matriarcado

matriarcado

(< matriarca)

  1. s m [SOCIOL]

    Forma de organización social que dá a máxima importancia política e xurídica á muller. A existencia do matriarcado estivo sostida polos teóricos do evolucionismo do s XIX, que presupoñían que nas sociedades en que os lazos xenealóxicos seguían a liñaxe materna (matrilineal), e a autoridade, o dereito e a riqueza estaban nas mans das mulleres. Segundo esta teoría, no matriarcado os homes estaban sometidos ás mulleres, quen polo descubrimento dos medios para obter os produtos vexetais da terra debían conseguir unha posición de privilexio sobre estes.

  2. s m

    Preponderancia feminina nunha organización social e familiar.

Palabras veciñas

matraz | matres* | matriarca | matriarcado | matriarcal | Matricaria | matricial