"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
MONTES
Monte situado no O da parroquia da Meda (Castroverde). O seu cumio acada os 636 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Bolmente (Sober). O seu cumio acada os 588 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Sistema montañoso que se estende polas parroquias de Terroso, Enxames e Vilardevós (Vilardevós) en dirección SO-NL. A súa altitude media é de 920 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Foi profesor de xeografía en Viena (1885) e Berlín (1906), onde dirixiu o museo oceanográfico e presidiu a Sociedade de Xeografía. Especialista en xeomorfoloxía, estudou o glaciarismo do Cuaternario nas rexións alpinas. É autor de diversas obras sobre xeomorfoloxía e glaciarismo en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Rebordechau (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 1.200 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
presebe.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiso. De estilo románico (s XII), ten unha soa nave de forma rectangular dividida por un arco de medio punto. No seu interior destaca a ábsida, construída en data posterior á nave. A porta principal está formada por un par de columnas acobadeladas sobre as que se apoia unha dobre arquivolta. No tímpano destaca unha cruz en forma de aspa inscrita nun cadrado. A fachada remata nunha espadana de dous vans. Na fachada meridional a cruz do tímpano está rodeada por unha moldura de pequenos arcos en forma de coroa. Consérvanse os canzorros románicos que sosteñen o beiril do tellado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que ou quen ten poucos bens.
-
Que conta con recursos insuficientes.
-
Que ou quen é de baixa condición social.
-
Persoa que vive da caridade.
-
-
Que ten algo de xeito escaso.
-
Que dá pena. OBS: Adoita ir anteposto ao nome.
-
-
Membro dunha congregación relixiosa ou seita que adoptaron esta denominación para subliñar a súa condición de pobreza e, sobre todo, a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica. Entre eles foron especialmente coñecidos os valdenses, que en Francia foron chamados pobres de Lyon e en Italia pobres lombardos.
-
pobre católico
Membro da comunidade relixiosa fundada en 1208 por Durando de Huesca con antigos valdenses convertidos. O Papa Inocencio III aprobou as súas regras en 1212: pobreza absoluta ata a mendicidade, castidade, predicación contra os herexes, oficio canónico e submisión á xerarquía eclesiástica. Establecéronse basicamente na diocese de Elna e en Occitania e disolvéronse a partir de 1250 tras a morte do seu fundador.
-
-
...
-
-
-
-
Que ou quen ten poucos bens.
-
Que conta con recursos insuficientes.
-
Que ou quen é de baixa condición social.
-
Persoa que vive da caridade.
-
-
Que ten algo de xeito escaso.
-
Que dá pena. OBS: Adoita ir anteposto ao nome.
-
-
Membro dunha congregación relixiosa ou seita que adoptaron esta denominación para subliñar a súa condición de pobreza e, sobre todo, a súa adhesión ao espírito da pobreza evanxélica. Entre eles foron especialmente coñecidos os valdenses, que en Francia foron chamados pobres de Lyon e en Italia pobres lombardos.
-
pobre católico
Membro da comunidade relixiosa fundada en 1208 por Durando de Huesca con antigos valdenses convertidos. O Papa Inocencio III aprobou as súas regras en 1212: pobreza absoluta ata a mendicidade, castidade, predicación contra os herexes, oficio canónico e submisión á xerarquía eclesiástica. Establecéronse basicamente na diocese de Elna e en Occitania e disolvéronse a partir de 1250 tras a morte do seu fundador.
-
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lugares que teñen na súa denominación o termo A Pobra ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante dos lugares que teñen na súa denominación o termo A Pobra.
-
-
-
-
Calidade de pobre.
-
Condición de quen se atopa nun estado de miseria relativa ou está privado da manutención ou dos medios necesarios ante certas eventualidades como a enfermidade. Demostrada legalmente esta situación por medio dun certificado expedido polo concello ao que se pertence, pódense ter acceso a formas especiais de asistencia e beneficencia.
-
Situación relativa de determinadas zonas ou países respecto doutros considerados ricos, que incide fundamentalmente nun reparto desigual da renda. Estas zonas ou países atópanse na imposibilidade de acadar un crecemento autosostido a causa das súas relacións económicas internas, que impiden o avance da produción e da renda total obxecto de reparto. Esta situación, denominada círculo vicioso da pobreza, materialízase na existencia dun baixo nivel de demanda, un mercado pequeno e unha escasa posibilidade de aforro. A insuficiente dispoñibilidade de capital obriga a traballar con produtividades moi baixas, que dan lugar a unha produción escasa e a unha renda que obriga a volver a comezar un proceso con idénticas limitacións.
-
-
irtude moral que ordena a conduta humana en relación aos bens deste mundo, e que pode esixir ata o desprendemento material voluntario, forma extrema xeralmente chamada pobreza evanxélica, seguindo os consellos evanxélicos e o espírito da primitiva comunidade de Xerusalén, descrita nos Feitos dos Apóstolos.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de xuño de 1981. Funcionou como boletín local da Confederación Sindical Galega nesa cidade. De carácter reivindicativo e orientado aos sectores obreiros, amosou unha fonda preocupación polo problema do paro na comarca. Nas súas portadas apareceron algunhas ilustracións de Castelao.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Pontedeva. Datada no s XVIII, ten unha nave de tres tramos separados por arcos de medio punto e capela maior. A fachada é barroca e remata cunha espadana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no O da parroquia de Ermedelo (Rois). O seu cumio acada os 518 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (61.818 h [2001]). A construción da canle á dereita do Llobregat, a mediados do s XIX, transformou a agricultura de cereais de secaño en regadío. Predominan as industrias do sector téxtil, químico, alimentario, do papel, auxiliares e de transformación.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, que delimita ao O con Andalucía (11.331 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas. Destaca o castelo, declarado BIC en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo francés. Discípulo de Cuvier, estudou gran número de ósos humanos fósiles. Escribiu, xunto con E. T. Hamy, Crania Ethnica (1873-1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación de orixe creada pola Orde de 5 de marzo de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Esta variedade de queixo elabórase nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Caurel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O leite que se emprega procede do gando vacún aínda que tamén se elaboran queixos con leite de gando caprino. Ten un aspecto funxiforme que se consegue atando un pano na base e deixando que a parte superior caia arredor. A súa codia é branca ou amarelada dependendo do punto de maduración e a súa pasta é abrancazada, branda e cun certo sabor ácido. Contén entre un 45% e un 60% de materia graxa que procede de leite enteiro pasteurizado e callado.