do s XIX, á creación de novas tipoloxías construtivas.
-
Lugar público destinado á venda de produtos alimentarios.
-
-
-
Conxunto de actividades de compra e venda de mercadorías levada a cabo por dúas categorías de suxeitos económicos, os demandantes e os oferentes. O que caracteriza a existencia dun mercado é o proceso ou a forma máis que o obxecto de intercambio. O mercado aparecen como o mecanismo fundamental de intercambio cando a división do traballo e a especialización entre produtos independentes se estenden. O modo de produción mercantil por excelencia é o de produción capitalista que se caracteriza polo máximo desenvolvemento dunha división do traballo entre produtos independentes. Segundo os autores que non aceptan o concepto de modo de produción capitalista, as formacións sociais capitalistas se denominan economías de mercado por oposición ás economías planificadas, que comprenden o que habitualmente se designa co nome de economías socialistas ou formacións sociais en transición cara ao socialismo. O mercado ten como función principal facer compatibles as condutas dos oferentes...
-
mercado aberto
Mercado de crédito en que non intervén o elemento de solvencia persoal, senón o valor obxectivo dos títulos. A bolsa de valores é o típico mercado aberto. As denominadas operacións de mercado aberto son un importante instrumento de política económica que teñen como finalidade controlar a cantidade de diñeiro que existe no país.
-
mercado bolsista continuo
Tipo de mercado de valores en que se introducen as ordes de compra e venda no sistema informático durante a xornada bolsista e permite realizar o cruzamento de operacións entre as distintas bolsas de valores de forma sincronizada.
-
mercado de crédito
Organización institucional formada por todas as operacións de crédito. Distínguense dous tipos básicos de mercados de crédito de acordo co período de duración dos créditos: o mercado de diñeiro, formado polos préstamos bancarios a curto prazo en que se establece o tipo de desconto como o prezo do diñeiro, e o mercado de capitais, composto polos créditos a longo prazo.
-
mercado de futuros
Mercado en que se fan transaccións cos contratos de compra e venda, nunha data de futuro e a un prezo especificado. Pode ser de materias primas, mercado de futuro de mercadorías, e de divisas ou títulos bolsarios, mercado de futuros financeiros. A súa finalidade é protexer os compradores e os vendedores das flutuacións imprevistas no prezo dunha mercadoría, e aos inversores das flutuacións nos tipos de xuros ou nas cotizacións de divisas e valores.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico internacional creado polo Tratado de Managua de 1960. O seu obxectivo principal é a formación dunha unión aduaneira común. O tratado está subscrito por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Nicaragua e Honduras. Panamá actúa como país asociado. En 1993 asinouse un tratado de ratificación e fixouse como obxectivo o incremento do libre mercado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo subrexional de integración de carácter intergobernamental firmado por Arxentina, Brasil, Paraguay e Uruguay para a constitución dun mercado común. Naceu do Tratado de Asunción o 26 de marzo de 1991 e tivo como principal obxectivo aumentar o grao de eficiencia das economías involucradas ampliando as actuais dimensións dos seus mercados e acelerando o seu desenvolvemento económico mediante o aproveitamento eficaz dos recursos dispoñibles, a preservación do medio natural, o melloramento das comunicacións, a coordinación das políticas macroeconómicas e a complementación dos diferentes sectores das súas economías. O Tratado de Asunción foi un acordo con vocación rexional, pois quedou aberto á adhesión dos demais estados membros da ALADI e un acordo de integración económica, xa que estableceu un programa de liberación comercial, a coordinación de políticas macroeconómicas e un arancel externo común, así como outros instrumentos da regulación do comercio. No cumio de presidentes de Ouro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización económica internacional creada polo tratado de Chaguaramas de 4 de xullo de 1973 que substituíu á antiga Asociación de Libre Cambio do Caribe (CARIFTA). A súa finalidade é a creación dun mercado común entre os estados insulares do Caribe que foron antigas colonias británicas. Está integrado por quince membros plenos e cinco membros asociados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade Económica Europea.