"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • Acción e efecto de desmembrar ou desmembrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar os membros do corpo dun animal ou dunha persoa.

      1. Dividir unha cousa separando as partes que a forman.

      2. Separar unha parte dun todo ou dun conxunto.

      1. Dividirse unha cousa separando as partes que a forman.

      2. Separarse unha parte dun todo ou dun conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desvertebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desvertebrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar as vértebras a.

    2. Desfacer as estruturas internas que mantiñan unido e daban estabilidade a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Ebra, diplomouse en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña (1991). A súa obra, de carácter realista, reflicte paisaxes, o mundo mariño e bodegóns. Traballou, principalmente, ao óleo, ao acrílico e á pluma. Colaborou como debuxante no traballo de investigación Estudio da arquitectura popular e etnografía de Castro Caldelas da Xunta de Galicia (1993). Entre outras mostras colectivas, participou na Colectiva de Pintura da Junta Municipal de Moncloa (Madrid, 1996-1997), na Feira do Debuxo e do Gravado da Xunta de Galicia (1998-1999-2000), no I Salón Vigart de Artes Plásticas de Vigo (1998) e na Feria de Artes Plásticas Arte na Estación (Vigo, 1998-2000-2001). Foi seleccionado nos Premios Ejército del Aire de Pintura en 1996 coa obra 1927, Vuelo sobre Lalín, adquirida polo exército, e en 1997 con Teoría de Vuelo, e no III Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1999) con Herdanza. Realizou exposicións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico empregado na poesía grecolatina formado por dúas sílabas breves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra dramática publicada por Ramón María del Valle-Inclán como folletín de El Sol en 1919 e, como libro, en 1920. Foi representada por primeira vez en 1933, pola compañía de Margarita Xirgu, baixo a dirección de Rivas Cherif e coa escenografía de Castelao. Representa a culminación da súa interpretación literaria do mundo rural galego, iniciada con Águila de Blasón (1907) e Romance de lobos (1908), e continuada con El embrujado (lida en 1913). Conta como a protagonista Mari-Gaila comeza a gañarse a vida exhibindo polas feiras un anano hidrocéfalo, Laureano, que recibira en herdanza -á morte da mendiga Juana la Reina, irmá do seu home-, o sancristán Pedro Gailo. A súa peripecia de feiranta remata cando o anano morre bébedo, mentres ela pasa a noite con Séptimo Miau, teatreiro engaiolante e descrido. A perda da fonte de diñeiro desencadea unha disputa entre a familia de Pedro Gailo e Marica del Reino, a outra irmá da defunta, que era tamén beneficiaria de Laureano. O clímax chega cando os...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte dunha cousa que se dobra ou prega.

      2. Pregadura que se fai nos bordos dun tecido metendo unha parte da tea cara a adentro e coséndoa.

    1. Composición poética e musical dun número variable de versos, entre dous e trece, e cunha mesma rima que se repite do mesmo xeito en cada unha das estrofas que a compoñen.

    2. Ondulacións que sofren as rochas debido á presión exercida polas forzas laterais.

    3. loro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que recibe o dobre de calquera moeda de ouro, especialmente as musulmanas e castelás.

    2. Nome que lle daban os cristiáns á moeda de ouro almohade que se empezou a cuñar a finais do s XII, cun valor de dous dinares e cun peso de 4,60 g. Adoitaba levar un cadrado central coa lenda en diversas liñas.

    3. Moeda castelá de ouro emitida no s XIII por Fernando III o Santo (1230-1252), de peso e lei (23 3/4 quilates), similar ao dinar almohade. Dende a súa aparición, converteuse na unidade básica do sistema monetario castelán durante os ss XIV e XV. En tempos de Xoán II (1406-1454) a súa lei rebaixouse. Baixo os reinados de Enrique IV e dos Reis Católicos, a moeda de ouro volveu ao peso e á lei iniciais. Recibiu tamén os nomes de enrique, castelán ou medio excelente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Betanzos. As súas armas levan, en campo de goles, unha dobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Participou na resistencia contra os nazis e escribiu as novelas Listy Nikodema (Cartas de Nicodemo, 1952) e Kosciolw Chocholowie (A igrexa de Chocholowie, 1954), ademais de ensaio de influencia católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade da composición poética medieval chamada arte común, que consiste no emprego de dúas rimas consonantes distintas en cada estrofa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa, máquina ou aparato que dobra.

    2. Persoa que dobra películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dobrar ou dobrarse.

    2. Sinal que queda no lugar por onde algo foi dobrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso tectónico apreciable nas series de rochas sedimentarias, no que estas se pregan pola presión que exercen sobre elas forzas compresivas, produto dos movementos tectónicos da codia terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo aumente ata o dobre.

    2. Aumentar algo de xeito significativo.

    3. Ser o dobre de algo.

      1. Facer que unha parte de algo flexible quede sobre outra, repetindo esta acción unha ou máis veces.

      2. Torcer unha cousa poñéndoa curva.

      1. Substituír, nunha película, a voz orixinal dun actor pola doutro.

      2. Traducir alguén os diálogos dunha película a outra lingua diferente da orixinal.

      3. Substituír un actor especialista o principal en determinadas escenas dunha película, especialmente naquelas que implican certo risco.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substitución, nunha película, da voz orixinal dun actor pola doutro.

    2. Tradución dos diálogos dunha película a outra lingua diferente da orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada a partir de outubro de 1990 na Coruña e dirixida por Manuel Romero e Ángel Fernández. Como publicación dedicada ao mundo de ultratumba, inclúe artigos referidos ás misas negras, ao vampirismo, ás tumbas ou aos cemiterios, acompañados todos eles de fotografías, poemas e cómics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).

    VER O DETALLE DO TERMO