"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates da familia dos cercopitécidos, de ata 62 cm de lonxitude, cun peso que pode acadar nos machos os 10 kg. Ten a cola máis longa ca o corpo, incisivos fortes e grandes que lles permiten alimentarse de sementes de cuberta dura, e meixelas dilatables nas que poden acumular alimento. Viven en grupos de ata 30 animais sobre as árbores ou no chan da selva. Son barulleiros e comunícanse cun amplo abano de voces e berros agudos que emiten coa axuda duns pregos cutáneos, a xeito de fol, e que lles serven para manter o territorio e a cohesión do grupo no que se desenvolven, evitando os enfrontamentos con outras familias. Existen catro especies do xénero Cercocebus: C. albigena, arbóreo, de pelaxe negra con ombreiros acastañados e meixelas cinsentas, cunha crista de pelos na cabeza, e que se distribúe polo SO de Camerún ata o L de Uganda; C. aterrimus, caracterizada pola pelaxe totalmente negra, e que habita nas árbores da selva tropical do Congo;...
-
-
Relativo ou pertencente aos cercopitécidos.
-
Mamífero da familia dos cercopitécidos.
-
Familia de primates catarríneos integrada por individuos de dimensións variables, arborícolas, rubideiros ou camiñantes. En xeral, os membros anteriores e posteriores acadan igual lonxitude; o rabo, non prénsil e máis ou menos desenvolvido, pode faltar nalgún xénero. O pelo é de coloración verdosa ou gris acastañada. Ten calosidades isquiáticas sen pelo e normalmente de cor vermella viva. Son omnívoros, pero aliméntanse principalmente de vexetais, e gregarios, pois viven en grupos familiares polígamos. Esténdense dende Xibraltar a todas as rexións temperadas, subtropicais e tropicais de África e Asia. Pertence a este familia o mandril.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do xénero Cercopithecus.
-
-
Relativo ou pertencente aos cercopitecoideos.
-
Mono da superfamilia dos cercopitecoideos.
-
Superfamilia de monos, propios do continente americano, de orificios nasais próximos, colas non prénsiles que poden opor o polgar ao resto dos dedos. Pertencen a esta superfamilia o mandril, o macaco e o narigudo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates catarríneos cinocéfalos da familia dos cercopitécidos, de 35 a 70 cm de lonxitude e coas extremidades posteriores un pouco máis longas ca as anteriores. Viven en grupos familiares pouco numerosos e esténdense por todo o continente africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das plantas producida por fungos deuteromicetos do xénero Cercospora. Produce pequenas manchas que rematan perforando a folla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos túrdidos ao que pertence o rabiteso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cerca’.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro, arquitecto e militar. Foi capitán xeneral do Reino de Galicia. Antes de chegar á Coruña, realizou algúns proxectos arquitectónicos e urbanísticos en Catalunya, como os planos da igrexa de Sant Miquel del Port, na Barceloneta (1753), e os da catedral nova de Lleida (1760). Entre 1776 e 1778 completou a urbanización da Rambla de Barcelona. En 1799 proxectou as Casas de Paredes na Coruña, onde tamén realizou o edificio do Consulado, que despois foi sede do Museo de Belas Artes. Foi membro de mérito en arquitectura da Real Academia de San Fernando de Cádiz (1768), consiliario da mesma institución (1770) e membro da Academia de Arquitectura (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e canteiro. Coñecido polo nome de Pepe da Pena, traballou na restauración da escaleira de caracol do convento de San Domingos en Santiago de Compostela. Realizou o cruceiro de Hío, onde relatou a historia humana desde a Creación ata a Redención, nun estilo cheo de barroquismo, teatralidade e ordenado movemento. Traballou tamén noutras igrexas de Cangas, Cotobade, Beariz e Viascón, e na capela do pazo de Montero Ríos en Lourizán (Pontevedra). Realizou ademais a fonte da Fama (Ponteareas) e a de Santiago (Cangas). As súas obras correspóndense con numerosos retablos, cruceiros e panteóns de Pontedeume, Gataxe e O Carballiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome checo dos cerros Checo-moravos.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Discípulo de Carissimi, foi mestre de capela en Florencia (1646), tenor da capela pontificia (1660) e segundo mestre de capela de Leopoldo I en Viena (1666-1669). Distínguese, principalmente, como compositor de óperas, entre as que destacan Orontea (1649) e Il pomo d’oro (1668). O equilibrio entre arias e recitativos, iniciado por Monteverdi e mantido por Cavalli, rematou con el a prol das arias, nas que se concentra todo o interese musical. Compuxo, ademais, numerosos motetes e cantatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De familia xudía, formouse en Vitebsk no estudo de Jehuda Pluma. En 1907 trasladouse a San Petersburgo para asistir á Escola Imperial, onde estudiou baixo a dirección de Leon Bakst. No 1910 viaxou a París e coñeceu entre outros a Apollinaire, Max Jacob, Léger e Modigliani. En 1911 participou no Salon d’Automne e no Salon des Indépendants. Tres anos despois expuxo na galería Der Sturm de Berlín e regresou a Vitebsk, onde fundou unha academia de arte en 1917. Coa revolución foi nomeado comisario de Belas Artes en Vitebsk en 1918, pero a súa obra, de carácter fantástico, chocou coas premisas oficiais que procuraban unha arte realista que comunicase unha mensaxe social. En 1920 trasladouse a Moscova e realizou os decorados do Teatro Xudeu, pero axiña viaxou a Berlín en 1922 e a París en 1923, onde se estableceu e ilustrou obras para Vollard, como as Fábulas de Apollinaire. En 1926 expuxo por primeira vez en Nova York e, ao estalar a Segunda Guerra Mundial, estableceuse nos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, constituída segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia de 1996. Neste espazo comarcal concorda de xeito claro o espazo natural, ben diferenciado do resto do territorio circundante, co núcleo funcional, Chantada. Non obstante , tradicionalmente, mantivéronse vinculados a esta vila os concellos do S da Ulloa (Antas de Ulla e Monterroso) e o de Portomarín, que quedan fóra dos límites comarcais. Esta comarca toma a súa denominación do principal núcleo, Chantada. Esténdese aproximadamente entre os 42° 27’ e os 42° 47’ de latitude N e os 7° 39’ e os 7° 56’ de lonxitude O. Limita ao N coas comarcas da Ulloa (concello de Monterroso) e Lugo (Portomarín), ao S coa de Ourense (Vilamarín e A Peroxa), ao L coa Terra de Lemos (concellos do Saviñao e Pantón) e Sarria (Paradela), e ao O coas da Ulloa (Antas de Ulla), Deza (Rodeiro) e O Carballiño (San Cristovo de Cea). Abrangue unha superficie de 462,2 km2, nos que acolle unha poboación...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida de estilo gótico, situada en San Pedro de Cervás (Ares), construída por Fernán Pérez de Andrade, señor de Ferrol e Pontedeume, no s XIV. En 1396 Juan García Manrique, arcebispo de Compostela, cedeuna ao mosteiro franciscano de Santa Catalina de Montefaro, que a rexeu ata a súa exclaustración. Trátase dun edificio de pequenas dimensións que presenta unha planta de nave única e ábsida rectangular cuberta con bóveda nervada. No exterior presenta unha fábrica austera na que destaca a espadana barroca do s XVII, a decoración de canzorros e a porta de acceso. No tímpano consérvanse as figuras da Virxe sedente co Neno, acompañada de san Francisco e dun frade da súa orde. No interior está a imaxe da Virxe da Mercé, unha talla policromada e procesional que segundo a tradición apareceu na praia de Chanteiro tras ser arrastrada polas ondas. No lugar do suposto achado, preto da capela, está a fonte da Virxe. Unha tradición de comezos do s XV relacionou a intercesión da Nosa Señora da Mercé coa...
-
MONTES
Monte situado no límite entre os municipios de Folgoso do Courel (concretamente a parroquia de Visuña) e Barjas (da comarca do Bierzo). O seu cumio acada os 1.551 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Ana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo orixinario de Chaource, na rexión francesa de Champagne, elaborado con leite graxo de vaca. Ten a pasta cremosa e mol e a codia balorecida. Presenta o olor propio da adega na que madura, entre tres semanas e dous meses. Comercialízase en pezas pequenas, de ata medio quilogramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito de auga procedente da chuvia, máis ou menos grande, que se forma nunha depresión do terreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Audiencia da época colonial dependente do vicerreinado de Perú ata 1776, ano no que pasou ao de Río de la Plata. Comprendía parte da actual Bolivia. Creada por Filipe II en 1558, a capital foi La Plata desde 1561. A gandería e, fundalmentalmente, a minería, convertérona nun importante centro económico.