"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Libelista italiano. Escribiu obras sacras, escenas retóricas, narracións bíblicas obscenas, novelas políticas antiespañolas e libelos satíricos. Apresárono en Venecia por un libelo contra o papa, a Igrexa e os xesuítas, Il corriere svagliato, e outro libelo contra Urbano VIII, La baccinata, foi a causa da súa detención e decapitación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e prelado italiano. Foi nomeado cardeal en 1659 polo Papa Alexandre VII. Escribiu numerosas obras literarias, filosóficas, teolóxicas e históricas, das que destaca a traxedia Ermenegildo (1644), Istoria del concilio di Trento (1656-1657), unha xustificación da política da Igrexa católica na época; e o estudo Trattato dell’arte e dello stile del dialogo (1662).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente política nacionalista que pretendía a unificación dos pobos eslavos. Xurdiu nos ss XVIII e XIX, entre os pobos dominados polo Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro pola súa unión e alianza. Despois de 1795 o único estado eslavo independente foi Rusia, que propuxo unir a todos baixo o seu dominio. Na década de 1830 propugnouse a unificación política dos pobos nunha monarquía federada baixo o dominio do tsar de Rusia, coa rusificación da lingua, a cultura e a política.
-
-
Relativo ou pertencente ao paneslavismo.
-
Partidario do paneslavismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de virus constituídos por unha dobre cadea de ADN e unha cápside núa, de simetría icosaédrica, con 72 capsómeros; a maioría destes virus poden causar tumores cando están dentro de hóspedes vertebrados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de pexego que presenta a pel lisa e de cor vermella, coa carne branca moi apegada á carabuña avermellada. É o froito da pavieira.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Lombardia, Italia, situada na chaira do Po, na beira esquerda do río Ticino, preto da súa confluencia co Po (71.074 h [2001]). Ten industrias siderúrxicas, de maquinaria, químicas e téxtiles. Dominada polos galos, pasou a Roma. Destruída por Odoacro (476), foi refeita polos lombardos, que trasladaron alí a súa capital. Carlomagno apoderouse dela en 774. Comuna desde o s XII, en 1359 pasou ao ducado de Milán. Despois da Batalla de Pavia, o territorio foi dominado por Castela (1525-1706) e, posteriormente, por Austria (1706-1796), Francia (1796-1814) e de novo por Austria (1814-1859) ata que en 1859 pasou ao Reino de Sardeña, co que se incorporou ao Reino de Italia (1861). Destacan as igrexas de San Michele e San Pietro, románicas, e a de Santa María del Carmine, gótica, ademais da cartuxa, fundada en 1396 por Gian Galeazzo Visconti como mausoleo da súa familia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Lombardia, Italia (2.965 km2; 489.751 h [2001]). A súa capital é Pavia.
-
PERSOEIRO
Militar, primeiro marqués de Novaliches (1840). Moderado, baixo o goberno de Espartero emigrou a Francia e unha vez amnistiado volveu do exilio (1843) e loitou contra as tropas de Espartero en València. Foi ministro da Guerra (1847). En 1885, tras a caída de Narváez, encargouse de formar goberno, sen tomar posesión. En 1868 comandou as forzas realistas que se opuxeron aos revolucionarios. Emigrado de novo, volveu a España despois da Restauración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Capitán xeneral de Castela-A Mancha, axudou a E. Castelar e en 1874, coñecedor da derrota deste nas Cortes, entrou e disolveunas, co que rematou coa Primeira República Española. Foi capitán xeneral de Catalunya (1880-1881) e novamente de Castela-A Mancha (1885-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre os exércitos de Carlos V e de Francisco I de Francia en Pavia (Lombardia) a noite do 23 ao 24 de febreiro de 1525 durante a guerra polo predominio europeo. O exército de Francisco I asediou en outubro de 1524 a cidade, defendida por unha gornición imperial; mentres, o exército imperial comandado polo marqués de Pescara e por Charles de Lannoy uniuse co condestable de Borbón e iniciou o ataque o 24 de febreiro. A pesar da inicial febleza da cabalaría do marqués de Pescara, a situación foi salvada polos arcabuceiros e despois pola irrupción dos homes da gornición. O rei francés foi feito prisioneiro e levado a Madrid, onde despois do Tratado de Madrid (1526) foi liberado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está asustado e sente pavor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de pexegueiro.
-
-
-
Tenda de campaña de forma cónica que está sostida interiormente por un pau cravado á terra con estacas e cordas.
-
Conxunto de pezas de tea suxeitas a un punto central, á maneira de tenda ou dosel, destinado a cubrir unha cama ou un altar.
-
-
-
Construción que se ergue por riba doutras contiguas, illada nun patio ou un xardín, e que depende a miúdo doutra máis grande.
-
Cada unha das construcións ou dos edificios que forman parte dun conxunto, como os dunha exposición, cidade universitaria, hospital ou prisión.
-
Cada unha das dependencias dun cuartel, onde se aloxan os xefes e oficiais.
-
-
Conxunto de fusís apoiados en terra e inclinados de maneira que se sosteñen entre eles e non caen.
-
-
Armamento exterior do escudo, xeralmente de cor púrpura, que consiste nunha especie de baldaquino que cobre os brasóns dos reis e príncipes soberanos.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de pavimentar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revestir de pavimento a superficie do chan.
-
-
-
Revestimento de diversos materiais co que se cobre un solo para conferirlle firmeza, lisura ou comodidade de tránsito.
-
Material para pavimentar.
-
-
Superficie plana e rochosa que subsiste nunha zona desértica cando as partículas finas foron levadas polo vento.
-
Superficie dunha rocha, xeralmente dura, aplanada e pulida, que presenta ademais estrías, acanaladuras e fracturas en forma de saínte, produtos da forte erosión dun glaciar de tipo alpino ou dun inlandsis moi extenso do Cuaternario ou de tempos moito máis remotos. Polas estrías e as acanaladuras, pódense determinar as direccións e os sentidos das paleocorrentes do antigo glaciar ou inlandsis.
-
-
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e diplomático mexicano. Combatente do exército republicano durante a Guerra Civil Española, onde coñeceu a Pablo Neruda, e membro da Alianza de Intelectuales Antifascistas, ao seu regreso a México foi un dos fundadores de Taller (1938) e El Hijo Pródigo. A partir de 1955 organizou o grupo Poesía en Voz Alta e colaborou en Revista Mexicana de Literatura e El Corno Emplumado; ademais, foi un dos principais impulsores de Plural e Vuelta. Membro da embaixada de México en India (1962-1968), durante as súas estadías en Europa trabou amizade con diversos intelectuais como André Breton e Albert Camus. A súa obra caracterízase pola recorrencia dos temas do amor, a soidade e a morte, expresados cunha gran riqueza imaxinativa. Considerado como un dos principais escritores das letras mexicanas, como poeta iniciouse co libro Luna silvestre (1983), ao que seguiron outros volumes de claro compromiso político como Raíz del hombre (1937),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como Sam Peckinpah, revolucionou o xénero dos westerns coa súa visión violenta, áspera e realista, afastada dos mitos e dos heroes, como se pode ver en Ride in the High Country (1962), Major Dundee (1965), The Wild Bunch (1969) e The Ballad of Cable Hogue (1970). Tamén destacan os seus filmes Straw Dogs (1971), The Getaway (1972) e The Osterman Weekend (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Arias Dávila.