rede
(< lat rete)
-
s
f
[PESCA]
Aparello de pesca constituído por un tecido de fíos atados formando unha retícula cadrada ou romboidal, chamada malla, cunhas medidas que impiden que os peixes fuxan. As medidas mínimas das mallas están determinadas por regulamentacións.
-
-
Tecido de distintos tamaños e materiais, entrelazados de xeito que deixan buratos entre eles.
-
[DEP]
Tecido de malla, colocado no medio do campo de xogo dalgúns deportes, sobre o que se ten que pasar a pelota.
-
[DEP]
Tecido de malla accesorio dalgúns elementos do xogo, como o que delimita o espazo interior dunha portaría ou o que, xunto co aro, constitúe a cesta do baloncesto.
-
[AERON]
Malla de corda que cubre a envoltura dun globo ou aeróstato, distribúe a carga pola súa superficie e suxeita o habitáculo.
-
s
f
[BIOL]
Estrutura que está formada por fibras ou filamentos entrelazados entre si.
-
-
-
s
f
Conxunto de medios ramificados que serven para comunicar, ligar ou distribuír.
-
s
f
[TRANSP]
Conxunto das liñas de ferrocarril que pertencen a unha mesma compañía ou administración, ou que corresponden a unha nación, estado ou rexión.
-
s
f
[TECNOL]
Conxunto constituído por un determinado número de aparatos autónomos, de natureza mecánica, eléctrica ou acústica, e os circuítos que os unen.
-
rede de distribución
[ENX]
Sistema de canalizacións para a condución e o abastecemento de gas ou electricidade ao usuario.
-
rede de drenaxe
[XEOG]
Conxunto de cursos de auga que drenan unha área determinada.
-
rede de sumidoiros
Conxunto dos sumidoiros dunha localidade.
-
rede local
[INFORM]
Rede informática que permite a conexión sen liñas telefónicas de varios ordenadores e terminais da rede pública. OBS: Tamén se coñece como Local Area Network (LAN).
-
rede meteorolóxica
[METEOR]
Conxunto de estacións distribuídas xeograficamente nunha rexión ou un país, destinadas a proporcionarlle información meteorolóxica a un servizo central.
-
rede primitiva
[FÍS]
Funcións vectorial, representada pola letra P , que se emprega para expresar matematicamente a rede en que se fundamenta un edificio cristalino. Vén dada pola expresión P = m a + n b + p c , onde m, n, p son números enteiros, e a , b e c vectores fundamentais, elixidos como eixes de coordenadas, que se toman como unidades de lonxitudes correspondentes á propia dirección.
-
rede telefónica
[COMUN]
Conxunto de todas as instalacións destinadas á prestación do servizo telefónico. Comprende as liñas de abonado, as centrais de conmutación, os circuítos e enlaces de interconexión e os sistemas de transmisión.
-
rede telegráfica
[COMUN]
Conxunto de liñas que conflúen nunha mesma central telegráfica.
-
rede viaria/de estradas
[ENX]
Conxunto das vías de circulación destinadas a articular o transporte terrestre nunha zona xeográfica determinada.
-
s
f
-
s
f
Grupo de persoas organizadas para levar a cabo algunha acción, xeralmente secreta ou ilegal.
-
s
f
Engano para atraer a alguén.
-
s
f
Bolsa de malla que se pon na cabeza para suxeitar os cabelos.
-
s
f
[MAT]
Aplicación dun conxunto dirixido nun conxunto calquera, sendo un conxunto dirixido un conxunto ordenado segundo unha relación reflexiva, transitiva e filtrante superiormente.
-
s
f
[XEOL]
Ordenación regular dos puntos no espazo nun cristal. Estes puntos son nós espaciais, é dicir, xeitos de distribuírse os puntos no espazo. En 1805 A. Bravais demostrou que existen catorce tipos de ordenación regular, que reciben o nome de redes de Bravais, que están agrupadas nos diferentes sistemas cristalinos.
-
s
f
Termo da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que corresponde á voz ‘criba’.
-
rede de difracción
[FÍS]
Superficie transparente (plana) ou reflectora (plana ou cóncava) onde se gravan unha serie de estrías rectilíneas, idénticas, paralelas e equidistantes, que xeralmente se emprega como sistema dispersor de radiación policromática. Segundo sexa a súa superficie, fálase de rede plana ou de rede cóncava, segundo onde se graven as estrías fálase de rede transmisora (sobre unha superficie transparente plana) ou de rede reflectora (sobre unha superficie metálica plana ou cóncava), ou mesmo as estrías poden ser as franxas dunha imaxe holográfica impresionada sobre un material sensible (rede holográfica). As redes de difracción utilízanse no espectrómetro.
-
rede hidrográfica
[XEOG]
Conxunto de cursos de auga no que se inclúen os ríos, os seus afluentes e os tributarios destes.
-
rede xeodésica
[XEOG]
Conxunto de puntos dunha superficie xeográfica, medidos con precisión mediante triangulación, e escollidos de xeito que constitúen os vértices dunha rede cuadrangular. Materialízase por sinais e fitos situados en puntos característicos que poden identificarse con facilidade e determinar as coordenadas xeográficas con gran precisión.
-
rede xeográfica
[XEOG]
Rede formada polos meridianos e paralelos terrestres.