"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Estudio dos glaciares.

    2. Conxunto dos procesos de formación dos glaciares.

    3. Resultado da acción dos glaciares sobre a superficie da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de movementos do nivel mariño provocados pola fusión ou a solidificación da auga mariña, que predominaron durante o Plistoceno. O eustatismo glacial pódese confundir con determinados movementos tectónicos ou epiroxenéticos motivados por un reaxuste isostático; estes movementos son, normalmente, locais ou limítanse a certas rexións, mentres que os movementos eustáticos pódense estender ao longo de centos de quilómetros, con independencia de unidades tectónicas ou estratigráficas. A elevación do nivel mariño como consecuencia da fusión de todo o xeo existente estimouse en 40-60 m, polo que as liñas de costa situadas a máis altura hai que atribuílas a deformacións tectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Culto esotérico ao coñecemento divino, síntese do cristianismo, da filosofía grega e das doutrinas herméticas mediterráneas, así como de sectas persas como o zoroastrismo. Chegou ao seu apoxeo nos ss II e III, rivalizando co cristianismo primitivo, sobre o que influíu poderosamente malia o rexeitamento que, desde un primeiro momento, vai amosar a ortodoxia cristiá, posto que os gnósticos escribiron evanxeos apócrifos nos que mantiñan ideas como que Cristo, o espírito divino, encarnou en Xesús, pero que non morreu na cruz. Rexeitaban tamén a idea da resurrección da carne, e algúns sacramentos, como a eucaristía e o bautismo, adquirían un significado de rito iniciático á gnose. As primeiras formacións gnósticas apareceron no seo do xudaísmo helenístico (Simón Mag, Cerinto, Dositeo, Menandro). O principal centro do gnosticismo cristián do s II foi Alexandría, cos grandes mestres Basilides, Carpocrato e Valentín. A escola valentiniana desenvolveuse nunha corrente oriental (Teódoto, Marción)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude política que apoia e defende o goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia ou actitude favorable dalgúns sectores sociais, especialmente o militar, ao golpe de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento calvinista dos seguidores de Frans Gomar (Bruxas 1563-Groningen 1641), que defendía unha concepción moi rigorosa da predestinación, en contra das doutrinas de Arminius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente literaria castelá do s XVII. É unha concreción do culteranismo teorizada a partir dos escritos de Luis de Góngora, que para Dámaso Alonso presenta unha carga ornamental e sensorial ao lado dunha complicación conceptual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de gonocórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Promotor, guionista e director cinematográfico. Aos 15 anos entrou no mundo da industria cinematográfica como axudante publicitario na compañía distribuidora Salvador Cárcel S A, de Caracas, da que chegou a ser vicepresidente. Tamén colaborou con numerosos medios de comunicación, tanto na prensa escrita coma na radio. En 1962 regresou a España e fundou as empresas Cocines S L, Ars Films S A e Kalekia S A, así como Ismael González P C, desde as que importou, exportou, distribuíu, produciu e exhibiu películas, e foi o pioneiro na distribución do cine de Arte e Ensaio en asociación con Barcino Films S A, con títulos tan emblemáticos como El ángel exterminador (L. Buñuel, 1962) ou El imperio de los sentidos (N. Oshima, 1976). Produciu numerosas películas, dirixidas tanto por el como por outros cineastas, entre outros os primeiros traballos de Fernando Trueba ou as curtametraxes de Diego Galán e, xunto con este último, foi membro fundador da Joven Crítica. En 1981 organizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento literario romántico sueco que, a través de Iduna -órgano da Liga gótica (Gotiska Förbundet)-, propugnaba o renacemento do sentimento nacional nórdico, entroncándoo coa primitiva mitoloxía indíxena considerada paralela á clasica. Entre os autores máis representativos destacaron Erik Gustaf Geijer e Arvid August Afzelius, quen fixo unha valiosa recolleita das baladas populares tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade das artes gráficas na que se atende dunha maneira particular ás técnicas e á composición de elementos gráficos que interveñen na páxina impresa e en todos os procesos de reprodución e estampación directamente relacionados. Ten a súa orixe no debuxo litográfico, o retoque e a ilustración publicitaria. No eido das belas artes aplícase ao predominio da liña e do ton sobre a cor nos debuxos e nos distintos tipos de estampas gravadas. Despois do cubismo, foron o construtivismo, o dadaísmo, De Stijl, a Bauhaus e a escola de Basilea os movementos que, entre 1920 e 1930, fixeron triunfar un novo grafismo caracterizado polas composicións macizas, as letras en pau seco, a revalorización dos espacios brancos e a manipulación fotográfica da ilustración. En EE UU naceu unha corrente gráfica en que a fotografía e a ilustración acadan o primeiro termo. Tamén se denomina deseño gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subordinación esaxerada ás regras da gramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de gregario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia a formar gremios.

    2. Doutrina que propugna esta tendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

      2. algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal (0, 1, 2, 3 [...], 8, 9) introducida polo emperador Carlomagno en Occidente. É a representación numérica máis espallada no mundo, mesmo en países cun sistema numérico tradicional propio.

      3. algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

    1. Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen, unha vez especificados os datos, á solución que o problema xenérico en cuestión ten para os datos considerados. Así, o algarismo da raíz cadrada permite, despois dunha sistemática operativa, calcular a raíz cadrada de calquera número. Defínense algarismos naquelas situacións, matemáticas ou non, nas que establecer unha estratexia ordenada facilite a obtención de solucións (teoría dos xogos, organización do traballo). Os programas informáticos son basicamente algarismos escritos en linguaxe de programación nos cales o ordenador efectúa repetidamente as operacións que se lle indicaron.

      1. Sistema de regras e procedementos de cálculo ben definidos, baseado en fórmulas matemáticas, que permite resolver un problema nun número finito de operacións.

      2. Lóxica incorporada nun programa informático.

    2. algarismo de compresión

    3. algarismo de Euclides

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo onde o factor estimulante é o contacto cun corpo sólido. É característico dos gabiáns que, cando tocan un sólido, se achegan a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ultrarrelixioso, derivado da cábala, xurdido dentro do xudaísmo en 1740 en Ucraína. Os adeptos, denominados ḥ asidīm, ‘os piadosos’, viven baixo a autoridade dun rebbes; o primeiro deles foi o fundador Israel ben Eliezer, tamén coñecido como Ba’al Šem Ṭ ōb.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Idiotismo peculiar da lingua hebrea.

      2. Palabra ou xiro lingüístico propio do hebreo empregado noutra lingua.

    1. xudaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que identifica o ben co pracer. Os preceptos éticos considéranse unicamente regras empíricas, mediante as que o home se defende dos sentimentos de desgusto e queda aberto ás alegrías da vida. Entre os hedonistas destacaron Aristipo de Cirene e Epicuro de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO