"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de facer algo. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Quen fai fillo a muller allea, perde o fillo e a feitura”.

    2. Maneira de estar feito ou de ser algo ou alguén.

    3. Cousa que alguén fai ou provoca, especialmente algo malo.

    4. Aparencia exterior das cousas.

    5. Parecido de algo ou alguén con respecto ao seu creador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bóla que se fai con manteiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia e concello de Valdoviño, situada ao NL da praia da Frouxeira

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: fenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fermoso. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fermosura cómea a sepultura. A fermosura cómea a terra. A fermosura moitas faltas disimula. Non hai fermosura sen axuda”.

    2. Persoa ou cousa fermosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva escudo cuarteado por unha cruz, de ouro, semellante á da orde de san Xoán: primeiro cuartel, de sinople, con dous castelos, de pedra, e saíndo das torres de homenaxe dos castelos, un brazo armado, de prata, cunha espada do mesmo metal, na man; segundo cuartel, en campo de azul, con dous crecentes tornados, de prata, rodeados de doce estrelas, de ouro; terceiro cuartel, de prata, cun león rampante, de goles, armado de ouro; cuarto cuartel, de sinople, cunha caldeira, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro en forma de semicírculo prolongado por dúas ramas que se aproximan polos seus extremos, que se crava nos pezuños dalgúns animais, sobre todo cabalos, vacas e bois, para que non se lles desgasten ou ben para que non se manquen. Tradicionalmente, constitúe un símbolo da defensa do cabalo, por iso adoita colocarse nas entradas das casas, cortes, garaxes, etc, como salvagarda contra os malos espíritos; mesmo, ás veces, tamén é usada como medio de defensa a propia pata do cabalo morto. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con ferradura ou sen ferradura, coida ben a túa mula. Ferradura que choquelea, cravo lle falta”.

    2. Reforzo de ferro que se coloca na punteira das solas dos zocos para que non se desgasten.

      1. Calquera cousa de forma semellante á peza que se coloca como protección nos pezuños dalgúns animais.

      2. Anaco de carne do pescozo do porco que presenta a forma deste obxecto.

    3. Figura heráldica que simboliza sorte e salvagarda contra os malos espíritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado en Fentáns (San Xurxo de Sacos, Cotobade), nunha rocha granítica inclinada e orientada cara ao S. Os gravados sitúanse en dúas áreas escultóricas. Na zona N aparecen representadas unha combinación de círculos concéntricos con trazos pegados no seu anel exterior e unha serie de pegadas de cérvidos que se dirixen cara a ela e que polas diferencias no seu tamaño representarían distintos individuos. Na zona S está representada unha escena de caza, formada por sete figuras antropomorfas armadas, un conxunto de cérvidos e unha serie de ídolos cilindro. Na área central do conxunto hai que salientar a figura dun cervo macho de gran cornamenta no que se distinguen impactos de arma, un ídolo cilíndrico superposto lixeiramente á asta do cervo, e que parece que ten unha tatuaxe facial, e unha figura antropomorfa que porta na súa man esquerda un pequeno escudo e na dereita unha espada corta de grandes dimensións. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ferver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e político. Graduado en leis pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en canons na Universidad de Ávila. Ocupou, entre outros cargos, o de conselleiro de Indias e presidente do Consello de Castela. Empregou a súa influencia na promoción e defensa dos intereses de Galicia, inicialmente representados por un único deputado en cortes. Foi o mecenas da Congregación de Naturais e Orixinarios de Galicia (1741). Participou, directa ou indirectamente, en todas as leis dos reinados de Fernando VI e Carlos III, entre as que destaca, o Concordato de 1753. No seu testamento instituíu a Fundación Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forma exterior dun corpo que o individualiza e distingue doutros.

      2. Aspecto exterior dunha persoa.

    1. Cousa que ten unha forma determinada.

      1. Representación dunha forma, especialmente a humana, mediante o debuxo, a pintura ou a escultura.

      2. Debuxo que ilustra o texto dun libro.

    2. Cousa que representa ou significa outra.

    3. Persoa que destaca nunha determinada actividade.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode figurar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de figurarse algo.

    2. Conxunto dos figurantes dunha escena.

    3. Representación artística que non se afasta da aparencia real.

    4. Conxunto de extras que participan na rodaxe dun spot publicitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de figurar ou figurarse.

    2. Que usa abundantes figuras retóricas.

    3. Que ten un sentido distinto do significado recto ou literal que lle corresponde.

    4. Aplícase á música, ao canto, etc, con notas de diferente valor segundo a distinta figura.

    5. Aplícase ao Sol e á Lúa cando se representan con rostro humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que intervén ocasionalmente nunha escena realizando un papel secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Delinear a figura de algo ou de alguén.

      1. Presentar a imaxe ou o aspecto de algo ou de alguén.

      2. Ser o símbolo de algo inmaterial ou abstracto.

    2. Aparentar algo.

      1. Estar unha persoa ou cousa incluída en algo.

      2. Ter a condición de algo.

    3. Formar na mente ideas ou imaxes de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que representa unha cousa.

      1. Aplícase á arte que se expresa mediante a representación ou interpretación de realidades externas e concretas, en oposición á arte abstracta.

      2. Aplícase ao artista que practica esta arte.

    VER O DETALLE DO TERMO