Bordet, Jules Jean Baptiste Vincent

Bordet, Jules Jean Baptiste Vincent

Médico e microbiólogo belga. Discípulo de Metchnikoff en París, foi iniciador e director, durante corenta anos, do Instituto Pasteur de Bruxelas e profesor de Bacterioloxía na Universidade de Bruxelas (1907-1935). É o autor de traballos básicos sobre a inmunidade e as hemólises bacterianas, e dunha descrición dos bacilos causantes da difteria das aves de curral e da tose ferina humana (Bordetella pertussis), xunto con Octave Gengou no 1909. Descubriu a reacción de fixación de complemento. Recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 1919. Entre as súas obras destaca Traité de l’immunité dans les maladies infectieuses (Tratado sobre a inmunidade nas enfermidades infecciosas, 1920).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Soignies, Brabante

  • Deceso

    Lugar : Bruxelas