"Manuel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de instituto, centrou os seus estudos na lingüística, sobre todo na lexicografía, e na literatura. É autor da parte galega do Dicionario de las lenguas de España (1985) e O españolismo lingüístico (2004). É coautor, xunto con Rafael Chacón Calvar, do Cuaderno de o galego correcto (1993), do Cuaderno de o galego de uso (1993) e do Dicionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega (1992). Tamén publicou Historia de la literatura gallega (2002), editou Los manifiestos políticos en el siglo XIX (1808-1874) (1998) e traduciu e editou Viaje por España 1808, de Charles Richard Vaughan (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Realizou estudos sacerdotais nos seminarios de Sarria, Verín e Poio, diplomouse en estudos sindicais e en técnicas de investigación aplicadas á educación, licenciouse en Ciencias Políticas e doutorouse en Ciencias Sociais. Catedrático de Socioloxía e Economía da Educación da Universidad Pontificia de Salamanca, onde foi subdirector do Instituto de Estudios Europeos y Derechos Humanos, pertenceu ao consello editorial das revistas Estudios e Educadores. Fundou a colección Revista Estudios e colaborou no Dicionario de la Historia Eclesiástica de España. Publicou Mella y su pensamiento social (1972), Vázquez de Mella: sobre su vida y obra (1973), El pensamiento sociopolítico de Vázquez de Mella (1974), Cartas inéditas de Concepción Arenal (1984), Doctrina sindical Pontificia (1986) e Siguiendo a San Pedro Nolasco (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, escritor e político. En 1895 marchou coa súa nai, Xoaquina Castelao Genme, a Arxentina para reunirse co seu pai, Mariano Rodríguez Dios, propietario dunha polbeira e dun almacén de comercio en Santa Rosa de Toay (La Pampa), onde naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. En 1900 toda a familia, agás o pai que regresaría máis adiante, voltou a Galicia e instalouse en Rianxo. Entre 1901 e 1903 estudou por libre o bacharelato e preparou o seu ingreso na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a súa etapa universitaria participou en actuacións teatrais e en parladoiros, ao tempo que traballaba como practicante no Hospital Provincial e despois como alumno interno no Hospital Clínico. Realizou as súas primeiras pinturas e debuxos enmarcados no costumismo idealizante da Xeración do 98. Nos seus cadros de cegos empregou as tintas planas dun xeito modernista. En 1909 obtivo a licenciatura e marchou a Madrid para cursar o doutoramento. Colaborador da revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en El Anunciador, O Galiciano e La Unión Republicana, e dirixiu O Novo Galiciano. Dos seus escritos destaca “Fillos de Galicia que n-a autualidade cultivan n-o libro ou n-a prensa o dialeuto gallego, lixeira idea d’as suas obras”, publicado en Gaita Gallega (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias Químicas, traballou en Radio Pontevedra (1982), Faro de Vigo en Pontevedra (1984) e en Radio Noroeste (1984-1985), ata a súa incorporación á TVG. Na canle autonómica foi xefe de deportes (1990-1993), redactor xefe de informativos (1993-2000) e presentador e director de numerosos programas, como O Semanal, Reporteiros e Galicia Directo. Publicou o libro de relatos O Asasino Invisible (1998), o ensaio Roberto Blanco Torres. Xornalista e poeta (1999) e A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista chileno. Ocupou as secretarías de Guerra, Gobernación e Facenda (1811-1814) no goberno José M. Carrera Verdugo. Acadou o grao de tenente coronel, organizou unha eficaz guerrilla antirrealista en Colchagua e colaborou co xeneral José de San Martín na defensa de Santiago despois das desfeitas de Cancha Rayada (1818). Distinguiuse na Batalla de Maipú, pero Bernardo O’Higgins fixo que o detivesen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Formado en humanidades e filosofía, e vinculado ao colectivo galego en Catalunya, colaborou en diversos medios de comunicación de Galicia, Catalunya e Arxentina (Coordenadas, Dorna, Treboada ou Alborada) e foi cronista oficial do Centro Galego de Barcelona. Na súa poesía, de carácter socialrealista, reflicte a súa visión saudosa de Galicia, a frustración dos que cambiaron o mundo rural polo urbano e as malas condicións de vida na cidade. Da súa obra poética destacan Poemas populares galegos (1968), Saudade do bulleiro (1970), Soldada mínima (1979) e Onte e hoxe vivencial (1995), e da súa narrativa Reencontro coa aldea (1983), Galegos en Catalunya (1983 e 1985) e Volta a España a pé (1990). Desde 1995 o concello de Paradela convoca un certame literario co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Manuel Moldes, formou parte do grupo Atlántica. A súa pintura, que partiu dunha base expresionista (Electric man, 1977), desembocou na década de 1980 nunhas representacións en que predominaron a figuración abstracta (Aquenón, 1980; Presenzas de Afonso X, 1981), e un forte protagonismo da liña. Desta época destacan O abó-Gran Dida no sillón (1983), Oubea o lobo (1985), Vigo traballa (1986) e o mural O río da vida (1987), realizado para a sede da UNED en Pontevedra. Desde finais desta década e xa na de 1990 pasou a incluír diferentes materiais nas pinturas como madeiras ou ferros (A catedral, 1987; Gran construtor, 1991; Orixe e desenrolo da gran espiral no camiño que leva a unha estrela, 1992). Desde 1996 a abstracción foi totalmente predominante (Gran Mamma fundida no seu tempo, 1995-1996; Ensoñación Adán e Eva, 1996) e foi a serie Vieiros a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Destacou na revindicación da liturxia en galego. Escribiu Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica (1980), Nova concencia da Igrexa galega (1976) e as obras dramáticas Creón, Creón (1975), Ifixenia non quere morrer (1977) e Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Colaborou nas publicacións Archivo ibero-americano e El Eco Franciscano, da que foi director. Publicou La Santa Misa, Glorificación de la Santísima Trinidad (1943) e El Episcopado gallego a la luz de los documentos romanos (1946). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso marista. Fundou e dirixiu as revistas Radia Nacional e Mandos, así como o Seminario de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia. Publicou Breviario de la vida y la muerte (1930), La labor misionera de España en el mundo (1950) e Ribadavia, plataforma turística (1965). Deixou inéditas Dicionario religioso de urgencia e Hagiografía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e escritor. Inventou unha regra movible para a escritura de cegos e publicou Estudio clásico sobre el análisis de la lengua española (1895), Origen filológico del idioma gallego. Apuntes gramaticales sobre el romance gallego de la Crónica Troyana (1898) e as novelas A boda do grilo (1907) e O pantasma (1907), que se inseriron en El Eco de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Toureiro. Coñecido como Manolete, tomou a alternativa en Sevilla en 1939. Considerado pola afección e pola crítica como unha das maiores figuras do toureo en España, morreu na praza de Linares, despois dunha collida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e escritor. Relacionado desde a súa infancia co mundo rural, plasmou parte das súas vivencias nos seus traballos poéticos. Colaborador do Museo de Pontevedra, licenciouse en Medicina na Universidad de Madrid (1948-1954). Colaborou nas revistas Alborada, Vento do Leste e Galicia en Madrid. Da súa obra destacan os libros de poemas Relembranzas (1987) e Lonxe (1992), que se vertebran arredor dos temas do ruralismo e a emigración; as obras Raíces rurais (1996) e Chama acesa-noeliña (2000), novelas costumistas do medio rural galego; a novela de ciencia ficción La vida flor de las galaxias (1999), o libro de aforismos Celme e vida (2002) e o libro etnográfico Historia dunha aldea galega (2004). É membro do Real Círculo Artístico de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Vigo 28.12.1942) Empresario. Presidente e conselleiro delegado de Abada SA, Rodman Polyships SAU e da Fundación Rodman, foi membro do consello de administración de Pescanova SA, do Consorcio de la Zona Franca de Vigo e de Bonaval Multimedia SL. Membro da World Fishing Executive Committee, pertenceu á xunta directiva da Mutua Gallega e do Club Financiero de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e historiador. En 1678 foi nomeado procurador das provincias xesuítas das Indias. Escribiu El Marañón y el Amazonas (1684).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico e político. Foi alcalde de Lugo (1839), deputado durante tres lexislaturas (1839-1843) e membro da Real Academia Médico Farmecéutica de Galicia e Asturias. Traduciu a obra de Achille Richard Formulario portátil. Tercera edición con gran número de recetas nuevas [...] Traducida del francés con algunas adiciones por Manuel Anselmo Rodríguez (1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi predicador xeral, notario apostólico e cronista xeral da orde franciscana en Nueva España. Publicou Vida prodigiosa del Venerable Siervo de Dios el Beato Fr. Sebastián Aparicio, religioso lego de la Orden de San Francisco, natural del católico Reino de Galicia, en la antigua España (1831) e Relación jurídica de la libertad de la muerte intentada contra la persona del R. P. Fr. Andrés Picazo [...] (1769).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en A Nosa Terra, O Tío Marcos da Portela e Rexurdimento, e foi correspondente de El Pueblo Gallego. En 1936 exiliouse en Arxentina, onde foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador doutras publicacións e programas radiofónicos, ademais de escribir contos e poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Influído por E. Hemingway e W. Faulkner, escribiu os contos Hombres del Sur (1926) e El bonete maulino (1943), a novela Lanchas en la bahía (1932) e a triloxía composta por Hijo de ladrón (1951), Sombras contra el muro (1954) e Mejor que el vino (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO