"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
-
hedra.
-
Lugar onde hai moitas hedras.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos son abundanciais e remiten á voz común hedra, procedentes do latín hedera. O apelido documéntase no s XIII: “Vasco Perez da Hedreira” (doc ano 1269 en G. Navaza, Contribución ao estudo da toponimia da Galicia meridional (fitotoponimia), 1998, p 224), “Lopo Gomez da Edreira” (doc ano 1498 en E. Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 281). Adoita aparecer castelanizado: Edrera. Non se conserva grafado con h- etimolóxico.
-
GALICIA
Dirixente deportivo e funcionario. Licenciado en Dereito, desenvolveu a súa actividade pública ao servizo do deporte como secretario de estado, presidente do Consejo Superior de Deportes e presidente do Comité Olímpico Español (1980-1983). Serviu tamén como gobernador civil en Cádiz (1996-1997) e como subdelegado do goberno en Toledo. Recibiu a medalla de ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filántropa. Coñecida como Tareixa dos demos, dedicou a súa vida a acoller e coidar na súa casa mulleres enfermas e sen recursos. Antes de morrer doou todos os seus bens á congregación da Virxe das Dores para a construción dun hospital da caridade que levaría o seu nome. En 1946, o concello da Coruña deu este nome ao trofeo de fútbol destinado a recadar fondos para a beneficencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Oficial alemán. Ingresou na SS en 1932, dirixiu os servicios de información entre 1934 e 1939 e posteriormente o servizo de seguridade do Terceiro Reich. Foi nomeado protector do Reich en Bohemia e Moravia en 1941. Participou na planificación e desenvolvemento do exterminio dos xudeos. Morreu nun atentado da resistencia checa de Lidice, cidade que foi arrasada en represalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo e teólogo. Monxe de Saint-Denis baixo o abade Hilduíno, acompañábao na Corte de Ludovico Pío. Consagrado arcebispo de Reims en 845, foi conselleiro de Carlos II o Calvo e defendeu os dereitos eclesiásticos fronte á coroa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no Hío (Cangas). Foi construída en dúas etapas nos ss XVII e XVIII. Ten planta en forma de L con baixo e unha altura. Na fachada destaca un balcón cuberto e con balaustrada, que mira ao patio pechado. O acceso realízase por medio dun portón. Entre outras construcións adxectivas conserva o hórreo e o pombal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital Real de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle situada entre a Terra de Baffin e a península de Ungava, Canadá, que comunica a baía de Hudson coa baía de Ungava e o mar do Labrador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de incorpóreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato caseiro que se emprega para facer iogures.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.
-
GALICIA
Sacerdote e escritor. Foi delegado diocesano de Medios de Comunicación Social da Curia Diocesana en Santiago de Compostela e delegado da radio vaticana en Galicia. Colaborador en La Noche e El Correo Gallego, foi director de El Eco Franciscano (1950-1959) e da revista Aquí, San Antonio. Ademais, exerceu como asistente provincial, vicerrector do Seminario franciscano, definidor provincial, superior dos conventos de Pontevedra e Ourense, e reitor de San Francisco el Grande de Madrid. Escribiu, entre outras obras, Ideario del Filósofo, del Artista y del Historiador (1950), Así fue esta mujer (1953), El alma franciscana de Gabriela Mistral (1957), A nai galega (1971), Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (1976) e Sebastián Martínez-Risco (1978). Foi galardoado co Premio Nacional del Consejo Superior de Misiones (1945) e co trofeo Galeguidade (2002). Ademais, foi nomeado Hermano Mayor de la Archicofradía...
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Monarquía unida das doce tribos de Israel durante os reinados de Saúl, David e Salomón.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Monarquía unida de dez das doce tribos do pobo de Israel, en contraposición co Reino de Xudá, que xurdiu tralo cisma de Xeroboam I. Este estableceu inicialmente a nova capital en Siquem e despois en Tirça, e instalou un santuario nacional para as dez tribos en Dan. O goberno dos vinte reis que se sucederon no trono de Israel en diversas dinastías caracterizouse pola apostasía do culto de Iavé, a favor do de Baal, a inxustiza social e a intriga política. Coa excepción dalgúns períodos de calma e éxito comercial, o reino permaneceu baixo a presión constante dos inimigos externos. Omri (885 a C- 874 a C) trasladou a capital a Samaria, e no reinado de Xeroboam II (783 a C- 743 a C) Israel posuía a maior parte dos territorios conquistados por David e Salomón, pero perdeunos de novo con Menahen (737 a C-736 a C). Oseas (732 a C-724 a C) tentou establecer unha alianza con Exipto pero Salmanasar V de Asiria sitiou Samaria (723 a C-722 a C). A capital caeu baixo o dominio de Sargón II en 721,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘maceira’.
-
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada á beira do río Paraíba do Sul (104.241 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Quiroga Arias.
-
GALICIA
Médico e profesor. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Sociedad Anatómica Española e decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO