Domínguez Bugarín, Cibrán
Escultor e mestre de arquitectura; probablemente irmán de Xosé Domínguez Bugarín Muñoz. Activo en Santiago de Compostela entre 1708 e 1713. En 1711 fixo o arquivo da sala capitular da catedral de Tui. Para a igrexa do mosteiro de San Paio de Antealtares fabricou os retablos xemelgos do Rosario (1711) e de San Bieito (1713), decorados con columnas salomónicas e acios de froitas. Xunto con Miguel de Romai realizou, en 1712, o retablo maior de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, trasladado posteriormente á igrexa de Santo André de Souto (A Estrada); e con Antonio de Afosín entallou en 1709 o retablo maior da parroquia de Santa Susana, segundo traza do arquitecto Domingos de Andrade, os retablos da igrexa de Santa Clara de Tui en 1711 e o retablo de San Marcos da igrexa de Santiago de Betanzos (1712).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tui