"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Canón aberto pola erosión do río Colorado, situado no estado de Colorado, EE UU. Ten uns 350 km de lonxitude, entre 6 e 29 km de ancho e 1,2 km de profundidade. A súa formación débese á escavación producida polo leito do río Colorado e a unha elevación da meseta homónima. En todo o canón as rochas deformáronse por pregamentos e fallas, o que contribuíu a unha rápida erosión da garganta. Unha parte do canón, xunto coas mesetas de ambos os lados, constitúen desde 1919 o Parque Nacional do Gran Canón que recibe varios millóns de visitantes ao ano, procedentes fundamentalmente do propio país. O clima é moi rigoroso, con calor e frío moi extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe comedias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1951 coa finalidade de axudar os emigrantes de todo o mundo, sobre todo europeos, que quixeran establecerse en territorios de densidade demográfica escasa (Australia e Canadá) ou con falta de persoal técnico cualificado (América Latina). Axuda tamén ao restablecemento de refuxiados en lugares de asilo permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igrexa da Universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución sen ánimo de lucro creada no ano 1993 a instancias da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de establecer unha rede universitaria que buscase a preservación do patrimonio histórico e cultural do Camiño de Santiago a través do fortalecemento da comunicación entre as universidades do grupo, o estudo de cuestións europeas e o fomento da mobilidade, para mellorar o coñecemento das culturas e linguas europeas. Constituída por 57 universidades europeas estreitamente relacionadas co Camiño e nas que están representados países como Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, o Reino Unido, a República Checa, Rusia, Suecia e Suíza. Os estatutos e o regulamento foron elaborados e aprobados en setembro do ano 1994 por unha comisión xestora integrada por representantes das universidades de Valladolid, Liexa, Nantes, Göttingen, Minho, Jaume I e Santiago de Compostela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en maio de 1990 en Santiago de Compostela e dirixida por César Conde Cid, que se dedica ao sector da comunicación e da publicidade. Como empresa de servicios integrais de comunicación, encárgase da difusión dos produtos de determinadas empresas, á parte doutros traballos relacionados co márketing e coa comunicación institucional. Organiza tamén eventos, estudios de mercado e conta cun servizo de relacións públicas. Entre os seus clientes figuran diversas empresas do sector comercial, da banca e do mundo editorial, ademais de fundacións, museos, teatros e institucións relacionadas coa Xunta de Galicia. Asesoraron no campo da publicidade e da comunicación a Bodegas Martín Codax e realizaron a campaña de comunicación do proxecto Compostela 2000, Capital Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da península do Grove, na parroquia de San Vicente do Grove (concello do Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma musical característica do período barroco na que un grupo de instrumentos (concertino) rivaliza coa masa orquestral (concerto grosso, ripieno ou tutti). A Sonate di viole, de Alessandro Stradella (1644-1682), parece ser o primeiro concerto grosso coñecido. Entre os compositores que traballaron este tipo de concerto destacan, entre outros, Corelli, Torelli, Gemianini, Castruci, Sammartini ou Haendel. No s XX experimentou unha recuperación da man de compositores como Ernest Bloch (1880-1959) ou Paul Hindemith (1895-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Colombia entre 1858 e 1861 trala conversión das provincias da República de Nueva Granada en estados federais. O seu presidente, Mariano Ospina Rodríguez, promulgou a Constitución que rexeu o país. Disolveuse en 1861 co inicio da guerra civil que enfrontou a conservadores e liberais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo, dependente da Secretaría de Estado de Aguas y Costas do ministerio de Medioambiente, responsable da xestión das augas públicas e das concas fluviais das comunidades autónomas de Galicia e Asturias, ademais da maior parte de Cantabria (agás unha pequena porcentaxe do S e do SL que depende das confederacións do Ebro e do Douro) e dos territorios de Bizkaia e Gipuzkoa. Creado por decreto do ministerio de Obras Públicas o 16 de marzo de 1961, a súa sede está en Oviedo. En Galicia ten oficinas en Lugo, Monforte de Lemos e Ourense. As súas principais funcións son regular os aproveitamentos hídricos, planificar e acometer as obras de infraestruturas hidrolóxicas e vixiar o cumprimento da lexislación medioambiental relativa ás augas continentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bekennende Kirche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de entrar en loita diferentes pobos ou estados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de congraciar ou congraciarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atraer o afecto ou a benevolencia de alguén.

    2. Conseguir o afecto ou a benevolencia doutra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dentro dun realismo preocupado pola técnica e o estilo, publicou, entre outras obras, os contos Lima, hora cero (1954) e Kikuyo (1955), e a novela No una, sino muchas muertes (1958), iniciadora do realismo urbano en Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de congratular ou congratularse.

    2. Expresión de felicitación. OBS: Xeralmente, utilízase en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manifestar unha persoa satisfacción a outra á que lle aconteceu algo favorable.

    2. Mostrarse contenta ou satisfeita unha persoa por algún acontecemento favorable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que expresa congratulación.

    2. Disposto á congratulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de congregar ou congregarse.

      1. Asociación de fieis, con votos ou sen eles, que se reúnen baixo unha advocación relixiosa, para o exercicio da piedade e con finalidades apostólicas.

      2. congregación mariana

        Asociación de cregos e laicos que ten por finalidade promover a fe cristiá mediante a espiritualidade litúrxica, a piedade mariana, o sentido da Igrexa, os exercicios de santo Ignacio e as actividades apostólicas. As congregacións marianas xurdiron en 1560 no Colexio Romano dos xesuítas, e Gregorio XIII erixiunas canonicamente en 1584. No 1968 iniciouse outro período coa aprobación dos novos estatutos, inspirados no Concilio Vaticano II, que permitiron cambiar o nome tradicional polo de comunidades de vida cristiá.

      1. Comunidade reunida para o culto nas igrexas da Reforma.

      2. Comunidade local de crentes, sobre todo o estamento laical que a forma.

    2. Unión de diversos mosteiros que dependen dun único superior, pero que conservan a súa independencia.

    3. Compañía de relixiosos ou relixiosas que soamente fan votos sinxelos; estes poden ser perpetuos ou temporais.

    4. Cada unha das comisións ordinarias, integradas na curia romana, que asisten o Papa no goberno da Igrexa, con potestade administrativa na súa competencia. Sisto V (1588) foi o primeiro en estruturar o corpo das congregacións. Dende 1988 existen novas congregacións: para a doutrina da fe, para as Igrexas orientais, para o culto divino e a disciplina dos sacramentos, para as causas dos santos, para os bispos, para a evanxelización dos pobos, para o clero, para as institucións de vida consagrada e as sociedades de vida apostólica, e para os seminarios e institutos de estudios. Así mesmo, establecéronse doce consellos pontificios (para os laicos, para a unidade dos cristiáns, etc), tres tribunais (penitenciaría apostólica, sinatura apostólica e rota romana) e tres oficinas (cámara apostólica, administración do patrimonio de sé apostólica e prefectura dos asuntos económicos da Santa Sé).

    VER O DETALLE DO TERMO