Rede Natura 2000
Rede ecolóxica europea constituída a partir dos lugares declarados como zonas de especial conservación (ZEC) e zonas de especial conservación para as aves silvestres (ZEPAs). Xurdiu a partir da Directiva Hábitat coa intención de aplicar os criterios de sostemento ao mantemento e conservación do medio natural. Baséase no progresivo incremento de especies animais e vexetais en desaparición e de espazos naturais do territorio europeo en grave deterioro, causados polo progresivo abandono das actividades agrícolas tradicionais, a contaminación ou a destrución física pola súa urbanización ou industrialización. En Galicia está constituída por 14 ZEPAs e por 59 espazos incluídos na proposta de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), dos que 55 están incluídos na lista de LICs da rexión bioxeográfica atlántica aprobada en 2004.