"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Síndrome neurolóxica que aparece a consecuencia do sufrimento do nervio ciático. Caracterízase por producir dor e alteracións da motricidade, da sensibilidade e dos reflexos no territorio inervado por este nervio. O 95% dos casos aparecen a consecuencia da compresión sufrida polas raíces nerviosas na saída da columna vertebral. A hernia discal é a causa de compresión máis frecuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cadeira.

    2. Rama terminal do plexo sacrolumbar. Sae da pelve pola parte inferior do escote ciático maior, descende entre a tuberosidade do isquio e o trocánter maior do fémur, e sitúase na parte posterior da coxa por debaixo da porción longa do bíceps crural. Ao chegar ao oco poplíteo bifúrcase e fórmanse os nervios ciático poplíteo externo e interno, que se distribúen pola perna. Os nervios ciáticos teñen unha función mixta sensitiva e motora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao órgano en forma de copa, como, por exemplo, o peridio dos fungos do xénero Cyathus ou a corola de certas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia propia das euforbias, constituída por unha flor feminina central longamente pedunculada, cinco flores masculinas reducidas a un só estame e un invólucro ciatiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cunca ou vaso con asa alongada usado por gregos e romanos para extraer viño da crátera e servilo en copas sen mollarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de ozoide asexuado que se forma nos pirosómidos a partir do ovo e que dá lugar, por xemación, aos ascidiozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos medas (624-584 a C). Durante a dominación do reino polos escitas, adestrou o seu exército nas súas técnicas guerreiras. Conseguiu expulsar os escitas e expandiu o reino ata as montañas de Anatolia e o lago Van. Marchou contra os asirios e, coa axuda do rei de Babilonia, destruíu a capital do Imperio, Nínive, no 612 a C. Continuou a súa expansión á costa dos reinos de Lidia e Urartu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cicatriz ou á cicatrización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en diversas publicacións periódicas e dirixiu os xornais El Progreso, La Opinión Liberal e Álbum Literario. Publicou, entre outras obras: Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia (1891), El mejor juez es Dios (1887) e Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez (1908). Editou tamén os traballos Tradición del tributo de las cien doncellas (1886) e Memoria sobre la crisis que en la actualidad sufre la industria pecuaria (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Realizou estudios en Madrid e publicou En esta oscura marcha (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema ou conxunto de coñecementos obxectivos sobre a natureza e os seus fenómenos, elaborados a partir da observación, experimentación e utilización de teorías. Aspira a formular, se é posible coa linguaxe matemática, as leis que rexen os fenómenos. Nun sentido amplo, tamén estudia a sociedade, o ser humano e o seu pensamento. En xeral, asóciase a un tipo singular de saber profundo, que é rigoroso e metódico, teórico pero susceptible de aplicación práctica e de axuda ás necesidades humanas. Caracterízase, formalmente, pola capacidade de facer previsións (exactas) sobre unha parte da realidade. É unha actividade complexa que inclúe labores de investigación, actividades institucionais, proxectos gobernamentais, unha tradición acumulativa de coñecementos, unha notable participación no mantemento e desenvolvemento da produción, un material de uso divulgativo, publicitario, etc. A actividade científica ocupa un lugar básico e cotián na estrutura económica e cultural da sociedade, influíndo...

      2. ciencias aplicadas

        Ciencias que empregan os resultados científicos ao servizo das aplicacións técnicas. Utilizan o mesmo método xeral das ciencias puras e algúns métodos especiais. As ciencias aplicadas teñen como obxectivo resolver problemas prácticos e, polo tanto, céntranse máis nos problemas prácticos xerais no ámbito dunha sociedade en desenvolvemento ca nos propios dominios da ciencia.

      3. ciencias exactas

        matemática.

      4. ciencias humanas

        Expresión nacida e empregada principalmente dentro do ámbito cultural francés que designa aquelas disciplinas que teñen como obxecto de estudo o home tanto na súa dimensión individual coma social. Denominadas tamén ciencias do home, inclúen as ciencias sociais, a filosofía, a historia e tamén o dereito e a psicoloxía individual.

      5. ciencias naturais

        Denominación tradicional que reciben o conxunto de ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza nas súas distintas facetas e que engloba a física, a química, a bioloxía e a xeoloxía.

      6. ciencias puras

        Denominación que fai referencia á parte do saber científico que unicamente ten por obxecto o coñecemento da realidade, sen ter en conta a utilidade ou a aplicación práctica destes coñecementos. Engloba basicamente a lóxica e a matemática.

      7. ciencias sociais

        Conxunto de disciplinas que teñen como obxecto de estudo as estruturas e procesos sociais, económicos e políticos. Considéranse principalmente como ciencias sociais a economía, a demografía, a antropoloxía social e cultural, a etnoloxía, a socioloxía, a psicoloxía social, as ciencias políticas, a ciencia da educación e a sociolingüística.

    1. Cada póla ou departamento de coñecementos sistematizados considerado como campo de investigación ou obxecto de estudio.

    2. Conxunto de coñecementos dunha persoa. Ex: Non estudiou, pero todos estes anos traballando coa fotografía déronlle moita ciencia no seu oficio.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico fundado por Juan Téllez en Santiago de Compostela no ano 1902.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disciplinas relacionadas coa realización de produtos escénicos, entre as que cómpre salientar a teoría da interpretación, a teoría da posta en escena, a dirección de escena, a escenografía, a expresión corporal e xestual, a produción de espectáculos ou a iluminación teatral. Cada unha delas posúe a súa propia dimensión teórica, tecnolóxica e práctica e son obxecto de docencia e investigación nas Escolas Superiores de Arte Dramática ou nas Facultades de Estudios Teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do S de Anatolia, na costa situada entre a serra do Tauro e o Mar Mediterráneo. É unha chaira fértil, chave de paso do altiplano de Anatolia aos grandes vales mesopotámicos e do Levante, polo porto do centro do Tauro, coñecido como as portas de Cilicia ou a porta de Ferro. Está situada entre os iller de Içel e Adana, en Turquía. A abertura cara a Siria e Mesopotamia favoreceu unha rápida expansión das novidades económicas neolíticas. A rexión costeira foi invadida durante o Eneolítico por grupos de inmigrantes chegados desde Occidente. No s XVI a C a rexión oriental estaba ocupada polo Reino de Kizzuwatna, que asinou un tratado cos hititas, co que se converteu nun protectorado que mantivo certa independencia. Incluída dentro da órbita asiria no s IX a C, foi anexionada por Sargón II. Os cimerios invadiron a rexión, que caeu baixo o dominio persa, e Ciro o Grande incorporouna ao seu Imperio, na satrapía de Capadocia. A presenza de colonias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca do Lazio, Italia, que corresponde aproximadamente á provincia de Frosinone.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa recta, firme e decidida no cumprimento dos seus deberes e obrigas.

    2. Aplícase ao tecido, corda ou material semellante que se mantén estirado e firme sen posibilidade de dobrarse ou rachar.

    3. Aplícase á persoa animosa e decidida.

    4. Que funciona con normalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Liña curva e cerrada que une todos os puntos dun plano, situados á mesma distancia dun punto dado (centro). Esta distancia entre o centro e cada punto da circunferencia é constante e denomínase radio. Nunha referencia cartesiana normal, a ecuación da circunferencia de centro (a,b) e radio r é (x-a) 2 +(y-b) 2 -r 2 =0. A súa lonxitude vale 2πr.

    2. Obxecto que ten forma de circunferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Situación ou condición que acompaña un feito nun momento determinado e que pode intervir no xeito de desenvolverse.

      2. Situación na que se encontra unha persoa ou cousa. Ex: Nas circunstancias en que nos atopabamos obramos correctamente.

    1. Motivo que, ao concorrer nun feito delituoso, anula ou modifica o grao de responsabilidade orixinal e, en consecuencia, a penalidade. Pode tratarse dunha circunstancia eximente, cando libera de culpa, atenuante, se diminúe a pena, ou agravante, se a aumenta.

    2. Situación, medio ou horizonte no que se coloca o individuo, en tanto que son constitutivos da súa propia realidade, segundo a filosofía de Ortega y Gasset, e que pode resumirse na máxima: “Eu son eu e a miña circunstancia”.

    3. Produto literario que xorde vinculado a unhas circunstancias históricas determinadas, ben para proclamar a súa adhesión a elas, nas composicións laudatorias, ben para opoñerse a elas, nas de denuncia. Adoita predominar o ton crítico. Na literatura galega hai múltiples textos ligados a diversos momentos históricos, como a invasión francesa, a Guerra Civil española e a posterior ditadura franquista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se enuncia expoñendo ou contando todas as circunstancias. Ex: A policía pediu un relato circunstanciado do que acontecera.

    VER O DETALLE DO TERMO