"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Médico cirurxián. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e, no 1955, acadou a cátedra de Patoloxía e Clínica Cirúrxica. Dedicou unha especial atención á infección en cirurxía e traballou tamén nos receptores de estróxeno en tumores de mama e ensaios clínicos. Pertenceu a numerosas sociedades científicas, foi secretario e presidente da Sociedad de Cirugía de Galicia (1988-1995) e director da Revista Gallega de Patología Digestiva. Ademais de numerosos artigos científicos, publicou: Infección en cirugía (1994), Contenidos y objetivos docentes en patología quirúrgica general y del aparato digestivo (1996), Conferencia de consenso sobre la infección en cirugía (1997) e Asepsia y antisepsia en cirugía (1999), entre outros libros. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, foi galardoado con premios como o Conde de Fenosa (1984), Sociedad de Cirugía de Galicia (1986) ou Braum-Dexon (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e retratista. Na súa obra segue modelos clásicos gregos e renacentistas, especialmente a Donatello e Michelangelo Buonarroti. Entre as súas obras destacan Alegoría e o monumento a Pep Ventura (1971-1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zoca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • al pouco profundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en Vigo o 17 de xullo do 2000 trala fusión da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo (1880), da Caja de Ahorros Provincial de Orense (1933) e da Caja de Ahorros Provincial de Pontevedra (1930). Ademais, forma parte da entidade o Banco Gallego (1988), que pertencía ao grupo de Caixavigo dende 1997. Con anterioridade, a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e a Caja de Ahorros Provincial de Orense asinaran en 1999 unha escritura de fusión. Dirixida por Julio Fernández Gayoso, quen dende 1965 era director xeral de Caixavigo. Durante o proceso de integración copresidiron a entidade Ramón Cornejo Molíns, procedente de Caixavigo; Manuel Bermúdez Castro, de Caixa Ourense; e Manuel Campos Vilariño, de Caixa Pontevedra. Está presente en todo o territorio galego, así como no Bierzo, Madrid, Lisboa, Porto, Xenebra, Caracas e México D F. No 2000 posuía unha rede de máis de seiscentas oficinas operativas, tiña un volume de negocio de 3 billóns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Mestre de danza en diversas agrupacións da Coruña, obtivo o I premio individual de baile na romaría de Santa Margarida (A Coruña, 1943), feito que lle abriu as portas do grupo Cántigas da Terra do que foi primeiro bailarín ata 1960. Posteriormente foi bailarín e coreógrafo da Sociedad Cultural Artística Lembranza do Arte e en 1966, da man de Antón Naveira Goday, mestre de baile e coreógrafo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Paralelamente, realizou un gran labor de investigación do folclore que orixinou a incorporación ao repertorio de Aturuxo de varias pezas como a Muiñeira de Lañas ou o Fandango muradán, hoxe tradicionais na música galega. O seu libro Debullando folclore, é unha escolma de contos, refráns e bailes populares. Foi autor das estampas costumistas: Suite Gallega, estreada en varias cidades de Europa e América, Romaría galega e Noite de meigallo e esconxuro (baseada nas supersticións da noite de San...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela no 1945 e tamén realizou estudios de peritaxe mercantil. No 1961 fundou, xunto co seu marido Antón Beiras, o colexio Rosalía de Castro de Vigo onde puxo en práctica as novas técnicas pedagóxicas recomendadas pola UNESCO, os métodos de Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea; ademais prestou especial atención á lingua e cultura galega. No 1967 comezou a súa relación coa asociación catalá de mestres Rosa Sensat, centrada na investigación pedagóxica. A partir de aquí, nos primeiros anos setenta, celebráronse en Vigo varios cursos pedagóxicos con profesorado catalán desa asociación. Por todo o seu labor docente recibiu unha homenaxe, promovida pola asociación Rosa Sensat, en Barcelona o 5 de xullo de 1999 e tamén, nese mesmo ano, foi homenaxeada pola facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu dúas obras inéditas: O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División máis vella do Cuaternario con categoría de piso mariño do Mediterráneo. O seu equivalente continental é o Villafranquiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Calabriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Calahorra ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Calahorra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘borracho’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Comunidad Autónoma de Andalucía, regado polos ríos Odiel e Oraque (4.974 h [1996]). Posúe unha economía agrícola baseada na produción de cereais, legumes e oliveiras, e na gandería ovina e caprina. Explota xacementos de minerais, principalmente de pirita e manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco grande de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Teruel, Aragón, na marxe esquerda do río Guadalope, afluente do Ebro (3.596 h [1996]). Atópase nunha chaira ao NL do Sistema Ibérico. Posúe unha economía agrícola baseada na produción de cereal, oliveira, viña, froitas e hortalizas, e na gandería lanar e porcina. No sector industrial destacan os tecidos e as industrias alimentarias. É de destacar a igrexa parroquial, de finais do s XVII. Unha das características da súa cultura é o uso dos tambores na Semana Santa. Segundo a tradición, que se remonta ao s XVIII, cando o reloxo da igrexa do Pilar marca as doce da mañá do Venres Santo, comezan os redobres dos tambores que se converten nunha forma de linguaxe. Cando dous grupos de tambores diferentes se atopan, prodúcense duelos de redobres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Aragón, na provincia de Teruel. Caracterízase pola secura do seu clima e a grande erosión do solo. O seu centro rexional é a vila de Calanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que expresa unha diminución progresiva do movemento e da intensidade do son.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina formada por un conxunto de rolos superpostos entre os que pasa unha materia continua, papel ou tecido, sometida á acción combinada da presión e do escorregamento. Na industria papeleira emprégase para comprimir, alisar e satinar o papel ou o cartón. Ademais, poden imprimirse marcas no papel se os rolos de aceiro están gravados. Na industria do caucho emprégase no proceso de preelaboración. A industria téxtil utiliza esta máquina no acabado dalgúns tecidos como o algodón, o liño, a seda e o raión, e para facer compacta a napa; neste caso os rolos metálicos quéntanse con vapor. Utilízase ademais para a produción de pranchas de caucho ou de películas continuas de resinas termoplásticas.

    2. Núcleo de certos reactores nucleares no que o combustible e o refrixerante están colocados no interior duns tubos que o atravesan, mentres que o moderador enche o resto.

    3. Reixa disposta na parte exterior dianteira da carrocería dun automóbil, polo xeral diante do radiador, que permite o paso do aire ao interior e serve de adorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave dos xéneros Calandrella e Melanocorypha da familia dos aláudidos, de peteiros fortes e plumaxe de cor predominantemente parda manchada. Camiñan lixeiras e presentan a unlla do dedo posterior das patas moi longa. Fan o niño no chan e teñen un canto con moitos sons que emiten cando voan de xeito rápido e ondulado.

    2. [Melanocorypha calandra, Fam dos aláudidos]

    3. [Calandrella rufescens, Fam dos aláudidos]

    4. [Calandrella brachydactyla, Fam dos aláudidos]

    VER O DETALLE DO TERMO