"PAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 751.

  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Barxa (A Gudiña). O seu cumio acada os 1.040 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político hindú. Estudo as relixións orientais e o diálogo con Occidente. Foi vicepresidente (1951-1962) e presidente (1962-1967) de India e loitou pola abolición do sistema de castes. Escribiu The Philosophy of Rabindranath Tagore (1918), An Idealist View of Life (1932) e Religion and Society (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada ao pé dos Ghates Occidentais (114.042 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frautista. Iniciou a súa carreira como solista en 1945. En París, xunto co Quinteto de Vento, formou o Conxunto Barroco de París. Conseguiu en varias ocasións o Grand Prix du Disque e outros moitos premios. Escribiu La flûte (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Xénova, situada en Liguria, Italia (29.534 h [2003]). Nela asináronse dous tratados ao remate da Primeira Guerra Mundial. O primeiro entre Italia e Serbia (1920) puxo fin o litixio no Mar Adriático. O segundo asinouse entre a URSS e Alemaña (1922), polo que ambos os dous países restablecían relacións diplomáticas e renunciaban ás débedas de guerra respectivas. Unha cláusula secreta permitía aos militares alemáns adestrar en URSS, coas armas que tiñan prohibidas polo Tratado de Versailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de restos de algo, especialmente os de comida, que quedan apegados a un recipiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Sil que rega a parroquia de Freixido (Larouco).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña, delimitado polo land de Renania do Norte-Westfalia ao N, o de Hessen ao L, o de Baden-Württemberg ao SL, Alsacia e Saarland ao S e Luxemburgo ao O (19.847 km2; 4.059.000 h [2003]). A súa capital é Maguncia. É un dos länder máis rurais, aínda que tamén hai importantes zonas industrializadas. Entre os principais cultivos destaca o da vide, cunha produción que corresponde a máis das tres cuartas partes da produción alemá. As zonas vitícolas son o val do Rin e o do Mosela. Tamén son importantes os cultivos de patacas, remolacha e cereais. Dentro da actividade industrial, o sector máis importante é o químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dalgúns asentos que serve para apoiar as costas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio municipal de fútbol situado na Coruña e inaugurado o 28 de outubro de 1944, aínda que a inauguración oficial foi no encontro España-Portugal do 6 de maio de 1945. Proxectado polo arquitecto Santiago Rey Pedreira en 1939, é o escenario dos partidos que o Real Club Deportivo de La Coruña disputa como local. O terreo adquiriuno o concello por 300.000 pesetas e a construción do complexo deportivo para a práctica de fútbol, hóckey e atletismo, superou os cinco millóns de pesetas. Destaca polo monumentalismo ilustrado, cun deseño típico da arquitectura monumentalista alemá de entreguerras. Cunha capacidade para 34.600 espectadores, foi escenario de varios encontros internacionais da selección española e nas súas instalacións acolle tamén o museo do Real Club Deportivo da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da medicina. Catedrático de Historia da Medicina na Universidade de Valladolid (1973). Escribiu Idealisme i positivisme en la medicina catalana (1973), Cirugía española ilustrada y su comunicación con Europa (1976), Medicina y ciencia en la España ilustrada (1981) e Historia de la cirugía (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e escritor. Colaborador de diversas publicacións, como Faro de Vigo e El Progreso, no Almanaque Agrícola ZZ publicou os estudos “A zanfona” e “O oficio de canteiro”. É autor da triloxía sobre o mundo rural Un fachico de contos (1980), Contos para engaiolar (1984) e Contos da baiuca (1995), en que presenta personaxes e costumes populares. Ademais escribiu As bolboretas brancas (1989), premiado no IV Concurso Barco de Vapor, e O cabalo ceibe (2004), onde a través dos animais reivindica un mundo máis nobre e ecolóxico. Tamén no eido da literatura infantil tirou do prelo As botas de Zapeto (1992). Do seu interese pola etnografía e a recuperación das tradicións e da lingua popular xurdiu A cultura tradicional do pan (2002), en que introduce un apartado con refráns, cantigas e contos do folclore popular galego. Director de diversos traballos escolares premiados polo Museo de Pontevedra, recibiu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso xesuíta. Reitor de Vilagarcía de Arousa, Burgos e Valladolid, foi autor de diversos catecismos que tiveron unha gran difusión e que se traduciron a diversas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Cultivador de múltiples xéneros literarios, destacou como autor de novelas de folletín, e considérase, xunto con Roa Bárcena, o creador do conto mexicano. Os seus relatos foron reunidos postumamente en Los cuentos del general (1896). Escribiu tamén Tradiciones y leyendas mexicanas, en colaboración con Juan de Dios Peza, e a novela histórica e de costumes Calvario y Tabor (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Amberg 1352 - Castelo de Landskron, preto de Oppenheim 1410) Conde do Palatinado do Rin (1398-1410) e rei dos Romanos (1400-1410). A causa da destitución do Emperador Venceslau I, foi nomeado rei dos Romanos polos electores eclesiásticos. Loitou, sen poder impoñerse, contra o Rei Venceslau VI de Bohemia e as ligas nobiliarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano sensorial en forma de maza que consiste en estatocistos, ocelos e células sensoriais situadas nas marxes da umbrela das medusas dos escifozoos e que controlan as pulsacións da campá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos insectos lepidópteros provistos de antenas en forma de maza.

      1. Relativo ou pertencente aos ropalóceros.

      2. Insecto do grupo dos ropalóceros.

      3. Grupo de insectos lepidópteros, integrado por bolboretas coas antenas en forma de maza. Inclúe as denominadas bolboretas diúrnas típicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante británico, fillo do elector Frederico V de Palatinado, rei de Bohemia, e de Isabel Stuart. Durante a guerra civil inglesa, comandou a cabalaría real de Carlos I e acadou, nun primeiro momento, as vitorias de Worcester (1642) e Newsbury (1643), pero foi derrotado en Marston Moor (1644) e Naseby (1645) e capitulou finalmente en Bristol (1645). Coa Restauración volveu a Inglaterra (1660), onde formou parte consello privado de Carlos II. En 1644 foi nomeado duque de Cumberland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é   profesora titular (1993) desta disciplina na Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de investigadores do Instituto da Lingua Galega (ILG), onde colaborou no Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa, 1985-1989) e no Arquivo do léxico galego e, desde 1990, é membro do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG). As súas liñas de investigación son a lingüística galega, en particular a lexicografía e a historiografía, a lingua francesa e a edición de textos medievais. Participou no proxecto de investigación Vocabulario fundamental da lingua galega (1987) e dirixiu e dirixe diferentes proxectos relacionados coa lexicografía e a edición de textos medievais. Formou parte do equipo redactor do Dicionario da lingua galega (1990) e do Dicionario da Real Academia Galega (1997), e participa na elaboración do Dicionario xeral da lingua galega (1997). En relación coa filoloxía francesa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, capital da illa de La Palma (17.265 h [2001]). É un centro comercial e porto exportador. A súa economía baséase no turismo e nos cultivos de tabaco e plátanos.

    VER O DETALLE DO TERMO