matraz

matraz

(< fr matras)

  1. [QUÍM]
    1. matraz de destilación

      Matraz que no medio do colo ten unha tubuladura inclinada cara a abaixo, por onde se une o refrixerante ao efectuar unha destilación.

    2. matraz de Kitasato/de filtración

      Matraz con forma cónica, de fondo plano e paredes grosas, cunha tubuladura lateral preto do colo, onde se conecta unha liña de baleiro. Emprégase para recoller o filtrado nunha filtración con sución.

    3. matraz de Kjeldahl

      Matraz con forma de pera, de fondo redondo e colo amplo e longo. Emprégase para efectuar dixestións e mineralizacións de substancias.

    4. s m

      Recipiente de forma esférica ou troncocónica, de fondo redondo ou plano, cunha ou máis bocas de colo longo ou curto, estreito ou amplo, e xeralmente de vidro, que ten distintos usos no laboratorio.

      Confrontacións: retorta.
    5. matraz aforado

      Matraz de forma esférica ou de pera, de fondo plano cunha marca gravada no colo, que corresponde ao volume exacto do matraz. Emprégase sobre todo para preparar solucións de concentración coñecida.

    6. matraz de Claison

      Matraz de destilación de dúas bocas en que a tubuladura está no colo lateral (onde se coloca o termómetro), que xorde paralelamente do colo principal.

  2. s m [HIST/BÉL]

    Arma que consiste nunha barra longa, acabada cunha cabeza cilíndrica ou cuadrangular, que se lanzaba con besta na Idade Media.

Palabras veciñas

Matos, Pedro de | Matosinhos | Mátra | matraz | matres* | matriarca | matriarcado