"Bor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 827.
-
PERSOEIRO
Conde de Barcelona, Girona e Osona (992-1017?), fillo e sucesor de Borrell II. En 1003 emprendeu unha expedición contra Lleida coa axuda doutros condados. ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Mu ẓ affar, fillo de Almanzor, asaltou Meià, mentres Wadih tomou o castelo de Montmagastre, chegou a conca de Òdena e atacou a Castellolí, pero a época do ano avanzada e a resistencia cristiá obrigaron aos sarracenos a retirarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán de Racibórz.
-
PERSOEIRO
Duque de Borgoña (921-923) e rei de Francia (923-936). Casou cunha filla de Roberto I de Francia, a quen sucedeu tras a súa morte. En 930 derrotou aos normandos, o que lle permitiu impoñerse á nobreza.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Referente da filosofía política, a súa teoría quedou expresada en A Theory of Justice (1971). Revisou o contractualismo de Jean-Jacques Rousseau e partiu dunha posición orixinal en que se conveñen uns principios de xustiza aplicables na práctica, que son escollidos por homes libres e descoñecedores da súa futura posición na sociedade rexida por estes principios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Manifestou as súas preocupacións relixiosas e morais en Frammenti lirici (1913) e en Canti anonimi (1922) reflectiu unha crise espiritual. Foi ordenado sacerdote (1936) e desde entón os seus libros de poesía, como Via Crucis (1955), constituíron un profundo coloquio con Deus.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
gaio azul.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Santalla (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 745 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Retorta (Laza). O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pazos (Ponteceso). Foi unha antiga casa de labranza e ten planta en forma de L, aínda que se lle engadiu outro corpo perpendicular. As fachadas sufriron varias modificacións e conserva unha solaina de cantaría. Na fachada principal ten anacos de cantaría da fábrica primitiva e destaca un perpiaño situado sobre un lintel, que data a edificación en 1643.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Tui. Construída sobre restos romanos e suevos, data do s XI e realizouse en estilo románico. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas, a central de forma semicircular e as laterais rectangulares. No seu interior conserva capiteis historiados e na capela maior pinturas murais do s XVI. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxes beneditinos documentado no s X e foi residencia dos bispos de Tui (1069-1179?). En 1102 custodiou as reliquias que Xelmírez trouxo de Braga e foi sede dun concilio de bispos galegos (1118-1122). En 1132 adoptou a regra de santo Agostiño. En 1435 o mosteiro uniuse á catedral e a súa igrexa converteuse en templo parroquial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que reborda.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Cumeiro (Vila de Cruces). O seu cumio acada os 534 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Saír un líquido fóra dos límites do recipiente ou do lugar en que está contido.
-
Amosar algo ou alguén un sentimento de xeito intenso.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Crecente baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilar de Barrio baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Camba (Laza). O seu cumio acada os 800 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Pousada (A Pastoriza). O seu cumio acada os 504 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO