Rebordáns, San Bartolomeu de

Rebordáns, San Bartolomeu de

Igrexa parroquial situada en Tui. Construída sobre restos romanos e suevos, data do s XI e realizouse en estilo románico. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas, a central de forma semicircular e as laterais rectangulares. No seu interior conserva capiteis historiados e na capela maior pinturas murais do s XVI. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxes beneditinos documentado no s X e foi residencia dos bispos de Tui (1069-1179?). En 1102 custodiou as reliquias que Xelmírez trouxo de Braga e foi sede dun concilio de bispos galegos (1118-1122). En 1132 adoptou a regra de santo Agostiño. En 1435 o mosteiro uniuse á catedral e a súa igrexa converteuse en templo parroquial.