"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • polimiosite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colaxenose, do grupo das dermatomiosites, que afecta aos músculos do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.   Nome de diferentes antibióticos polipeptídicos naturais, illados do Bacillus polymyxa desde o ano 1947. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    2. Polimixina activa contra as bacterias Gram-negativas, especialmente as dos xéneros Shigella e Pseudomonas. É a máis empregada e a menos tóxica. Tamén se denomina aerosporina.

    3. colistina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que consiste en escribir unha composición musical mediante a superposición de melodías pertencentes a diferentes modos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta polimorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que ten ou pode ter diferentes formas, sen cambiar a súa natureza.

    2. Fenómeno polo que determinados colectivos de individuos dunha mesma especie, ou de órganos dun mesmo individuo, teñen grupos morfoloxicamente diferenciables. O dimorfismo sexual, en que macho e femia da mesma especie teñen aspecto diferente, é o caso máis común de polimorfismo, aínda que tamén pode haber grupos morfolóxicos non ligados ao sexo. A diferenciación funcional entre os organismos coloniais é un exemplo de polimorfismo, como tamén o son o polimorfismo estacional e o relacionado coas diversas fases evolutivas do período vital (metamorfismo) de certos organismos como os insectos. Nos vexetais son frecuentes os polimorfismos foliares e carpelares.

    3. Propiedade dunha substancia que, sen cambiar a súa fórmula química, admite a existencia de dúas fases ou modificacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta diferentes formas.

    2. Que presenta formas distintas, como as follas da saxitaria, as flores da margarida ou os froitos da caléndula.

    3. Que presenta polimorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade formada polo polinio, a caudícula e o retináculo, nas flores das orquidáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Curra (A Veiga). O seu cumio acada os 1.384 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona máis oriental en que se divide Oceanía, formada por milleiros de illas e arquipélagos dispersos: Hawaii, Line Islands, Midway, Cook, Polinesia Francesa, Phoenix, Tokelau, Samoa, Tonga, Pitcairn, Niue e a illa de Pascua (etnograficamente, pero non xeograficamente, comprende tamén Nova Zelanda). De orixe volcánica ou coralina, cada arquipélago ten carácter propio. O clima é tropical, cálido e húmido. A súa poboación aborixe é polinesia, moi mesturada con europeos e asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio francés de Ultramar formado por un centenar de illas e illotes divididos nos arquipélagos de Sociedade (illas de Barlovento e Sotavento), Marquesas, Tuamotu, Gambier e Austrais (Tubuai e Rurutu), que ocupan a maior parte da Polinesia Meridional (4.000 km2; 219.521 h [1996]). A súa capital é Papeete, en Tahiti. De orixe volcánica ou coralina, o seu clima é tropical con variacións latitudinais. A poboación é polinesia (sobre todo maorís) con numerosos mestizos, chineses e franceses. O coco é o seu principal recurso, pero existen outros cultivos como algodón, cana de azucre e café. Exportan copra, vainilla (Sociedade) e nácara (Tuamotu e Sociedade). O Centre d’Expérimentation du Pacifique (CEP), de experiencias nucleares francesas, ten polígonos atómicos nos atois de Fangataufa e Mururoa. Foi anexionada a Francia a comezos da década de 1840. En 1958 a poboación afirmou a súa decisión de continuar a ser un territorio de ultramar francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á raza polinesia ou aos seus representantes.

      2. Individuo da raza polinesia.

      3. raza polinesia

        Raza de afinidades discutidas cos grupos leucodermo e xantodermo. Os seus individuos son braquicéfalos, de tamaño elevado, pel parda ou amarelecida, pilosidade reducida agás na barba, cara oval, nariz amplo e rectilíneo, ollos rectos e moi grandes, e unha marcada tendencia á obesidade. Ocupan a parte máis importante das illas do Pacífico, desde Nova Zelanda ata as Hawaii.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo polinesio.

      2. Individuo do pobo polinesio.

      3. Pobo de raza polinesia que se estende polo leste do Pacífico no triángulo que forman a illa de Hawaii ao N, Nova Zelanda ao S e a illa de Pascua ao L. A súa subsistencia xira arredor do cultivo da árbore do pan, os plátanos e algúns tubérculos tropicais, pero sobre todo da pesca. A súa organización social está constituída por unha estrutura piramidal que vai desde os grupos locais ata os caudillos dunha illa ou val. Teñen unha diferenciación social que consta de dúas ou tres clases. O poder do caudillo fundaméntase na súa ascendencia divina, que se concreta nas nocións de maná e tabú. Os elementos principais da expresión polinesia son a poesía oral, acompañada de música, e a danza.

      1. Relativo ou pertencente a Polinesia ou aos seus habitantes.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso pluricausal, con afectación difusa e simétrica de diversos nervios periféricos mixtos, caracterizado por parálise disestésica, anestesia simétrica, hipotonía muscular atrófica e arreflexia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á polineurite.

    2. Persoa que padece polineurite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Póla pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega. Fillo de Edipo e de Iocasta, a súa rivalidade co seu irmán Eteocles, froito da maldición do pai, polo poder de Tebas, desencadeou a guerra dos Sete Xefes. Ambos os dous enfrontáronse e morreron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pole.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten pole.

    2. Que poliniza, especialmente referido ao animal que transporta o pole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa compacta e cerosa do pole, constituída por todo o contido dunha teca. A súa formación é típica nalgunhas familias, como a das orquidáceas ou a das asclepiadáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transferencia do pole desde os estames ata os pistilos. Se o pole provén da mesma flor, hai autopolinización, e se procede doutras flores, hai polinización cruzada, que ofrece máis posibilidades de recombinación xénica. Hai diversos axentes polinizadores como o vento, a auga e algúns animais.

    VER O DETALLE DO TERMO