"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que infama ou serve para infamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Necrose que se localiza nunha porción do parénquima e que se debe xeralmente a unha falta de irrigación por embolia ou obliteración brusca da arteria ou das arterias correspondentes e, máis raramente, é producida pola oclusión da vea que drena o sangue. O infarto do miocardio é xeralmente consecuencia dunha trombose da coronaria esquerda, case sempre a causa da existencia previa dunha arteriosclerose. O infarto cerebral é consecuencia dunha trombose ou embolia dunha arteria cerebral por causas como a arteriosclerose e as doenzas de orixe cardíaca que producen émbolos. O infarto intestinal é unha obliteración dun vaso arterial ou venoso que irriga unha ou diversas asas intestinais. O infarto pulmonar é orixinado por unha embolia da arteria pulmonar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que comporta, evoca ou constitúe unha desgraza ou infortunio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está corrompido por xermes ou substancias nocivas.

    2. Que resulta repugnante ou está corrompido por malas influencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é prexudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten fin ou límite.

    2. Que non se pode medir ou contar por ser moi numeroso.

    3. Aplícase ao ser que non ten límite na súa propia perfección. A escolástica distinguiu entre o infinito categoremático ou actual, que exclúe positivamente todo límite, como sería o caso de Deus; e o infinito sincategoremático ou potencial, que é finito en si pero potencialmente infinito.

    4. Aplícase ao conxunto que se pode poñer en correspondencia bixectiva cun subconxunto estricto seu.

    5. Aplícase ao valor máis grande ca calquera outro que se poida dar. Represéntase co símbolo ∞. Así, dise que unha variable x tende ao infinito (x → ∞) ou que unha función f(x) tende ao infinito para x lim f(x)=


      FORMULA


                                  x‡a

    6. Aplícase ao conxunto de formas do verbo que, ordinariamente, carecen de categoría de persoa gramatical. Corresponden a estas formas verbais o infinitivo (coller), o xerundio (collendo) e o participio (collido). OBS: Oponse ao termo finito.

    7. Aquilo que non ten límite nin no espazo nin no tempo, especialmente o espazo ilimitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á inflamación.

    2. Que leva asociado inflamación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete unha infracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito máis abaixo.

    2. Que ou quen asina ao final dun escrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é gustoso nin agradable.

    2. Que non é satisfactorio nin recompensa o esforzo que require.

    3. Que ou quen non demostra agradecemento por un servizo ou afecto que alguén prestou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Petición formulada por un órgano xurisdicional que se cre competente para coñecer dun determinado caso dirixida a outro que naquel momento o coñece, para que desista en favor seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á inhibición.

    2. Que causa inhibición.

    3. Despacho, decreto ou cartas que inhiben a un xuíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao lugar pouco seguro ou cómodo para habitar.

    2. Que non é agradable ou acolledor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode mellorar. OBS: Emprégase normalmente con valor ponderativo.

      1. Que está situado ao lado dunha persoa ou cousa.

      2. Que está situado nas proximidades de algo ou de alguén.

    2. Que ocorre ou se produce de seguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está situado ao lado dunha persoa ou cousa.

      2. Que está situado nas proximidades de algo ou de alguén.

    1. Que ocorre ou se produce de seguido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á inmigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten modestia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos trastornos ocasionados no organismo por mor da inmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se ten desde o nacemento.

      1. Aplícase a aquilo que é connatural a un ser.

      2. ideas innatas

        Ideas ou principios que, segundo o innatismo, son connaturais ao intelecto humano e por tanto non se derivan da experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mártir galego. Ingresou no seminario pasionista de Peñafiel aos 15 anos e foi ordenado sacerdote en 1913. Dedicouse ao ensino nos centros da congregación pasionista en España. Foi martirizado en Turón (Asturias), xunto con outros oito irmáns das Escuelas Cristianas (1934). O Papa Xoán Paulo II beatificounos (1990), ao igual que aos oito irmáns de La Salle, e canonizounos (1999). A súa festividade celébrase o 28 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO