"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Humanista. Catedrático de Retórica en Zaragoza e València (1561-1579), foi un dos epígonos do erasmismo español. Destaca a súa extensa obra didáctica formada por diversos opúsculos como De vera et facili imitatione Ciceronis (1560), El latino de repente (1573), Rhetorica (1567) e Vocabulario del humanista (1569). A disertación Campi eloquentiae (1573) marcou a plenitude do latín ciceroniano. Traduciu ao castelán as Elegantiae de Paulo Manucio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi asesor xurídico da Semana Verde de Galicia (1982-1991) e secretario xeral letrado da Fundación Semana Verde de Galicia (1991-1996). Elixido deputado no Parlamento de Galicia desde 1989, foi conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1996-1999) e presidiu, entre 1996 e 1998, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). É secretario xeral do PP de Galicia desde 1999 e conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local desde 2003. Recibiu a Cruz de Honor de San Raimundo de Peñafort (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Folla de poesía publicada en Mondoñedo entre 1933 e 1935 (nº5). Subtitulouse “Oficina lírica do Leste galego” e estivo promovida por Álvaro Cunqueiro. Cunha tiraxe mínima, apenas 30 ou 40 exemplares distribuídos como agasallo, pretendeu dar a coñecer mostras da lírica da nova xeración. Impresa nun obradoiro de Ribadeo con follas de distintas cores, recolleu poesías de carácter tradicional de diferentes autores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
papelame.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación da papila óptica e da retina.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Desde moi novo exerceu a docencia musical en Lugo, onde entrou en contacto co folclore galego. As súas composicións entraron no repertorio de moitas corais galegas. Das súas obras destacan diversas composicións para canto e piano e as cancións “Malpocadiño...!”, con letra do poeta Alfonso de Vega e premiada en Lugo en 1949; “Desafío”, sobre textos de Xosé Trapero Pardo e galardoada no Certame Rexional de Santiago de Compostela de 1977; “Consello”, con letra de C. Sanmartín; e “O Merlo”, a nana “Do colo ao berce” e “Canta laberca!”, tamén baseadas en versos de Alfonso de Vega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político uruguaio fundado en 1836 por José Fructuoso Rivera. José Batlle y Ordóñez (1856-1929), ideólogo liberalista do partido, fomentou e organizou a participación do estado na economía. Gobernou en diversas ocasións e foi a gran oposición do Partido Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liana de ata 8 m de lonxitude, con cirros, de follas alternas lobuladas, de flores solitarias, olorosas, efémeras, moi vistosas, con cores púrpura, branca e azul, e de froitos en baga. É orixinaria de América ecuatorial.
-
-
Relativo ou pertencente ás pasifloráceas.
-
Planta da familia das pasifloráceas.
-
Familia de violais composta por plantas gabeadoras, herbáceas ou leñosas, capreoladas, de follas alternas, enteiras ou divididas, estipuladas, frecuentemente con nectarios; de flores regulares, hermafroditas ou unisexuais, xeralmente pentámeras, de xineceo súpero e dispostas en cimas paucifloras, e de froitos en cápsula loculicida ou en baga. Danse, sobre todo, nas rexións cálidas de América e de África.
-
-
GALICIA
Gaiteira. Deu os seus primeiros pasos artísticos na escola de gaitas da Deputación de Ourense, de onde pasou ao grupo de folk Mutenrohi, co que gravou os discos Has bailar! (1997) e Cousas da Lúa (1999). Xa en solitario, actuou en festivais de Francia, México e Alemaña, e colaborou con The Chieftains, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Tenerife. Da súa discografía destacan os traballos Tolemia (1999) e Xilento (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten poucas flores.
-
PERSOEIRO
Novelista e político. Foi ministro de Facenda (1850-1851) durante o goberno de J. J. de Herrera e participou no golpe de estado de 1857. Posteriormente foi deputado, cónsul en España e senador. Introduciu en México a novela folletinesca con El fistol del diablo (1845-1846). A súa obra presenta abundantes trazos costumistas. É autor de Compendio de la historia de México (1870) e Los bandidos de Río Frío (1889-1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido que se atropa no xeranio escarlata e na dalia de cor vermella alaranxada. É o 3,5-di-D-glucósido da pelargonidina, na que se converte con facilidade por hidrólise en ácido líquido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía dunha flor normalmente cigomorfa que se converte en actimorfa. É relativamente frecuente nas linarias.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado na confluencia do Guadalquivir e o Genil, onde se forma o pantano de Peñaflor (3.728 h [2001]). Os recursos económicos principais proveñen da agricultura, da gandaría, da elaboración de aceites e fariñas e da industria de materiais da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultora. Estudou na Escola de Artes Aplicadas da Coruña e ampliou estudos no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos (1979). Recibiu diversas bolsas para ampliar a súa formación en Italia e Minessota. Especializada en cerámica, posteriormente decantouse pola escultura en ferro con gran dominio da xeometría e da fusión de planos e polígonos. Da súa produción destaca Gardiáns, situada no Parque Escultórico da Torre de Hércules, e o Monumento a José Quiñones en Porto do Son. Recibiu o Premio Isaac Díaz Pardo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada un dos compostos orgánicos que teñen todos os seus átomos de hidróxeno substituídos por átomos de cloro.
-
-
Calquera sal do ácido perclórico. Os perclorados presentan carácter fortemente oxidante, e os dos metais alcalinos empréganse na fabricación de explosivos e en análise química.
-
Anión de fórmula CIO 4 -.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oxoácido mineral líquido, incoloro, higroscópico e termicamente inestable, que se estabiliza por dilución con auga. De forte carácter oxidante, acéndese ou estoupa cando está en contacto con materiais facilmente oxidables, especialmente en quente. Emprégase en medicina, en análise química, como catalizador ácido e para a fabricación de explosivos.