"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

    1. Acción e efecto de predeterminar.

    2. Presciencia e decisión previa, por parte de Deus, de concorrer na realización dos feitos que integran o proceso do mundo e da historia e, máis particularmente, dos actos libres do home mediante os que este decide a súa salvación ou condena. Interpretouse de diversas maneiras na escolástica, tanto a partir dunha presciencia ou dunha ciencia mediana, como a partir dunha premonición física ou dun concurso simultáneo. Con todo, non deixa resoltos os problemas da liberdade do home e da última responsabilidade deste na decisión do seu propio destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen predetermina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer ou determinar algo por adiantado.

    2. Determinar Deus por adiantado no acto da predeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que establece a predeterminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao predeterminismo.

    2. Seguidor do predeterminismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedal do tear para baixar e subir os fíos e así crear o tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Xeito particular de proceder ou de actuar para conseguir un resultado.

      2. Método práctico de fabricación dun produto, de obtención dunha substancia ou de construción dun obxecto.

      1. Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos con vistas á consecución dun fin.

      2. Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal. Nun proceso civil, a actuación da xustiza está motivada polas partes e nun proceso penal realízase ex officio por iniciativa do tribunal. O procedemento pode manifestarse oralmente ou por escrito.

      3. procedemento administrativo

        Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público. Constitúe tamén unha garantía para o administrado, xa que comporta que a actuación administrativa se realiza a través duns actos formais legalmente predeterminados.

      4. procedemento contencioso-administrativo

        Proceso que se segue ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da Administración Pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.

      5. procedemento de constrinximento administrativo

        Procedemento de execución forzosa seguido pola autoridade administrativa para o cobro de impostos, de contribucións ou de calquera obriga pecuniaria. Consiste no embargo de bens e na súa ulterior poxa pública.

      6. procedemento económico-administrativo

        Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributarias. Ante as resolucións dos órganos especiais que xestionan estas materias pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orixe ou lugar de onde procede algo ou alguén.

    2. Calidade do que se axusta á razón, á xustiza ou ás normas.

    3. Fundamento legal e oportunidade dunha demanda, dun recurso ou dunha petición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que procede dunha determinada persoa, cousa ou lugar.

    2. Que é conforme a razón, a dereito ou a unha norma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter algo ou alguén a súa orixe ou principio no que se expresa.

      1. Facer algo dunha maneira determinada.

      2. Pasar a realizar ordenadamente aquilo que se propón.

    2. Ser algo conveniente, apropiado ou xustificado.

    3. Actuar nun xuízo ou proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maneira de actuar ou facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensino preparatorio para o estudo dunha ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á propedéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor. Membro do grupo poético Cravo Fondo e cofundador do PEN Club de Galicia, colabora en diversas publicacións periódicas, como o Boletín Galego de Literatura, Dorna e Follas Secas con artigos sobre temas literarios e lingüísticos. Na súa obra poética, en que a paisaxe galega é un dos elementos centrais, abundan os trazos intimistas e pesimistas, xunto con algúns elementos eróticos. Publicou os poemarios Xuntos cara ao mañán (1969), Sangue na paisaxe (1980, Premio Manuel Antonio), No aló de nós (1981, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar Janeiro; Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993, XIII Premio Esquío) e Os dedos dos loureiros (2000); no apartado de literatura infantil, tamén con H. Villar, Contos de nós e da xente (1975) e O libro de María (1984); as novelas Morrer en Vilaquinte (1980, Premio Galicia), en colaboración con H. Villar; Branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión dos nobres polacos, dirixida polo príncipe K. S. Radziwiéé, gobernador de Lituania, que se formou na cidade de Radom en 1767. O seu obxectivo era manter os seus privilexios fronte aos dos non católicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Útil prehistórico lítico construído con lascas de pedra co fío retocado. Empregouse para raer, rapar ou rascar diversos materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Foi comandante da Mariña (1935) e grande almirante do Terceiro Reich (1939). Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) dirixiu a Campaña de Noruega (1940), pero foi substituído polo almirante K. Dönitz (1943) por discrepancias con Hitler. Condenado a cadea perpetua por crimes de guerra no Proceso de Nuremberg (1945-1946), foi finalmente liberado en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Ocupouse sobre todo dos problemas relativos ao fomento dos sistemas morais e escribiu, entre outras obras, Essai sur le fondement métaphysique de la morale (1890), L’expériencie morale (1903) e Études de morale (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recaída leve nunha doenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello de pesca constituído por un tecido de fíos atados formando unha retícula cadrada ou romboidal, chamada malla, cunhas medidas que impiden que os peixes fuxan. As medidas mínimas das mallas están determinadas por regulamentacións.

      1. Tecido de distintos tamaños e materiais, entrelazados de xeito que deixan buratos entre eles.

      2. Tecido de malla, colocado no medio do campo de xogo dalgúns deportes, sobre o que se ten que pasar a pelota.

      3. Tecido de malla accesorio dalgúns elementos do xogo, como o que delimita o espazo interior dunha portaría ou o que, xunto co aro, constitúe a cesta do baloncesto.

      4. Malla de corda que cubre a envoltura dun globo ou aeróstato, distribúe a carga pola súa superficie e suxeita o habitáculo.

      5. Estrutura que está formada por fibras ou filamentos entrelazados entre si.

      1. Conxunto de medios ramificados que serven para comunicar, ligar ou distribuír.

      2. Conxunto das liñas de ferrocarril que pertencen a unha mesma compañía ou administración, ou que corresponden a unha nación, estado ou rexión.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO