"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Corrente filosófica derivada do sistema hegeliano e que tivo unha influencia moi diversa posteriormente. Os discípulos de G. W. F. Hegel, continuadores das súas ideas e métodos, dividíronse entre unha dereita de tipo teísta, na que destacaron pensadores como Göschel e Daub; unha esquerda ateísta representada, entre outros, por A. Ruge, B. Bauer, L.A. Feuerbach e D. F. Strauss; e unha postura media entre ambas as dúas liderada por J. E. Erdmann, K. Fischer e J. K. F. Rosenkranz. Nun principio K. Marx simpatizou cos hegelianos da esquerda e, aínda que acabou polemizando con eles ao limitar a actividade crítica ao campo teórico, conservou de Hegel o método dialéctico. A publicación a comezos do s XX dos Escritos de xuventude de Hegel desencadeou en Alemaña e Italia un renacemento das súas doutrinas. En Italia o idealismo hegeliano estivo representado por B. Croce e M. G. Gentile, e en Alemaña por R. Kroner, S. Mark e A. Liebert. Cómpre destacar tamén a presenza das ideas hegelianas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hegelianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Período da historia e da civilización gregas, e dos países baixo a súa influencia cultural, que se estendeu entre a morte de Alexandre o Grande (323 a C) e a Batalla de Actium (31 a C). O termo foi cuñado polo historiador J. G. Droysen na súa obra Geschichte des Hellenismus (Historia do Helenismo1836-1843). Trala morte de Alexandre o Grande, os seus sucesores tentaron unificar os territorios do seu imperio, que recollían pobos diversos con distintas relixións, linguas e estruturas sociais e políticas, a través da promoción da lingua e cultura gregas e da progresiva afirmación das estruturas da polis grega. Formaron tres Estados (Exipto, Macedonia e Siria), que xunto coa apertura de novas rutas comerciais e a creación de novas cidades (Alexandría, Pérgamo, Antioquía) con criterios racionais, contribuíron á cohesión económico-cultural do mundo helénico, favorecida polo uso dun idioma único (koiné). No terreo relixioso produciuse un abandono das crenzas tradicionais...

    2. Influencia da cultura grega, especialmente da época clásica, noutras civilizacións.

      1. Palabra ou xiro grego, en especial da época clásica, incorporado noutra lingua.

      2. Rama de estudios sobre temas de lingua, de literatura e de pensamento da Antiga Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torsión que se produce sobre algúns órganos vexetais como os talos, pecíolos ou gabiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipótese propugnada por Nikolaj Kopernik, que sitúa o Sol no centro do sistema solar e os planetas, cos seus satélites, os cometas e os asteroides xirando ao seu redor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Astronomía dedicada ao estudo das ondas sísmicas xeradas no interior do Sol. Do seu estudo obtense información sobre o funcionamento interno da estrela e dos procesos que orixinan as reaccións nucleares e o vento solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno extrapiramidal caracterizado polo movemento violento, involuntario e desordenado dunha extremidade, como se fose unha forte sacudida, causada por unha lesión no núcleo subtalámico do cerebro. Resulta afectada a extremidade contralateral á lesión cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado morboso debido a unha afección do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia, nun mesmo individuo, de órganos sexuais masculinos e femininos, de tecido ovárico e testicular ou ben de órganos de reprodución que non presentan a típica característica dun só sexo. A pesar de que é normal nun certo número de invertebrados (anélidos, crustáceos e moluscos), é completamente excepcional dentro da especie humana. O pseudo-hermafroditismo ou xinandromorfismo consiste nunha malformación dos xenitais, caracterizada pola presenza nun mesmo individuo dalgunhas características aparentes dos dous sexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que os gregos designaban a Thot, deus exipcio da escritura, das ciencias e das artes. Considerábano un sabio fabuloso, autor dun gran número de tratados secretos de astroloxía, maxia e alquimia. Do seu nome deriva a denominación de filosofía hermética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de hermético por ser incomprensible e impenetrable.

    2. Corrente espiritual da tardía época helenística que toma o nome de Hermes Trismexisto, sabio fabuloso identificado co deus exipcio. Na súa especulación atópanse trazos do coñecemento austral caldeo, da física de Aristóteles, da psicoloxía de Pitágoras e Platón e da astroloxía. Propuña unha liberación por medio da hipnose e dividía o cosmos en tres zonas: a superior, sede da luz; a inferior, habitada polos homes, sede da materia e da corrupción; e a intermedia, sede dos espíritos e das ánimas.

    3. Tendencia poética italiana contemporánea. Influída por Leopardi, C. P. Baudelaire, E. A. Poe e o simbolismo francés, deu lugar a unha poesía de linguaxe núa e esencial, de comprensión difícil, que cultivaron G. Ungaretti, E. Montale, S. Quasimodo, D. Campana, A. Gatto e M. Luzi. A súa eclosión tivo lugar sobre 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de heroe.

    2. Acción propia dun heroe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado constitucional hereditario, caracterizado por disfuncionalismos nerviosos, locomotores e circulatorios, e sobre todo por determinadas lesións traumáticas dos tegumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno dos individuos ou órganos de diferente forma cando esta se considera excepcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade característica de moitos fungos onde a reprodución sexual se simplifica ata que non é posible distinguir un micelio masculino dun feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de híbrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído que se produce pola flutuación dun líquido nunha cavidade calquera do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación lenta por mecurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos relacionados coa circulación de fluídos quentes e ricos en auga que constitúen un importante axente de metamorfismo xeolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO