"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extraer, transportar ou elevar auga ou calquera outro fluído utilizando unha bomba.
-
GALICIA
Historiador da Arte. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1948) e doutor pola Universidad Central de Madrid (1957). Foi axudante de cátedra de Historia da Arte na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela (1949-1951). Obtivo a diplomatura en Museoloxía pola Escola do Louvre (1951-1952) e exerceu como axudante da cátedra de Historia da Arte da Idade Media na Universidade da Sorbonne ata 1957. Nese ano defendeu a súa tese Arquitectura en Galicia durante el siglo XVII, obtendo o Premio Nacional Menéndez Pelayo, o que lle valeu a súa publicación polo Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en 1965. Foi axudante de Historia Xeral da Arte da Faculdad de Filosofía e Letras de Madrid (1957-1959), investigador do Instituto Diego Velázquez do CSIS (1963-1965), profesor interino no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid (1957-1959), profesor adxunto á cátedra de Historia da Arte na Universidad Central (1959-1962)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Autodidacta de formación, a súa obra caracterízase polo forte cromatismo en temas de tradición folclórica e paisaxística. Realizou a súa primeira mostra individual no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1960). Ten obra no Museo de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Profesor na Escola de Arquitectura de Madrid, mantén unha relación continuada coa arquitectura galega. Iniciou a súa actividade profesional en Catalunya nos anos setenta: casa Ibarz (Girona 1972), vila Jane (Girona 1975), vila Durán (Barcelona, 1976), vila Esplugues (Barcelona, 1972). Participou co grupo de arquitectos cataláns que promoveron a revista 2C Construción de la ciudad. Na década dos oitenta instalouse en Madrid, onde alternou a tarefa docente e construtiva (Casa azul de Berrocal Matalpino, Madrid). Ata 1995 non construíu nada en Galicia, en concreto fai a reforma da xoiería Noroeste de Santiago de Compostela. Ten publicado diversos traballos de divulgación ou reflexión sobre a Arquitectura, entre os que salientan: La arquitectura del humo (1994) e De la literatura al arte, recuerdos para una biografía (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad Complutense de Madrid, en ambos casos con premio extraordinario. É profesor emérito da cátedra de Dereito Civil da Facultade de Dereito do Centro Universitario Luis Vives (CEU). Entre 1956 e 1957 foi profesor de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela, onde fundou un Seminario de Dereito Civil Galego. Ampliou estudios nas universidades de Roma (1952), París (1954) e Bonn (1953-1957). En 1957 ingresou no Cuerpo de Investigadores Científicos do Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), no Instituto Nacional de Estudios Jurídicos, en 1971 foi profesor de investigación e director do centro ata 1989. Foi secretario xeral do Istituto Giuridico Spagnolo di Roma (1964-1967), membro da Association Henri Capitant de París (1969), da International Law Association de Londres (1974), da European Science Foundation de Estrasburgo e do Internationales Institut für Rechts-und Vermaltungssprache...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Georges Boole ou á súa álxebra.
-
Aplícase ao sistema de busca de textos nun ordenador ou nunha rede informática empregando unha aplicación na que se combinan termos como AND, OR e NOT, cos que se indican coa máxima precisión posible que é o que desexamos atopar, limitando os resultados a aqueles que teñan máis posibilidades de achegarse ao obxecto da busca.
-
-
-
Acción de abrir a boca para inspirar, especialmente a aspiración forte que precede á morte.
-
Abertura involuntaria da boca con inspiración profunda e seguida dunha prolongada expiración, xeralmente ruidosa.
-
-
-
Abrir a boca para coller aire, especialmente quen está a piques de morrer.
-
Abrir a boca involuntariamente, xeralmente facendo ruído, a causa da fame, do sono ou do aburrimento.
-
Estar algunha cousa a punto de rematar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tirador’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘disparar’.
-
PERSOEIRO
Mariño militar e matemático. Atopou un método astronómico para calcular a situación dos barcos e deu a coñecer un círculo de reflexión que leva o seu nome. Participou na medida do grao do meridiano entre Dunquerque e Barcelona. Escribiu, entre outras obras, Mémoires sur le mouvement des projectiles (Memoria sobre o movemento dos proxectís, 1756) e Descriptions et usage du cercle à reflexion (Descricións e emprego do círculo de reflexión, 1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estar situado polo bordo dunha cousa ou ao seu redor.
-
Ir polo bordo ou proximidades de algo.
-
Dar bordadas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Escribiu biografías - Villiers de l’ Isle-Adam (1891) - e, sobre todo, novelas, onde defendeu a integridade da familia, as tradicións e a relixión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e microbiólogo belga. Discípulo de Metchnikoff en París, foi iniciador e director, durante corenta anos, do Instituto Pasteur de Bruxelas e profesor de Bacterioloxía na Universidade de Bruxelas (1907-1935). É o autor de traballos básicos sobre a inmunidade e as hemólises bacterianas, e dunha descrición dos bacilos causantes da difteria das aves de curral e da tose ferina humana (Bordetella pertussis), xunto con Octave Gengou no 1909. Descubriu a reacción de fixación de complemento. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 1919. Entre as súas obras destaca Traité de l’immunité dans les maladies infectieuses (Tratado sobre a inmunidade nas enfermidades infecciosas, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada unha das divindades aladas nacidas de Bóreas, concretamente Cálais e Zetas. Como seu pai, eran deuses dos ventos, e a súa característica principal era a velocidade. Segundo uns autores tiñan ás nos talóns, e segundo outros no lombo. Tomaron parte na expedición dos argonautas loitando contra as harpías, que perseguían o Rei Fineo. Parece que morreron a mans de Heracles.
-
Relativo ou pertencente aos boréades ou ás boréades.
-
-
-
Do norte, relativo ou pertencente ao setentrión.
-
Aplícase a todo o que se atopa no norte da esfera terrestre ou próximo ao Polo Norte, á rexión ártica.
-
Para algúns fitoxeógrafos, territorio da taiga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén é coñecido o Océano Ártico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fase climática holocena que se desenvolve entre 8700-8000 BP. Caracterízase por un clima cálido e seco que favorece o desenvolvemento do piñeiro primeiro e das abeleiras despois.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento do norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus do vento do norte. Divindade alada que, segundo a mitoloxía grega, era fillo de Astreo e de Eos (a Aurora). Represéntase como un vello vestido cunha túnica flotante.