pavimento
pavimento
(< lat pavimentu)
-
s
m
-
Revestimento de diversos materiais co que se cobre un solo para conferirlle firmeza, lisura ou comodidade de tránsito.
-
Material para pavimentar.
-
-
pavimento desértico
[XEOL]
Superficie plana e rochosa que subsiste nunha zona desértica cando as partículas finas foron levadas polo vento.
-
pavimento glaciario
[ESTRATIG/XEOG]
Superficie dunha rocha, xeralmente dura, aplanada e pulida, que presenta ademais estrías, acanaladuras e fracturas en forma de saínte, produtos da forte erosión dun glaciar de tipo alpino ou dun inlandsis moi extenso do Cuaternario ou de tempos moito máis remotos. Polas estrías e as acanaladuras, pódense determinar as direccións e os sentidos das paleocorrentes do antigo glaciar ou inlandsis.