figura

figura

(< lat figūra)

  1. s f
    1. Forma exterior dun corpo que o individualiza e distingue doutros.

      Ex: O edificio ten unha figura circular.

    2. Aspecto exterior dunha persoa.

      Ex: Tiña unha figura moi esvelta.

  2. s f

    Cousa que ten unha forma determinada.

    Ex: As nubes tiñan a figura dun barco.

  3. s f
    1. Representación dunha forma, especialmente a humana, mediante o debuxo, a pintura ou a escultura.

    2. Debuxo que ilustra o texto dun libro.

  4. s f

    Cousa que representa ou significa outra.

    Ex: A figura da caveira representa a morte.

    Confrontacións: símbolo.
  5. s f

    Persoa que destaca nunha determinada actividade.

    Ex: É unha figura das letras.

  6. s f
    1. Personaxe dunha obra dramática ou épica.

    2. Actor que representa un personaxe dramático.

  7. s f [ESPECT]

    Conxunto de evolucións que forman parte dunha danza.

  8. s f [FILOS]
    1. Cada un dos catro tipos de siloxismo que existe segundo o lugar que ocupe o termo medio nas premisas. No primeiro tipo, o termo medio fai de suxeito da maior e de predicado da menor; no segundo, aparece nas dúas como predicado; no terceiro, é o suxeito de ambas as premisas; e no cuarto, ou primeiro indirecto, é o predicado da maior e o suxeito da menor.

    2. Cada un dos recursos gráficos empregados por R. Llull para facer patente aos sentidos as realidades intelectuais e espirituais.

  9. [MAT]
    1. s f

      Conxunto de puntos, de liñas e de superficies empregado para representar corpos ou ben para ilustrar un teorema ou un problema.

    2. figura xeométrica

      Porción do plano ou do espazo limitada por liñas ou superficies.

    3. figuras congruentes

      Figuras que coinciden ao superpoñerse.

    4. figuras equivalentes

      Figuras que teñen a mesma área.

    5. figuras homotéticas

      Figuras que se poden transformar a unha na outra mediante unha homotecia.

    6. figuras semellantes

      Figuras que se poden transformar a unha na outra mediante unha semellanza.

    7. figuras simétricas

      Figuras que se poden transformar a unha na outra mediante unha simetría.

    8. s f

      Conxunto de puntos do plano ou do espacio definido por unha ou varias propiedades.

  10. [DEP]
    1. s f pl

      Proba do esquí acuático que consiste na execución dun programa previamente determinado composto de saltos, pasos obrigatorios e exercicios libres.

    2. s f pl

      Resultado da colocación de diversas portas segundo unha orde sucesiva determinada na proba de slálom de esquí.

    3. figuras libres

      Proba de patinaxe, sobre xeo ou sobre rodas, na que o patinador executa, seguindo as notas dunha peza musical elixida por el, un programa de saltos, de voltas e de pasos.

    4. figuras obrigatorias

      Proba de patinaxe que consiste en executar uns determinados debuxos coa coitela do patín, cando é sobre xeo, e a seguir uns debuxos trazados sobre a pista, cando é sobre rodas.

  11. s f [XOGO]

    Cada unha das cartas da baralla que teñen debuxada unha persoa ou un animal, é dicir, o cabalo, a sota e o rei de cada pao.

  12. s f [MÚS]
    1. Signo da notación musical denominado normalmente co nome de nota. Pola forma e a cor, branca ou negra, indícase a diferente duración do son ao que corresponde.

    2. Grupo de notas que forman un motivo ou o núcleo dun motivo musical.

  13. s f [LIT]

    Forma do discurso que modifica a expresión do pensamento.

  14. s f [LING]

    Cada un dos elementos do signo lingüístico, en glosemática, que, en número reducido, serven para construír a lingua, sistema infinito de signos. O infinito da lingua deriva do carácter non significativo das figuras, que teñen unhas posibilidades combinatorias ilimitadas, ao revés do que pasa cos signos. L. Hjelmslev distinguiu entre figura de expresión ou cenema e figura de contido ou plerema.

  15. s f [HERÁLD]

    Carga ou obxecto heráldico colocado no campo dun escudo de armas. As figuras propias ou heráldicas son as que están formadas por diferentes signos de convención e representan as mesmas armas ca os cabaleiros traían para o seu uso e defensa, e simbolizan as feridas que recibían nas batallas, tanto nas súas persoas como nos seus escudos. 

  16. figura de corrosión [FÍS]

    Depresión que se forma sobre as caras dun cristal ao tratalo cun reactivo apropiado, durante un tempo mínimo. Ten formas xeométricas, cunha simetría intimamente relacionada cos elementos de simetría do cristal.

  17. figura etimolóxica [LING]

    Procedemento sintáctico polo que un verbo rexe un substantivo da súa mesma raíz ou dun significado relacionado co seu (

    Ex: Vivir a súa vida; Morrer a morte, de Paul Verlaine; Rezar un rezo, de Samuel Beckett).

Palabras veciñas

Figuig | figulina | figulino -na | figura | figurable | figuración | figurado -da